1976

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Cristina Corral Soilán (Lugo).
Diego Ameixeiras Novelle (Lausanne).
Diego Giráldez García (O Porriño).
Eli Ríos Liste (Londres).
Manuel Gago (Palmeira, Ribeira).
María do Cebreiro Rábade Villar (Santiago de Compostela).
Miguel Anxo Martínez Oubiña (Vilanova de Arousa).
Xosé Antón Cascudo (Guitiriz).
Xosé Luis Álvarez Pérez (Mós).
Outros
O ilustrador e debuxante Antonio Seijas (Ares).
O compositor Ramón Souto Caride (Vigo).
O xornalista Arturo Lezcano González (Ferrol).






Skull.png
Pasamentos
Literatura
Gumersindo Sánchez Guisande (Buenos Aires; 1892 Santiago de Compostela).
Leandro Carré Alvarellos (A Coruña; ibídem 1888 ).
Ramón Otero Pedrayo (Trasalba; 1888 Ourense).“Morría o símbolo de Galicia de preguerra e acordouse amortallalo co hábito franciscano, envolto na bandeira galega, velalo no chan e enterralo no cemiterio ourensán. A misa, o 12 de abril, celebrouse simbolicamente na catedral da cidade oficiada polos catro bispos galegos que, por vez primeira, entoaron o ritual en galego. O doutor Agustín Sixto Seco foi quen de convencer os prelados, mesmo a Ánxel Temiño, para que preparasen as oracións e os textos na lingua que tanto defendera o escritor” (Patricia Arias Chachero “Os testamentos de Ramón Otero Pedrayo” “Grial” nº 218).
Outros
O avogado Modesto Rodríguez Figueiredo (Baio; 1923 O Porriño).
O arqueólogo e etnógrafo Xesús Taboada Chivite (Verín; 1907 Verín).
O pintor Imeldo Corral González (Ferrol; ibídem 1889).
Salustiano Portela Pazos (Santiago; 1877 Rebordelo).
O historiador Alfonso Vázquez Martínez (Arbo; ibídem 1906).
O fotógrafo José Veiga Roel (Betanzos; ibídem 1894).
O compositor Emilio Soto Fernández (Madrid; 1904 Lebosende, Ourense).
O músico Emilio Teijeira Coto (O Porriño; ibídem 1900).

