1942

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Ánxel Vázquez de la Cruz (Tui).
Arcadio López Casanova (Lugo; 2022 Valencia).
Dolores González Lorenzo “María Gándara” (Celanova).
Francisco Xavier Carro Rosende (Santiago de Compostela).
Marina Mayoral (Mondoñedo).
Ramón Varela Puñal (Carballo).
Xosé Manuel Martínez Oca (A Estrada).
Outros
O pintor Urbano Lugrís Vadillo (Vigo; 2018 A Coruña).
O pintor Manuel Ruibal (Barro, Pontevedra).
O pintor Ángel Sevillano Estremera (Vigo; 1994).
O pintor e escritor Vicente Vázquez Diéguez (Verín).
O escultor Silverio Rivas (Ponteareas).
O filólogo Antón Santamarina Fernández (San Martín de Suarna, A Fonsagrada).
O filólogo Xosé Luís Couceiro Pérez (Feás, Aranga).
A historiadora María Victoria Carballo-Calero Ramos (Ferrol).
O antropólogo Manuel Mandianes Castro (Loureses, Ourense).
O compositor Joám Trillo Pérez (Rons, Negreira).
O filólogo Kay-Michael Schreiner (Lübeck) (Ver 1980).
O sindicalista e político Rafael Pillado Lista (Cervo; 2023 Ferrol).
A cantante María Dolores Casanova González “Ana Kiro” (Castañeda, Arzúa; 2010).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Víctor Castro Rodríguez (Ferrol; 1879 Negreira).
Xavier Prado Rodríguez “Lameiro” (Santiago; 1874 Ourense).
Outros
Aura, unha das xemelgas de Rosalía e Murguía (1868).
Cándido Fernández Mazas “Dichi” (Pedrouzos, Castrocaldelas; 1902 Ourense).
Juan Domínguez Fontenla, sacerdote, arqueólogo e historiador (Santiago; 1869 A Guarda).

Publicacións

Galegas

  • O 28 de xuño, reaparece en Buenos Aires “ A Nosa Terra ” (nº 425), “Editada pol-a Irmandade Galega” de Bós Aires”. No nº 425 dise: “A Irmandade Galega acordou a pubricazón d-un órgao periodístico destiñado a espallar as suas doutrinas e as suas arelas. Para elo pensouse que ren millor que continuar eiquí coa pubricación d’A NOSA TERRA, o órgao crásico da galeguidade aló na Terra, deica que ficou crausurada pol-o falanxismo dispóis de fusilar aos que o facian: Alexandre Bóveda e Víctor Casas..

E eisí se resolveu, segundo o exempro do antigo Grupo Galeguista que editou eiquí en Bós Aires dous números d’A NOSA TERRA”. Neste mesmo número podemos ler: “A voz dos nosos mártires”. “Idearium, en col do plebiscito do Estatuto Galego, dos patriotas que deron a vida pol-a libertade e por Galiza”. “A xeira groriosa, na que o pobo galego plebiscitou o Estatuto destiñado a rexir a sua autonomía, moveu a os homes da galeguidade a eispresar o seu pensamento sobor do hestórico acontecemento. Hoxe recollemos, eiquí, o que escribiron n-aquel intre –Xunio do 1936-, e que días despois rubricaron co seu sangue e coas suas vidas, os MARTIRES seguintes: Alexandro Bóveda, Ánxel Casal, Johán Carballeira, R. Blanco Torres, Víctor Casas, Xaime Quintanilla, E. Martínez Garrido”.

  • En México o grupo Saudade e a Irmandade Galeguista publican a revista “ Saudade ”, subtitulada “Verba galega nas Américas”. Pasou por dúas etapas: de 1942 a 1943 e de 1952 a 1953. Na contraportada da revista aparecen as seguintes verbas de Curros Enríquez: “A lingoa é o noso escudo. Ninguén, seia a que seia a forza asoballante en que se encoste e o poder de que dispoña, conquerirá trocar a espiritualidade d-un pobo nin afogar a sua fala, que é o roteiro da eternidade”.O primeiro número saiu á rúa o 25 de xullo, con Carlos Velo, Ramiro Isla Couto, Ramón Cabanillas Álvarez e Florencio Delgado Gurriarán como redactores.

