1939

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Andrés Santiago Suárez Suárez (Luaña, Brión; 2005 Madrid).
Francisco Domínguez Romero (Ferrol; 2005 Murcia).
Arturo Lezcano Fernández (Ourense; 2019 A Coruña).
María Victoria Moreno Vázquez (Valencia de Alcántara, Cáceres; 2005 Pontevedra).
María Xosé Queizán (Vigo).
Xosé Antonio Moreiras Santiso (Santa María de Vilela, Rodeiro; 1996 Castelló de la Plana).
Outros
A pintora Bea Rey (A Coruña).
A soprano Ángeles Gulín Domínguez (Ribadavia; 2002).
O profesor Klaus Bochmann (Dresden). Director do Departamento de Romanística da Universidade de Leipzig, que instituiu os cursos de galego a partir do curso 1980-1981 e promoveu e prologou a tradución ao alemán de Memorias dun neno labrego en 1984.
O pintor Alfredo Labajjo Grandío (Lugo; 2019 Friol).



Pasamentos
Literatura
Antonio García Hermida (Vilalba; ibídem 1885).
Baldomero Lois Pérez (1877 Santiago de Compostela).
Francisco Potel Pardal (Valga; ibídem 1887).
Francisco Sánchez García (Santiago; 1939 Teixeiro, Curtis).
Joaquín de Arévalo Rodríguez (Ferrol; ibídem 1882).
Outros
O pintor Xesús Rodríguez Corredoira (Santiago; 1889 Lugo).
O músico Juan María López (Buenos Aires; 1855 A Coruña).
O compositor José Guede Rodríguez (La Habana; 1888 San Verísimo de Seixalbo).
O compositor José Torres Creo
Santiago Iglesias Pantín, dirixente obreiro (Washington; 1872 A Coruña).
O escritor Ramón María Tenreiro Rodríguez (Suiza; 1879 A Coruña).
O fotógrafo Pedro Ferrer Sanz (A Coruña; ibídem 1879).
O financeiro Ricardo Rodríguez Pastor (A Coruña; ibídem 1865).

Publicacións

Galegas

  • O escritor arxentino Eduardo Jorge Bosco escribe 7 cancións en galego dedicadas á súa noiva Pepita Sabor, de Vilanova de Arousa, que serán publicadas en 1952 e en 1994 e que levan esta dedicatoria: “A Pepita, porque, xunto a ela, eu escribín estes cantares, sentindo no peito toda a soidade de Rosalía e toda a saudade de Galicia, rosa de pranto entr’as herbas”. No 2007 farase unha nova edición que inclúe o facsímile dos orixinais, subvencionada pola Xunta de Galicia.
  • No 1988 no seu libro Galicia y la poesía (Ediciós do Castro), a escritora arxentina, filla de nai galega Julieta Gómez Paz no ensaio “Los poemas gallegos de Eduardo Jorge Bosco” escribe: “Los poemas gallegos de Eduardo Jorge Bosco están fechados todos en agosto de 1939. El año anterior había aparecido en Buenos Aires los Poemas galegos de Federico García Lorca, con un prólogo de Eduardo Blanco Amor. Por esos años se respiraba en la Argentina una lírica exaltación; varios poetas españoles habían llegado a raíz de la guerra. Ya en 1937 se recordó el centenario del nacimiento de Rosalía de Castro, y el 22 de Julio de 1939, apenas unos días antes de que Bosco escribiera sus poemas, apareció el periódico titulado Galicia , totalmente dedicado a la autora de Follas Novas. Contiene ensayos de Eduardo Blanco Amor, Luís Seoane, Enrique Díez Canedo, Ernestina de Champourcin, Ángel Ossorio; se reproducen juicios de Azorín, Castelar, Julio Dantas y se ofrece una breve antología de la poesía en gallego de Rosalía. Todas estas circunstancias, aparte de la impalpable presencia que habrán podido acercarle algunos amigos, fueron creando un clima en el que el poeta argentino se sintió de pronto inmerso frente a un paisaje fascinante, atrapado por el lirismo rosaliano y, lo mismo que García Lorca, asumió la lengua gallega como indispensable para expresar ciertas vivencias. Escribió sus composiciones, siete en total, en papeles informes y sólo el cuidado de sus antologistas pudo rescatarlas se han publicado sólo cuatro”.
  • Eladio Rodríguez González : “Canción de camiño”, na revista “El Eco Franciscano” de Santiago. Xa fora publicado no 1927 no seu libro Oraciós campesiñas.
    A gaita a falare.jpg


  • Ramón Rey Baltar : A gaita a falare. (Lembranzas e maldicións); (Primeiro libro escrito en galego contra os desastres da guerra de 1936; prólogo de Eduardo Dieste; ilustrado por Castelao, Colmeiro e Luis Seoane e publicado pola Central Galega d‘Axuda ao Fronte Popular Hespañol).