Publicacións

Galegas

  • Nace en novembro co nº 0 o semanario Teima , “Revista galega de información xeral”, dirixida por Ánxel Vence Lois. É o primeiro semanario de información xeral que se edita en galego dende 1936. Está editado pola Sociedade Galega de Publicacións, presidida por Domingo García Sabell. O consello de redación estaba formado por Luís Álvarez Pousa, Xavier Navaza, Víctor Freixanes, Xosé Mª García Palmeiro, Manuel Rivas, Perfecto Conde, Guillermo Campos, Xosé Platero Paz, Alfonso Sánchez Izquierdo e Xulio Xiz. (Publicáronse 35 números; o último o 11 de agosto de 1977).
    Teima.jpg
  • No nº 4 da revista “Nordés” aparece un texto de Celso Emilio Ferreiro titulado “A poesía é verdade”: “Escribo preferentemente no noso idioma porque é a miña lingua natural, na que me sinto mellor instalado e na que me espreso con plenitú. Por outra banda é evidente que a nosa lingua está proscrita e comprimida por outra. Dende iste contexto, a miña poesía intenta contribuir á superbibencia da nosa etnia e da súa conciencia particularista. Ten, pois, unha función desalleante”.
  • Alfonso Pexegueiro : Seraogna (poesía; Xerais).
  • Arcadio López Casanova : Memoria dunha edá (poemas; Madrid); Mesteres (poemas; Valencia. “Grial” nº 59, páx. 116 e “Grial” nº 188) e As roitas da gamela (contos infantís).
  • Blanco Amor : Farsas y Autos para títeres (Edit. Cuadernos para el Diálogo, Madrid) e Aquella gente... (Edit. Seix Barral, Barcelona). As dúas son autotraducións.
  • Castelao (1886-1950): Kristalezco Beguía. Eskeleto baten oroimenak (Donostia. Kriselu. Traduc. ao éuscaro de Koldo Izaguirre Urreaga. Ver 1922); Cousas de nenos (61 debuxos. Edit. Castrelos) e 175 debuxos, con limiar de X. F. Filgueira Valverde (Caixa de Aforros de Santiago de Compostela).
  • Daniel Cortezón : A diáspora (teatro).
  • Eduardo Moreiras Collazo : Fogo solto (A Coruña).
  • Fernando Mon Rodríguez : O compromiso humán de Castelao a traveso do seu arte (A Coruña).
  • Francisco Fernández del Riego : Poesía galega: do dezanove aos continuadores.
  • Francisco Rodríguez Sánchez : Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza.
  • Francisco Sesto Novás : Por unha muller e Porta aberta.
  • Fiz Vergara Vilariño : Orfo de ti en terra adentro.
  • García-Sabell : Ensaios II
  • Juan José Moralejo Álvarez : A lingua galega hoxe (Galaxia).
  • Juán Noya Gil: Fuxidos. Memorias de un republicano gallego perseguido por el franquismo (Caracas; prólogo de C. Emilio Ferreiro. Versión en galego con prólogo de Xesús Alonso Montero; Xerais 1996).
  • Lois Diéguez : Galou Z-28 (Premio de Novela da Casa de Galicia de Bilbao en 1975).
  • Lois Fernández Marcos : Homes do espacio.
  • Luz Pozo Garza : Últimas palabras / Verbas derradeiras (Poemas. Bilingüe. Limiar de Tomás Barros e ilustracións de Luís Seoane. Edicións Nordés. A Coruña. “Grial” nº 56, páx. 251).
  • Manuel María : Cantos rodados pra alleados e colonizados. O Gobernador de Lugo suspende unha conferencia que ía impartir en Sarria (6 de febreiro) co título de “A emigración en Galicia”.
  • Manuel Suárez Sampedro: Cen poesías pra cen portos de Galicia.
  • María do Carme Kruckenberg : A sombra ergueita (Edicións Castrelos).
  • Méndez Ferrín : Con pólvora e magnolias (Premio da Crítica 1977) e Antón e os inocentes.
  • Miguel Anxo Mato Fondo : A mazá e a cinza (a poesía galega após 1976).
  • Miguel González Garcés : Poesía gallega de posguerra. Antología bilingüe (Ediciós do Castro. “Grial” nº 55, páx. 125).
  • Miguel López Torre (1893-1958): Do tear esquecido (Prologado por José María Pérez Parallé).
  • Neira Vilas : A marela Taravela (Edit. Celta).
  • Paco Martín : No cadeixo (Galaxia).
  • Ramón de Valenzuela : Historia do galeguismo político.
  • Ricardo Palmás Casal : Castelao: prosa do exilio (Padroado da Cultura Galega. Montevideo).
  • Silvio Santiago García (1903-1974): O silencio redimido (Premio da Crítica 1977. Galaxia. “Grial” nº 58, páx. 499 e “Grial” nº 112).
  • Víctor Freixanes : Unha ducia de galegos (Galaxia).
  • Xoán Bernárdez Vilar : Un home de Vilameán: anatomía dunha revolución (Premio Alfredo Somoza do Patronato da Cultura Galega de Montevideo 1975. “Grial” nº 80, páx. 253).
  • Xoán Xosé Fernández Abella : Poemas galegos. Inquietudes, hallazgos y otros poemas (bilingüe. Ilustrado por Carlos García Mourón).
  • Xosé Fariña Jamardo : A persoalidade da parroquia galega (Sept. Vigo. “Grial” nº 56, páx. 248).
  • Xosé Isorna Ferreirós: Ramón Otero Pedrayo, gloria dunha cultura (Ourense), A vellez no home galego (Barcelona) e Otero Pedrayo, home relixioso (Barcelona).
  • Xosé Luís Laredo Verdejo : Os nosos devanceiros (breve historia de Galicia).
  • Xosé Manuel Martínez Oca : Os algareiros (teatro).
  • Xosé Manuel Rodríguez Pampín : Nova concencia da Igrexa galega (Prólogo de monseñor Araújo Iglesias. Santiago. Edit. Sept. Vigo. “Grial” nº 53, páx. 397).
  • Xosé María Álvarez Blázquez : Canle segredo (gañador en 1954 do Premio Pondal do Centro Gallego de Buenos Aires. Colección Pico Sagro de Edicións Castrelos. Vigo).
  • Xosé María Chao Ledo (1844-1894): Poemas galegos (3 composicións de tipo costumista, 2 vilancicos e 3 composicións líricas).
  • Xosé María Costa Gómez : Cas redes cheas.
  • Xosé María García Rodríguez : Poema da morte do guerrilleiro e do vello das grandes guedellas.
  • Xosé María Monterroso Devesa-Juega “Andrés Terra”: Berro: letras pra cantigas (Montevideo).
  • Xosé Sesto López : Refraneiro galego da muller (Editorial Castrelos; no que recolle preto de 1500 refráns clasificados tematicamente).
  • Xulio González Lorenzo: O conto de nunca acabar (teatro).
  • O “Grupo Rompente” edita as “Follas de resistencia poética”, follas voandeiras ciclostiladas con textos anónimos ou asinados por pseudónimos. (1976-1977).