Hai un medo qu-espenuxa

pol-a terra de Pondal,

un medo que á xente entala

e non-a deixa chorar:

¡leva o luito inmorredeiro

por nosos nobres irmáns,que, por amor á Nai Terra,

mataron os lobicáns!

Mesmamente semella un enterro

tanto luito no tempo de vran!...


No nº 426 “Os camiños da vieira”.

  • Castelao : “Hispanidade”, no nº 425 de “A Nosa Terra”.

No nº 426: “A Liberdade”.


No 427: “Un simple recordo”: Non todol-os días xurden homes tan superdotados como Bóveda; i esta caste de homes, bós e xenerosos, realizan obras e dispois esquécense de firmalas. Teñen a virtude de levar a cabo, indefeitibremente, todo canto maxinan […] Collede un exemplar do Estatuto Galego –que non ten a súa firma- i en cada verba d-este documento latexa o esprito e a vontade de Bóveda”.

  • Eduardo Blanco Amor : En soledad amena (Publicouse en 1941 en Edic. Resol e sae agora en Emecé editores).“N’esta data” (“A Nosa Terra” nº 425): “N-esta data de recordación do noso Estatuto, os republicanos galegos debemos de proclamar, d’antemán, treidor a todo aquel republicán nado na nosa terra, que non leve unidos no seu esprito o reconquerimento da República e a libertade autonómica de Galicia. Treidor e burro”.

No nº 427 “Prosas europeias” (“Versión de dous retrincos da novela en obra La catedral y el niño”).

  • Lorenzo Varela : Torres de amor (Rexeitado por Emecé Editores debido á ideoloxía comunista do autor é publicado pola Editorial Nova).

No nº 425, publica o poema “Presente”:

¡Aquí estou, caros leitores,

firme outra vez na trincheira

nas terras de Xan Moreira,

para zorregarlle aos traidores!.


No nº 426: “O Apóstol vaise”:

Os mouros agora

son os preferidos,

son os que dan garda

de honor ao caudillo.

¡Patrón das Hespañas!

¡Renego do título!

¡Que veña Mahoma,

que o ten merecido!


No nº 427: “Lembranza dos mártires”:

¡Cantos pesares, Galiza,

teu corazón atravesan!

¡E cántas bágoas amargas

mollan as túas mexelas!


  • Xerardo Álvarez Gallego: “Aniversario de Bóveda” (“A Nosa Terra” nº 427): “Cando no amañecer do día 17 faltaban cinco minutos para subir ao camión que tiña de levalo ao fusilamento, entregoume cinco cartas que él estivera escrebindo con pulso firme e redaición inimaxinabre. Logo, xa de pé, dibuxoume n-un papel cómo quería que fose a súa lápida. Dispois fíxome entrega da súa estilográfica. E tomando da carteira o retrato dos seus fillos, meteunos peito adentro e díxome: Estes quero que vaian conmigo! Eu vin-o marchar na fría mañanciña de agosto, subíndose o colo da chaqueta”.
  • Sae en Pontevedra, baixo a dirección de Xosé Filgueira Valverde o primeiro caderno de “* El Museo de Pontevedra ”. Tamén por iniciativa de Filgueira Valverde ve a luz o Cancioneiro musical de Galicia, froito dun laborioso traballo de campo de * Casto Sampedro Folgar quen recolleu xunto cos seus colaboradores 509 pezas con partitura entre os anos 1884 e 1924, en máis dun cento de concellos galegos. En carta de Ramón Piñeiro Ramón Piñeiro a Filgueira Valverde (5-1-1944) escribe: “También he leído… la noticia de la edición del Cancionero de Sampedro. La participación que Vd. ha tenido en esta edición merece la gratitud de todos nosotros porque constituye la aportación más positiva y valiosa que recibió la cultura gallega durante estos años”. (Cadernos Ramón Piñeiro XI. Cartas. Instituto Ramón Piñeiro, Xunta de Galicia. 2009).