Relativas a Galicia

  • “Los suplementos” nº 70 da revista “Cuadernos para el diálogo” titúlase “Lengua, cultura e periodismo en Galicia (1876-1936), traballo do xornalista Gustavo Luca de Tena.
  • En marzo ve a luz “Eixo” subtitulada “Revista de la Caja de Ahorros Monte de Piedad de Santiago” e que está totalmente en castelán.
  • En outubro aparece en Sada “Sada”, co subtítulo de “Sociedad Recreativa Cultural y Deportiva. Boletín informativo”, estando dirixido por José Pérez Fernández.
  • Aparece a revista “Galicia Socialista” (“Voceiro do Partido Socialista Galego”).
  • Comeza a publicarse en Santiago a revista “Braña”.
  • Aparece en Madrid o libro colectivo Los gallegos, coordinado por Gustavo Fabra.
  • Editrici Adriatica de Bari publica: Fernand’ Esqyo, la poesie; edizione, crítica, introduzione, note e glossario a cura di Fernanda Toriello. “Grial” nº 57, páx. 375).
  • Ediciós do Castro publica La Romanización de Galicia (Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos nº 16. “Grial” nº 55, páx. 123).
  • Álvaro Cunqueiro: Tertulia de boticas prodigiosas. En outubro viaxa a Sicilia ao Congreso da Federación Internacional de Prensa Gastronómica.
  • Antonio de Olano: Pecar en Madrid.
  • Ánxeles Penas García: Con los pies en la frontera (A Coruña).
  • Baldomero Cores: Sociología política de Galicia (A Coruña) e El Estatuto de Galicia: actas y documentos (A Coruña).
  • Benito Varela Jácome: El cuento hispanoamericano contemporáneo. Antología. Tarragona, Ediciones Tárraco.
  • Carmen Gloria González Prado: Tránsito de Alas (Buenos Aires).
  • Carlos Villalba Freire: Cancionero de Galicia.
  • Casimiro Torres Rodríguez: Egeria, monxa galega (Buenos Aires).
    Egeria.jpg
  • Constantino García: “Interferencias lingüísticas entre gallego y castellano “ (Revista de la Sociedad Española de Lingüística).
  • Eduardo González Ananín: Subida al mar.
  • Enrique Chao Espina: As lembranzas de Don Inda (Braga).
  • Felipe Martínez Marzoa traduce ao galego Antígona de Sófocles (Vigo).
  • Fernando González Laxe: Problema da pesca costeira galega (Vigo).
  • Francisco Rodríguez Enríquez: La lengua gallega (Primitiva lengua visigóthica). Su origen y evolución (Buenos Aires).
  • José de Cora Paradela: Panfletos y prensa antifranquista clandestina.
  • José Landeira Yrago: Federico García Lorca de A a Z (Río de Janeiro).
  • José Luis Pensado Tomé: Contribución a la crítica de la lexicografía gallega. Tomo I: El Diccionario Gallego-Castellano de F. J. Rodríguez y su repercusión en la lexicografía gallega (Salamanca).
  • José Ramón Barreiro Fernández: El carlismo gallego (Edicións Pico Sacro. Santiago). No 2008 faise unha segunda edición ampliada, en galego.
  • Lois Vázquez Fernández: Memorial de la vida (Madrid).
  • Luis Alfonso Blanco Vila: Madrid al paso.
  • Luis Cortés Vázquez: Leyendas de cuentos y romances de Sanabria, textos leoneses y gallegos (Edición do autor. Salamanca. “Grial” nº 62, páx. 498).
  • María Xosé Rodríguez Galdo: Señores y campesinos en Galicia, siglos XIV-XVI (Ed. Pico Sacro. Santiago de Compostela. “Grial” nº 58, páx. 506).
  • Mariano Tudela: La madrugada de las mercenarias (Barcelona).
  • Marina Mayoral: Rosalía de Castro y sus sombras (Madrid).
  • Nicanor Rielo Carballo: Literatura popular. Escolma de Carballedo (Vigo).
  • Otero Pedrayo (1888-1976): Galicia, una cultura de Occidente (León).
  • Pilar Vázquez Cuesta: La poesía portuguesa actual (Madrid).
  • Rafael Squirru: Seoane: estudio crítico-biográfico (Ediciones Dead Weight. Buenos Aires. “Grial” nº 55, páx. 122).
  • Rosario Miralbés, J. Manuel Casas Torres e Mª Pilar de Torres Luna: Galicia. Mapa e índices de localización geográfica de sus parroquias (Santiago).
  • Xosé Chao Rego: La iglesia en el franquismo (Madrid).
  • Xosé Ramón Barreiro Fernández: El Carlismo gallego.
  • Xulio Xosé Pardellas de Blas: Consecuencias económicas biolóxicas e hixiénicas do desastre do petroleiro Urquiola (A Coruña).

Acontecementos

  • Primeiras Xornadas do Ensino (Maceda, Ourense).
  • Ramón Martínez López entra na Real Academia Galega co discurso: “Contribucións norteamericanas ao estudo da cultura medieval galega”.
  • Llorenç Soler: Gitanos sin romancero, un documental sobre o asentamento xitano no Vao (Campañó, Pontevedra) e I Seminario de arquitectura en Compostela.
  • Lois Pereiro marcha de novo a Madrid.
  • Florencio Delgado Gurriarán viaxa por segunda vez a Galicia.
  • Ao falecer Valentín Fernández, director da revista “Galicia” do Centro Galego de Buenos Aires, ocupa o cargo Juan Manuel Pérez.
  • Celébrase en Tarragona un coloquio internacional sobre bilingüismo no que intervén o Dr. García Sabell co tema “Lengua, cultura e bilingüismo”.
  • Créase a Sociedade Galega de Historia Natural.
  • Fuxan os Ventos edita o álbume “Fuxan os Ventos”.
    Incendio urquiola.jpg
  • Amancio Prada: “Caravel de caraveles” (disco dedicado a Carmen Martín Gaite).
  • Fúndase ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), sendo o presidente Domingo Quiroga.
  • Créase o “Partido Gallego Independiente”, presidido por José Luis Meilán Gil.
  • O 12 de maio, o petroleiro Urquiola, con 10.000 Tm de petróleo, provoca unha marea negra á entrada da Coruña. No accidente morre o capitán. As consecuencias económicas para as rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol foron desastrosas.
  • Comezan as obras da autoestrada do Atlántico.
  • Deteñen en Galicia a 22 membros do GRAPO.
  • Comezan as mobilizacións dos campesiños das Encrobas contra as expropiacións, apoiados polo seu crego Moncho Valcarce.
  • O 17 de febreiro, Xosé Manuel Beiras dá unha conferencia en Benposta titulada “Pensando sobor de Galicia” denominación que agochaba as iniciais do Partido Socialista Galego, organización aínda clandestina.
  • Estréase Camiñar a cegas de Ramón Blanco Rey (Editada no 1990 nos Cadernos da Escola Dramática Galega).

Premios

  • Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia: Laudamuco señor de ningures de Roberto Vidal Bolaño. Mención para Os algareiros de Xosé Manuel Martínez Oca.
  • Primeira edición dos Premios da Crítica de poesía e de narrativa galegas, concedidos pola “Asociación Española de Críticos Literarios” onde se valora o que se considera o mellor poemario e a mellor obra en prosa escrita en galego e publicada o ano anterior:

- Premio da Crítica de poesía para Celso Emilio Ferreiro por Onde o mundo se chama Celanova.

- Premio da Crítica de narrativa galega: Carlos Casares por Xoguetes pra un tempo prohibido.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Eduardo Blanco Amor escribe a Neira Vilas (15 de febreiro): “(…) Agora respiro un pouco mellor. Soio por poder escribir un pouco o que me pete, no tarreo privado e no literario, sexan benvidos os cartos do premio Barrié de la Maza que, coa elegancia da súa espontaneidade, ampara a miña vellez trocando os kilovatios-hora dos nosos ríos, en horas de lecer para facer incruso versos, si me ven por eí o antoxo” (Neste ano a Fundación Barrié concédelle unha bolsa vitalicia de 250. 000 pesetas anuais).(Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia).

O 11 de marzo Otero Pedrayo escribe a Abelardo Moralejo: “Mi querido y recordado amigo: Muchas gracias. En mi constante estado de tristeza desde la pérdida de mi pobre esposa sólo me animan y confortan las pruebas de recuerdo de los buenos amigos. De ellos Vdes. de los primeros y de los más presentes en mi espíritu, unidos a los pasados y hermosos años de docencia universitaria (…)”.

En carta a Ramón Piñeiro, escribe Rodolfo Prada (24 de xaneiro):“…Merecementos do Partido Galeguista, como vostede ben sabe, son:


- O ter sido os seus diputados (Castelao, Otero Pedrayo e Suárez Picallo) os que máis alta votación obtiveron; e os primeiros que no Parlamento ergueron as súas voces a prol dos dereitos esenciais de Galicia: Autonomía e fala.

- O ter sido guieiro na campaña do Estatuto Galego e do Plebiscito…

- A gloria dos seus mártires, como Alexandre Bóveda, Ánxel Casal, Víctor Casas e tantos outros…

En resposta do 3 de febreiro, dille Ramón Piñeiro: “E esa foi a nosa longa e dura batalla política: preparar unha conciencia galeguista capaz de actuar con eficacia política no futuro. No pasado, o galeguismo era un partido entre tódolos que actuaban en Galicia; no futuro, será un imperativo de tódolos partidos galegos. A maioría de edade política de Galicia consiste mesmamente en que deixe de existir un partido galeguista para que sexan galeguistas tódolos partidos…”.

O 12 de febreiro respóstalle Rodolfo Prada: “… non tendo vostedes aí outro plan que o de non pertencer a ningún partido nin grupo, nós aquí teriamos que nos cruzar de brazos e ollar os touros dende a barreira…”.


O 6 de maio contesta Ramón Piñeiro:“… vívese unha pugna entre tres tendencias: a do inmobilismo franquista, con forza nos instrumentos de Poder; a do aperturismo monárquico, con forza nos medios conservadores do país e con apoio diplomático; a da oposición democrática, con apoio potencial na opinión e con apoio político exterior. En realidade, tal como están as cousas, o árbitro é o Exército e semella que escolle o camiño de apoio ao aperturismo monárquico…”(“Grial” nº 111).

Con data de 26 de xullo, Lorenzo Varela escríbelle a Luís Seoane e á súa muller Maruxa: “Pero te va a dar mucha rabia, en cambio, un gran hallazgo mío: para acabar con el problema de la capitalidad galaica: hay una gran solución: París. Y todos contentos. Frente a París supongo que nadie se puede sentir minusválido, por muy coruñés o muy santiagués que sea. Ya sé que Seoane al principio estará en contra, pero cuando oiga hablar de San Xermán e de Nosa Señora, e das Leiras Elíseas, etc., se dará cuenta que un fantasma celta está recorriendo el mundo (…) y hasta hará un mural para poner a la entrada do Outeirodoparnaso. Si es posible tan espléndido como el que se ve a la entrada de la fábrica de El Castro. Fuera broma: espero poder algún día escribir, con la misma claridad que lo percibí, como una revelación, sobre la galleguidad de París”.