Relativas a Galicia

  • Sae en decembro o primeiro número da revista “De Mar a Mar”, codirixida por Lorenzo Varela. (xuño de 1943).
  • O 1 de novembro, publícase en Buenos Aires a revista mensual “Fé gallega”; “Órgano de la acción gallega de cruzados de Santiago Apóstol” (abril 1942). No editorial do nº 1 di: “…estamos, hoy por hoy, con los nacionalistas españoles, porque en su lucha titánica contra la demagogia bolchevique defienden la religión y la patria”.
  • Dirixido por José A. García Antón, comeza a saír en novembro o periódico semanal en castelán “El secante”, voceiro da “Asociación de Alumnos do Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana”.
  • Dionisio Gamallo Fierros: 14 poemas (Pamplona. Cun prólogo sen asinar de Otero Pedrayo).
  • Emilio Canda Pérez: Consigna. Memorias de un Alférez Provisional.
  • José Canedo (1902-1948): Resumen de literatura sánscrita (Madrid).
  • Lino Novás Calvo: La luna nona y otros cuentos.
  • Luis Iglesias de Souza: Las memorias del ilustre Pérez.
  • Luís Seoane ilustra Eh, los toros de Rafael Alberti (Emecé Editores); Siete grabados en madera (sobre poemas de Alberti (Emece. Buenos Aires) e Marinero con la red (debuxo a tinta e acuarela).
  • Manuel Domínguez Benavides: Los nuevos profetas (México).
  • Marino López Blanco: Maceo, símbolo de la cubanidad.
  • Rafael Dieste: De cómo vino al mundo Félix Muriel (revista “De mar a mar”).
  • Ramón Otero Pedrayo escribe na revista quincenal ourensana “Misión”.
  • Raúl Andrade: Rosalía de Castro, sirena de la nostalgia (Quito).

Acontecementos

  • Eduardo Blanco Amor funda o grupo de teatro "El Tinglado" con algúns actores da compañía de Margarita Xirgu.
    Arturocuadrado
  • Inaugúrase no Centro Ourensán de Buenos Aires (25 de xullo), a “Exposición de Estampas Galegas”; 17 artistas galegos, xunto con fotografías de Xosé Suárez e esculturas de Domingo Maza. Unhas sesenta obras e corenta e nove reproduccións do álbum Nós.

Rafael Dieste, doente, non puido facer o discurso de apertura, ocupando o seu lugar Eduardo Blanco Amor. A exposición clausurouse o 8 de agosto cun discurso de Castelao.

  • O 27 de xuño, a Comisión Cultural Galega de Centro Orensano e da Irmandade Galega, organizan un ciclo de conferencias. No salón de actos do Centro Orensano de Buenos Aires, falou primeiramente Blanco Amor “Sobor da máis remota lírica d’Oucidente. Estética dos canzoeiros galegos” (27 de xuño). A segunda conferencia foi a de Castelao (11 de xullo), co título “Fonte do noso idealismo sentimental”. Coincidindo con este acto, o mesmo día e á mesma hora, na Federación de Sociedades Galegas, falaba Arturo Cuadrado sobre “O derradeiro esperpento de Valle Inclán” e a continuación Clemente Cimorra facíao sobre “O home na manigua mental dos nosos tempos”.
  • Xosé María Álvarez Blázquez regresa a Galicia do seu desterro en Coreses (Zamora).
  • Lueiro Rey marcha a Madrid para preparar as oposicións a auxiliar do corpo técnico do Ministerio de Facenda.
  • O 13 de decembro a RAG reinicia a súa actividade trala paréntese da Guerra Civil.
  • Fundación da Editorial Nova (Seoane, Cuadrado e Lorenzo Varela).
  • Castelao pinta guaches de contido folclórico-relixioso.
  • Ánxel Johán abandona o cárcere de Las Palmas (1937).
  • Díaz Pardo obtén unha beca que lle permite realizar unha viaxe de estudos por Italia.
  • Cunqueiro en Madrid como colaborador oficial da prensa do Estado.
  • Ramón Villar Ponte reside na Coruña, dando clases de Xeografía e Historia nun colexio privado.
  • Francisco Franco , nomeado Presidente de Honor da Real Academia Gallega (13/12/1942), que estaba presidida por Manuel Casás Fernández (1936-1960).
  • Fúndase en Buenos Aires a “Comisión Intersocietaria Gallega”, co fin de coordinar todas as sociedades galegas na celebración de actos políticos e galeguistas.
  • Recobra a liberdade o pintor Mario Fernández Granell (1937).
  • Matilde Lloria (1912 Almansa, Albacete; 2002 Valencia) instálase en Ourense.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Por iniciativa de Filgueira Valverde ve a luz o Cancioneiro musical de Galicia, froito dun laborioso traballo de campo de Casto Sampedro y Folgar quen recolleu xunto cos seus colaboradores 509 pezas con partitura entre os anos 1884 e 1924, en máis dun cento de concellos galegos. En carta de Ramón Piñeiro a Filgueira Valverde (5-1-1944) escribe: “También he leído… la noticia de la edición del Cancionero de Sampedro. La participación que Vd. ha tenido en esta edición merece la gratitud de todos nosotros porque constituye la aportación más positiva y valiosa que recibió la cultura gallega durante estos años”.