No 1871 Ramalho Ortigão e Eça de Queirós inician a publicación en fascículos semanais de As Farpas que continuarían sendo editadas e redactadas por Ramallo regularmente atá 1882. Con data de 8-8-1976, Luís Seoane escribe a Lorenzo Varela: “Yo leo a un portugués de fin de siglo, gran compañero y amigo de Eça de Queirós, Ramalho Ortigão , de quien tengo los XIV tomos de As farpas, de espléndida prosa, de humor gallego (…) Es un consuelo leer en estos días a escritores como Ramalho Ortigão y saber que siempre le queda a uno el arma de la ironía para defenderse de quien abusa de su poder físico o del poder en general”.

Dende Buenos Aires, ( 4 de novembro), Luís Seoane escribe a Ricard Salvat en Barcelona [...] Incluí los figurines de la obra de Castelao porque, entre las cosas que pienso hacer en La Coruña, está la de hacer un folleto con tu intento de poner Os vellos non deben de namorarse y Castelao e a súa época en la Universidad de Coimbra con las fotos que tú tengas y las reproducciones de figurines y bocetos de decorados, carte, etc. [...] Desde luego deseo hacer una exposición en tu ciudad y me gustaría que la Sala Gaudí me reservase una fecha en octubre o noviembre, si puede ser, del año próximo, ya que tengo que volver a Buenos Aires a principios de diciembre del 77. Naturalmente, por las dificultades de traslado de obras de arte no puede ser retrospectiva o antológica, pero será una exposición que supongo no desprestigiará la galería. Quizás para esa fecha pueda presentar una nueva monografía que está pensando hacer Domingo García Sabell. [...] (Consello da Cultura Galega. Fondos documentais).

Sumarios


GRIAL Nº 51

Xosé Martiño Montero Santalla: Unificación ortográfica galego-portuguesa. Francisco Ramil: Sobre o conto de animáis de Galicia. Carlos-Peregrín Otero: Vargas Llosa: Teoría y praxis. Mª Luz Casal Silva: O “Conto gallego” de Rosalía. Arcadio López-Casanova: As roitas da gamela. Michel Butor: Conversa arredor dunhas pinturas de Alessandro Magnasco (Trad. Salvador Lorenzana). B. N. Teensma: Hai festa en Chantada. Xesús González Gómez: Paul Eluard. Domingo García - Sabell: Páxinas do Xornal. Joseph M. Piel: Nótulas de Onomástica trovadoresca. Luís de Zulueta: El poeta de Galicia. Ante el centenario de Cabanillas. Álvaro Cunqueiro: Manuel Colmeiro. Francisco Fernández Rei: Consideracións encol de “El verbo gallego”, de Antonio Santamarina. Antonio Costa Gómez: O misticismo sensual. Carlos Durán: Devolución de poderes a Escocia e Gales. Xoana María Fernández Reiriz: A festa de San Xoán nalgúns autores galegos. Luís de Alba: O itinerario dos peregríns a Compostela. Paulo Ronai: Unha correspondencia singular (entre Guimarães Rosa e Edoardo Bizzarri).

GRIAL Nº 52

HOMENAXE A OTERO PEDRAYO

Salvador García-Bodaño: Pranto dende a fiestra da tua morte. Domingo García-Sabell: Don Ramón, tal e cómo foi. Salvador Lorenzana: A andadura espiritual dun escritor. Carlos Baliñas: Os estilos de don Ramón. Carlos Casares: Otero Pedrayo e o Cenáculo ourensán. Andrés Torres Queiruga: Otero Pedrayo: Unha chamada ao compromiso integral con Galicia. Escolma: Lembranzas do meu vivir. Poemas inéditos. Vintecatro cartas. Álvaro Cunqueiro: Zacharías Werner. Xulio Francisco Ogando Vázquez: Don Ramón, vencello de unidade. Xosé Devesa: Canto ao mestre morto. Luís Mariño: Joyce e don Ramón. X. A. Fernández Roca: Algunhas anotacións pra un estudo crítico de “Arredor de sí”.


GRIAL Nº 53

Joan Coromines: Sobre a unificación ortográfica galego-portuguesa. Emilio González López: A monarquía suevo-galaica e a súa organización eclesiástica: parroquias e mosteiros. Salvador Lorenzana: Polos vieiros proustianos. Xosé Fariña Jamardo: O habitat galego. Castelao: Álbum de autocaricaturas e Unha evocación de Castelao: ¡Meu Pontevedra! . Xavier Alcalá: Evaristo o do cine. Xoán Ramón Vidal e Xavier Alcalá: O mouriscón. Xoán Xulio Alfaia: Poemas. Vicente Risco: O idioma galego na nosa vida e na nosa cultura. Fausto Dopico: Juan Francisco Castro: un ilustrado galego entre a reforma e a superación da sociedade feudal. Carlos Durán: Sobre a ortografía galega: unha iniciativa. Xan Verdini Deus: Análise temático do libro V de “Follas Novas”, de Rosalía de Castro. Manuel González González: Notas encol da publicación de “O léxico de O Grove”. Álvaro Labrada: Ossián en Wetzlar e Carlota en Weimar. Xoán X. Santamaría Conde: Algunhas reflexións encol da economía galega. Lembranza dunha semana cultural galega no Porto (do 30 de marzo ao 6 de abril de 1935).