Con data de 11 de novembro, Gonzalo López Abente escribe a Ramón Villar Ponte dende Muxía: “... dígoche con toda sinceridade que atopo mui xusto a tua pretensión de solicitar a praza de arquiveiro-bibriotecario da “Academia Gallega”, vacante pola morte de D. Cesar Vaamonde. Desde logo tí reunes condicións que será dificil hachar reunidas en outros solicitantes... [...] Eu aquí estou vegetando nesta insua de areas e penedos, ollando para a inmensidade do mar que nos arrodea e agarima. Vivo calado, sô e tranquilo, falando conmigo mesmo, soñando âs veces, e de cote percatandome do correr do tempo que me canga co peso crecente do feixe dos anos que me agobian e me levan ao fin [...]. (Miro Villar: "Dez cartas de Gonzalo López Abente aos irmáns Villar Ponte" "Grial" nº 230. 2021).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Non entregado a causa da Segunda guerra mundial

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen





Morren:

  • Pedro Cardoso (1890 Ilha do Fogo, Cabo Verde).





Adolfo Casais Monteiro: Canto da nossa agonia (poesía).

Afonso Lopes Vieira: Nova demanda do Graal.


Alexandre Cabral: O sol nascerá um dia (contos).


António Botto: Os Contos de António Botto, para Crianças e Adultos.


António de Navarro: Ave de silêncio.


António Patrício (1878-1930): Poesias.


António Pedro da Costa: Apenas uma narrativa.


Branquinho da Fonseca: O Barão.


Carlos de Oliveira: Turismo (poesía).


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): José.


Eugénio de Andrade: Adolescente.


Fausto José: Embalo.


Fernando Pessoa (1888-1935): Obras Completas de Fernando Pessoa. I Poesias de Fernando Pessoa.


Fernando Pires de Lima: Cantares do Minho (2 vol. 1942-1944).


Fidelino de Figueiredo: Antero.


Francisco José Tenreiro (São Tomé): Ilha de nome santo (Coimbra).


Irene Lisboa: Esta cidade!


João Cabral de Melo Neto (Brasil): Pedra do Sono.


João Gaspar Simões: Crítica: I A prosa e o romance contemporâneos; Caderno dum romancista e O marido fiel.


Joaquim Paços d’Arcos: Nove sobre o Mar.


Jorge Amado (Brasil): O cavaleiro da esperança (ensaio).


Jorge de Sena: Perseguição (poesía).


José Osório de Oliveira: Enquanto é possível (ensaio) e A poesia moderna do Brasil.


Luís Forjaz Trigueiros: Ainda há estrelas no céu.


Manoel de Barros (Brasil): Face imóvel.


Manuel da Fonseca: Aldeia Nova (conto) e Planície (poesía).


Manuel Ferreira Gomes (1860-1941): Londres maravilhosa (crónica e viaxe).


María Manuela Couto Viana: Raizes que não secam.


Natércia Freire: Horizonte fechado.


Ruy Cinatti: Anoitecendo a vida recomeça.


Sidónio Muralha: Passagem de Nível.


Teixeira de Pascoaes: O Penitente (biografía).


Vasco de Magalhães Vilhena: Pequeño manual de Filosofia.


Vergílio Godinho: Calcanhar do mundo.


Víctor de Sá: A mocidade de Antero e A prosa de Antero de Quental.







Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Màrius Torres (Sant Quirze Safaja; 1910 Lleida).


Agustí Esclasans: Iberia Magna: diario lírico de un poeta catalán por tierras de España (Edit. Apolo). Na dedicatoria escribe: “Homenaje a la noble memoria de Juan Maragall”, falando a continuación dunha España formada por “el imperio catalán, el imperio lusitano y el imperio castellano”.