GRIAL Nº 54

Homenaxe a Cabanillas (no centenario do seu nacimento). Ramón Otero Pedrayo: Evocación de Ramón Cabanillas. Salvador Lorenzana: Home do seu país e poeta do seu tempo. Arcadio López-Casanova: Estructuras internas na poesía de Cabanillas. Xerardo Muñoz Sánchez-Brunete: Os temas ossiánicos na poesía de Ramón Cabanillas. Mª Mercedes Fernández Dans: Os persoaxes de “O Cabaleiro do Santo Grial” e os das aventuras de Galaad na “Queste” francesa. Ramón Villares Paz. No cincuentenario da lei de redención de foros (1926-1976). Aproximación ao problema. Domingo García Sabell: Retrato de Saul Bellow. Ramón Cabanillas: Notas inéditas e Tres cartas autobiográficas. Aquilino Iglesia Alvariño: Na coronación de Ramón Cabanillas. Fermín Bouza-Brey: O mensaxe de Ramón Cabanillas. Joseph M. Piel: Ausónio, Fr. Martín Sarmiento e o peixe “reo”. Luís Mariño: Unha ollada sobor do erotismo: Nota encol da significación do libro de García-Sabell. Álvaro Cunqueiro: Ramón Cabanillas de Cambados.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Saul Bellow

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen





Morren:

  • Manuel de Lima (Lisboa; íbidem 1918).
  • Marcelo da Veiga (1892 São Tomé).
  • Vasco Miranda pseudónimo de Arnaldo Cardoso Ferreira (1922 Junça, Almeida).




Pilar Vázquez Cuesta: Poesía portuguesa actual (antoloxía bilingüe. Editora Nacional).


Adélia Prado (Brasil): Bagagem (poesía).


Agustina Bessa Luís: Crónica do Cruzado Osb.


Álvaro Guerra: Do general ao cabo mais ocidental.


António Júlio Valarinho: A grande marcha (teatro).


António Manuel Pires Cabral: Solo arável.


António Modesto Navarro: Retornar e Vida ou morte no distrito de Viseu.


António Torrado: Dos simples e das casas interiores.


Arlindo Barbeitos (Angola): Angola, angolê angolema.


Armando da Silva Carvalho: Antologia poética e O uso e o abuso.


Carlos Coutinho: No pais da alegria (teatro).


Carlos Reis: Técnicas de análise textual.


Casimiro de Brito: Corpo sitiado.


Cristóvão de Aguiar: Alguns dados sobre a emigração açoriana.


Darcy Ribeiro (Brasil): Maíra (prosa).


David Mourão-Ferreira: Sobre Viventes (poesia).


Dórdio Guimarães: Paicina.


Ernesto Manoel de Melo e Castro: Dialéctica das vanguardas (ensaio).


Eugénio de Andrade: Limiar dos Pássaros (poesia).


Eugénio Lisboa: José Régio: a obre e o homem.


Fernando Luso Soares: A novela dedutiva em Fernando Pessoa.


Ferreira Gullar (Brasil): Poema sujo.


Fiama Hasse: O retratado e Homenagem à literatura.


Filomena Cabral: Sol intermitente (poesía).


Gabriel Mariano (Cabo Verde): Vida e morte de João Cabafume.


Haroldo de Campos (Brasil): Xadrez de estrelas.


Helder Moura Pereira: Cartucho.


Henrique Guerra (Angola): Quando me acontece poesia.


Isabel da Nóbrega: Quadratim.


J. H. Santos Barros: As crónicas'.


Jacinto do Prado Coelho: Ao Contrário de Penélope.


Jaime Gralheiro: Arraia miúda.


Jaime Salazar Sampaio: Os preços (teatro).


João Medina: A orelha de Van Gogh: Cena dramática.


João Miguel Fernandes Jorge: Meridional.


Joaquim Manuel Magalhães: Dos enigmas.


Joel Serrão: Testemunho sobre a emigração portuguesa.


Jorge Amado (Brasil): O gato Malhado e a andorinha Sinhá (Ilustracións de Carybé).


Jorge de Sena: Os Grãos-Capitães (conto).


José Agostinho Baptista: Deste lado onde.


José Gomes Ferreira: O sabor das trevas.


José Marinho: Verdade, Condição e Destino no Pensamento Português Contemporâneo.


José Martins Garcia: Cultura, política, informação.


José Saramago: Manual de Pintura e Caligrafia (romance).


José Viale Moutinho: Cabeça de Porco (narrativa).


Luís de Miranda Rocha: As mãos no ar (poesía) e O ágil cão (poesía).


Luís Veiga Leitão: Livro de andar e ver.


Manuel Alberto Valente: Os olhos de passagem.


Manuel Alegre: Coisa Amar (Coisas do Mar) (poesía).


Manuel Ferreira: No reino de caliban. Panorama da poesia africana de expressão portuguessa II Angola e S. Tomé e Príncipe.


Maria da Graça Freire: O amante.


Maria Lúcia Lepecki: Autran Dourado: uma leitura mítica.


Maria Velho da Costa: Cravo (crónica).


Mário Ventura: Morrer em Portugal.


Miguel Torga: Fogo Preso.


Natália Correia: Epístola aos Lamitas.


Natália Nunes: Confrarias, irmandades, mordomias.


Orlando Vitorino: Refutação da Filosofia triunfante.


Osman Lins (Brasil): A rainha dos cárceres de Grécia.


Pedro Barbosa: O guardador de retretes.


Prista Monteiro: O candidato.


Romeu Correia: Um passo em frente.


Ruy Belo: Toda a terra.


Ruy Duarte de Carvalho (Angola): A decisão da idade.


Vasco Graça Moura: O mês de Dezembro e outros poemas.


Vergílio Ferreira: Contos.


Virgílio Martinho: O concerto das buzinas.


Vitorino Nemésio: Sapateia Açoriana (poesia).


Yolanda Morazzo (São Vicente, Cabo Verde): Cantico de ferro:Poesia de intervenção.


Yvette K. Centeno: A simbologia alquímica no conto da serpente verde de Goethe.







Cataluña


Nacen:


Morren:

  • Clementina Arderiu (Barcelona; ibídem 1889).


PREMI VÍCTOR CATALÀ: Antoni Mus por Vida i miracles de n’ Aineta dels matalassos.


PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES: Pau Vila i Dinarés.


PREMI JOSEP PLA: Carles Reig: Contraataquen.

Nace o diario “Avui”, primeiro en catalán despois da guerra civil.

Agustí Bartra: Rapsòdie d‘Ahab.


Albert Manent: La literatura catalana a l’exili.


Damià Huguet: Carn de Vas (poesía).


Feliu Formosa i Torres: Cançoner (poesía).


Francesc Parcerisas: Dues suites (poesía).


Gabriel Janer Manila: El rei Gaspar.


Gaspar Jaén i Urban: Cadells de la fosca trencada (poesía).


Giuseppe Tavani: Foix, Pere Quart, Espriu: tres maneres de fer poesia.


Jaume Pont: Límit(s) (poesía).


Joan Brossa: Quiriquibú (teatre) e Maneres.


Joan Perucho: Monstruari fantàstic (Traducida ao galego por Xavier Rodríguez Baixeras no 1998 para Galaxia).


Joan Sales: Cartes a Màrius Torres.


Jordi Teixidor: Dispara, Flanagan (teatro).


Josep Maria Benet i Jornet: Revolta de bruixes (teatre).


Josep Maria Castellet: Literatura, ideología y política.


Josep Maria Llompart : Quinze poetes gallecs (Editorial Moll. Mallorca. Limiar de Basilio Losada). Leva esta significativa dedicatoria: "A la memòria del meu para, amb qui vaig estimar Galicia". O 30 de outubro escribe Basilio Losada a Ramón Piñeiro: “Realmente é increible o axuste perfeitísimo ao testo orixinal. O Llompart é un dos mellores poetas catalás de hoxe, conoce moi ben o galego, ten sensibilidade e traballou minuciosamente (…) Os dialectalismos de Llompart –mallorquín- acáenlle moi ben á versión. Trátase dunha escolma libre. Escolleu os poemas que a el máis lle gostan, sin pretender establecer características de escolas nin artellar xogos de influxos ou contrareacciós”.


Josep Palau i Fabre: Quaderns de l’alquimista (ensaio).


Luis Romero: El final de la guerra (castelán).


Lluís Urpinell: Exili forçós al Walhalla (Premi de Poesia Salvat Papasseit).


Manuel de Pedrolo: Procés de contradicció suficient (novela).



Maria-Mercè Marçal: Cau de llunes (poesía).


Miquel Martí Pol: El llarg viatge (poesía); Cinc esgrafiats a la mateixa paret (poesía) e Quadern de vacances.


Montserrat Roig: El temps de les cireres.


Narcís Comadira: Desdesig (poesía) e Les ciutats (poesía).


Pau Faner i Coll: El camp de les tulipes e Un regne per a mi.


Quim Monzó: L´udol del griso al caire de les clavegueres (narrativa).


Ramon Gomis: Llumí d’or (teatro).


Terenci Moix: La caiguda de l’imperi sodomita i altres històries herètiques.


Teresa Pàmies: Amor clandestí.


Víctor Sunyol: Histèria de morts (poesía).


Xavier Pericay: La terminal del goig.

Flag of Spain

Nacen:

  • Use Lahoz (Barcelona).





Morren:



PREMIO CERVANTES: Jorge Guillén (España).


PREMIO NACIONAL DE ENSAIO MANUEL ALVAR Aragón, literatura y ser histórico.


Alfonso Grosso: La buena muerte.

Antonio Buero Vallejo: La doble historia del doctor Valmy.


Antonio Pereira: El ingeniero Balboa y otras historias civiles.


Carlos Oroza: Elenkar.


Carlos Sahagún: En la noche.


Dionisio Ridruejo (1912-1975): Casi unas memorias.


Fernando Quiñones: Las crónicas del 40.


Francisco Umbral: Las ninfas.