Josep Palau i Fabre: Balades amargues (poesía).


Josep Pla: Las ciudades del mar (En castelán); Viaje en autobús (En castelán) e Rusiñol y su tiempo.


Màrius Torres (1910-1942): Poesies (México).

Flag of Spain

Nacen:




Morren:

  • Miguel Hernández (Alicante; 1910 Orihuela).




Joaquín de Entrambasaguas dirixe a revista “Cuadernos de literatura contemporánea” (1942-1946), dependente do “Instituto Nebrija del Consejo Superior de Investigaciones Científicas”.


Azorín : Sintiendo a España (Barcelona, Tartesos) Referencias a Galicia e Cavilar y contar.


Camilo José Cela: La familia de Pascual Duarte. No 1952 Tomás Ribas fai a tradución ao portugués con prólogo de Gregorio Marañón. No 1963 publícase en Galaxia a tradución ao galego feita por Vicente Risco uns dez anos antes da publicación.


Enrique Azcoaga: La piedra solitaria.


Enrique Jardiel Poncela: Los habitantes de la casa deshabitada.


Gregorio Marañón: Estudio biológico sobre Enrique IV y su época.


Ignacio Agustí: Los surcos.


Jacinto Benavente: La honradez de la cerradura.


José María Alfaro: Leoncio Pancorbo.


Juan Antonio de Zunzunegui: El hombre que iba para estatua.


Juan Eduardo Cirlot: Pájaros tristes y otros poemas a Pilar.


Luis Cernuda: Ocnos.


María Teresa León Goyri: Morirás lejos (Buenos Aires).


Rafael Alberti: Vida bilingüe de un refugiado español en Francia e Pleamar.


Rafael Lapesa: Historia de la lengua española.


Ramón J. Sénder: Epitalamio del Prieto Trinidad e Crónica del alba.


Torrente Ballester: República Barataria e Siete ensayos y una farsa.


Victoriano García Martí: La voluntad y el destino.







Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Armando Mook (Buenos Aires; 1894 Santiago de Chile).
  • José María Eguren (1874 Lima).
  • Porfirio Barba Jacob (Ciudad de México; 1880 Santa Rosa de Osos, Colombia).
  • Roberto Arlt (Buenos Aires; ibídem 1900).
  • Bruno Schulz (1892 Drogóbich, Ucraína).
  • Robert Musil (Xenebra; 1880 Klagenfurt, Austria).


Augusto Roa Bastos: El ruiseñor de la aurora (poemas).

Albert Camus, gagnant de prix Nobel, portrait en buste, posé au bureau, faisant face à gauche, cigarette de tabagisme

Miguel Ángel Asturias: El Señor Presidente.


Xavier Villaurrutia: La hiedra (teatro).



Albert Camus: L’étranger.


Anna Seghers: A sétima cruz.


Bretón: Terceiro Manifesto do surrealismo.


Cesare Pavese: La spiaggia.


Francesco Jovine: Signora Ava.


Francis Ponge: Le parti pris des choses (poesía).


Giani Stuparich: L’isola e Pietà del sole.


Henri Michaux: Au pays de la magie (poesía).


Natalia Ginzburg: La strada che va in città.


Paul Eluard: Le livre oubert e Poésie et verité.


Randall Jarrell: Blood for a Stranger.


Saint-Exupéry: Pilote de guerre.


Saint-John Perse: Exil.


Salvatore Quasimodo: Ed è subito sera (poesía).


Sándor Márai: O derradeiro encontro.


Sherwood Anderson ( 1876; 1941): Memorias de Sherwood Anderson.


Thomas Stearns Eliot: Four quartets (Catro cuartetos).



Tamén sucedeu...

  • Decreto de creación das Cortes españolas.
  • O adulterio da muller volve estar tipificado como delito no Código Penal Español.
  • Creación do No-Do, acrónimo de “Noticiarios y documentales”, para a súa exhibición obrigatoria en todas as salas cinematográficas de España.
  • Grave crise económica con escaseza de produtos alimentarios sobre todo nos núcleos urbáns.
  • Vitoria naval estadounidense sobre Xapón na illa Midway.
  • Derrota alemá en Stalingrado.
  • Montgomery derrota a Rommel en El Alamein . Os alemáns evacúan o norte de África.
  • Alemaña ocupa a Francia libre.