José María Merino: Novela de Andrés Choz.


José María Valverde: Ser de palabra y otros poemas.


José Ruibal: Controles (teatro).


Juan Benet: Qué fue la guerra civil.


Luis Antonio de Villena: Viaje a Bizancio.


Luis Goytisolo: Los verdes de mayo hasta el mar.


Luis Riaza: Retrato de dama con perrito (teatro).


Pedro Laín Entralgo: Descargo de conciencia (1930-1960) Barral Editores.


Rafael Santos Torroella: Sueños (poesía).


Rosa Chacel: Barrio de Maravillas.


Torrente Ballester: Fragmentos de Apocalipsis.








Máis culturas:


Nacen:

  • Phil LaMarche (New Hampshire).

Morren:.

  • Clara Silva (Montevideo; ibídem 1905).
  • Francisco Urondo (Mendoza; 1930 Santa Fe).
  • Haroldo Conti (Secuestrado e desaparecido na Argentina; 1925 Chacabuco).
  • José Lezama Lima (1910 Cuba).
  • José Revueltas (1914 México).


  • Agatha Christie (Wallingford; 1890 Torquay).
  • André Malraux (Créteil; 1901 París).
  • Mao Zedong (1893).
  • Patrick Dennis (Edward Everett Tanner) (New York; 1921 Illinois).
  • Raymond Queneau (París; 1903 Le Habre).




Bernardo Atxaga: Ziutateaz (Da cidade).



Alejo Carpentier: El recurso del método.


Amanda Berenguer: Composición de lugar.


Arturo Fontaine: Nueva York (poesía).


Arturo Uslar Pietri: Oficio de difuntos.


Borges: La moneda de hierro.


Cabrera Infante: Ejercicios de esti(l)o.


Cristina Peri Rossi: Diáspora.


Ernesto Cardenal: La santidad de la revolución.


Jorge Díaz: Mata a tu prójimo como a ti mismo (teatro).


Jorge Enrique Adoum: Entre Marx y una mujer desnuda.


José Emilio Pacheco: Islas a la deriva (lírica).


Juan José Arreola: Inventario.


Marco Antonio Flores “El Bolo”: Los compañeros.


María Rosa Lida (1910-1962): El cuento popular y otros ensayos.



Alain Robbe-Grillet: Topologie d’une cité fantôme.


André Malraux: La corde et les souris.


Bob Holman: Bicentennial Suicide: a novel to be performed.


Cormac McCarthy: The Gardener’s Son.


Danilo Kis: Unha tumba para Boris Davídovich.(Traducido do serbio por Jairo Dorado Cadilla para Rinoceronte).


Derek Walcott: Uvas do mar.


Jean Giraud “Moebius” comeza a publicar Le garage hermétique.


Julien Gracq: Les eaux étroites.


Ken Follet: The Modigliani Scandal.


Lars Gustafsson: Sexismundo.


Martin Walser: Máis alá do amor (narrativa).


Raymond Carver: Will you please be quiet, please?.


Richard Ford: A Piece of May Heart.


Richard Price: Bloodbrothers.


Ryszard Kapuscinski: Un día máis con vida.


Tom Sharpe: Wilt.


William Trevor: The children of Dynmouth.



Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Eric Rohmer: A marquesa de O.

- Bertolucci: Novecento.

- Alain Tanner: Jonas qui aura 25 ans en l'an 2000.

  • José Afonso grava o disco “Com as minhas tamanquinhas”.
  • Comezan a publicarse os diarios “El País” e “Avui”.
  • O 26 de febreiro España abandona o Sahara. A Fronte Polisaria proclama a República Árabe Saharaui Democrática.
  • Nove membros da UMD condenados a diversas penas e expulsados do corpo, acusados de sedición (9 de marzo).
  • Adolfo Suárez nomeado presidente do goberno trala dimisión de Arias Navarro (3 de xullo).
  • O 4 de agosto o Goberno decreta unha amnistía política.
  • Fúndase Alianza Popular, elixindo a Manuel Fraga como presidente.
  • O presidente de goberno Adolfo Suárez, somete a referendo a Lei de Reforma Política que sae aprobada (15 de decembro).
  • Folga xeral en Vitoria con tres mortos.
  • Enfrontamentos en Montejurra entre as dúas ramas do carlismo.
  • Os militares arxentinos implantan unha feroz ditadura tras derrocar Jorge Videla a Isabel Perón.
  • Comezan en Sudáfrica as loitas contra o “ apartheid”.
  • Trunfo socialista de Mario Soares en Portugal.
  • Un escape de gas tóxico envenena a localidade italiana de Seveso.
  • O Viking II entra en órbita ao redor de Marte.
  • Primeiro voo do Concorde .
  • A sonda soviética Lua 24 pousa na superficie lunar.
  • Morren:

- Mao Zedong.

- O director de cine Luchino Visconti (Roma; 1906 Milán).

- O director de cine Fritz Lang (Los Ángeles; 1890 Viena).

- Man Ray (pintor e fotógrafo. París; 1890 Filadelfia).

- O escultor Alexander Calder (New York; 1898 Filadelfia).

- O fotógrafo Paul Strand (Orgeval, Francia; 1890 New York).