Relativas a Galicia

  • Publícase en Madrid Corona de sonetos en honor de José Antonio Primo de Rivera (Ediciones Jerarquía) no que colabora Álvaro Cunqueiro con un soneto e Eugenio Montes . “Cunqueiro, autor do terceiro dos vintecinco sonetos, vai de ganchete con poetas tan célebres como Manuel Machado, Gerardo Diego, Eugenio D’Ors, Eugenio Montes, José María Pemán, Luis Rosales, Eduardo Marquina, Leopoldo Panero, e Laín Entralgo. Se engadímo-lo nome de Antonio Tovar, que prologa o sonetario cun dístico latino, non é arriscado pensar que, no esencial, déronse cita neste volume a flor e a tona da intelectualidade franquista”. (Xesús Alonso Montero: Os poetas galegos e Franco. Estudo e antoloxía. Akal Ediciones, 1997).
  • En Lira bélica, unha antoloxía de José Sanz y Díaz con loanzas a Franco, publicada en Valladolid, aparecen Herminia Fariña , Francisco Leal Ínsua , Adelardo Curros Vázquez, Marina Cascallar e un romance de Celso Emilio Ferreiro escrito no 1937.
  • Álvaro Cunqueiro chega a Madrid para traballar na redacción de ABC. En novembro publica en “Vértice”: La historia del caballero Rafael: novela bizantina incompleta. Tamén aparece a súa sinatura na revista “Destino” que trasladou a redacción a Barcelona. Aquí colaborarán tamén Moure Mariño, Augusto Assía, Martínez-Barbeito e Eugenio Montes.
  • Blanco Amor escribe na revista “Galicia”, portavoz da “Federación de Sociedades Gallegas” da República Argentina:

O 11 de febreiro (nº 609): “¿Adonde van las democracias? Para el mayor inglés Clement Attlee”.


O 25 de febreiro (nº 611): “Adónde van las democracias. A Romain Rolland, francés”.


O 11 de marzo (nº 613): “Con todo el respeto”.

  • Cándido Viñas Calvo: Valleamar (Pontevedra).
  • Carlos Antonio Areán González: Hacia el Imperio. A segunda parte do libro contén unha “Trilogía del Caudillo” que consta de “Franco”, “Castilla y el Caudillo” e “Revista Naval”.
  • Carmiña Prieto Rouco: publica en “Las Riberas del Eo” (1 de abril): “¡Franco!, ¡Franco!,¡Franco!”.
  • Castelao fai os Dibuxos de negros (1970, Galaxia) e o 7 de xaneiro dita na Universidade da Habana a conferencia “Galicia y Valle-Inclán” (Edit. Celta 1971).
  • Dolores del Río Sánchez- Granados: “¡Franco!, ¡Franco!, ¡Franco!”, poema na revista “El Eco Franciscano” de Santiago (1 de outubro).
  • Evaristo González Fernández “Evaristo de Sela” escribe Amanecer de ocaso (versos).
  • Francisco Fernández del Riego publica na “Hoja del Lunes” de Vigo, o 27 de novembro, o artigo “Cuadros de Virgilio Blanco” asinando como “F. F. del R”.
  • Joaquín Calvo Sotelo: La vida inmóvil.
  • Lois Tobío en Cuba, emprende a tradución de Teoría del Estado de Hermann Heller.
  • Luís Moure Mariño: Galicia en la guerra.
  • Luís Seoane faise cargo da dirección da revista “Galicia”, voceira do Centro Galego de Buenos Aires (dirixirá a publicación entre 1939 –1957).
    Castelao. Dibuxos de negros
  • Manuel García Barros: Divagaciones sobre lo discutible y lo indiscutible.
  • Otero Pedrayo: Breve historia de Galicia (Santiago de Chile).
  • Rogelio Rivero: Desfile de bandoleros (Pontevedra).
  • Publícase o libro Pontevedra and La Coruña: Gallegan provinces of Spain con máis de 700 fotos de Ruth Matilda Anderson e un ensaio da propia fotógrafa.
  • O 18 de abril “El Compostelano” reproduce o poema de Curros “A primaveira”. Este xornal conservador acollera noutras datas poemas incisivos de Curros como “A igrexa fría” (20-4-1928).
  • No volume Laureados de España (1936-1939), colaboran os galegos Evaristo Correa Calderón, Joaquín Calvo Sotelo, Carlos Martínez Barbeito e Camilo José Cela que asina como “Adolfo Esteban Ascensión”. (San Sebastián. Editorial Fermina Bonilla.
  • Aparece a revista “El Combatiente del Este”, “Órgano del Comisariado del Ejército del Este”, elaborada por Antonio Sánchez Barbudo e coa que colaborou Rafael Dieste .
  • En decembro sae o periódico tabloide mensual, bilingüe, “Loita”, órgano da Hermandad Gallega, partido do Centro Galego de La Habana, que tentaba acadar a democratización deste. O seu director foi o militante do Partido Galeguista Xerardo Álvarez Gallego. Saíron dez números até agosto de 1940. En xullo de 1940 saiu un número extraordinario de 28 páxinas para conmemorar o Día de Galicia. Na publicación aparecen debuxos de Castelao, Maside e Bagaría.
  • En La Habana aparece a revista mensual bilingüe “Alma Gallega” , dirixida por Luís Reinante Losada “defensora del prestigio y de los derechos de los gallegos residentes en Cuba”.

Acontecementos

  • Celso Emilio Ferreiro figura nos ficheiros da Delegación Nacional de Excombatientes, que tiña por misión cuando Franco a creou en agosto de 1939 “incorporar la juventud combatiente a los puestos de trabajo de honor o de mando a los que tienen derecho como españoles y que han conquistado como héroes”. Celso Emilio acreditaba esa condición mediante un certificado de servizos prestados durante a contenda: “Don José Gestal Laguna, capitán del Regimiento de Infantería de Montaña Milán número 32… certifico: Que según antecedentes que obran en este Cuerpo, el soldado Celso Emilio Ferreiro Míguez se incorporó a este Regimiento procedente de las columnas gallegas el día 19 de octubre de 1936, siendo destinado a la tercera Compañía del primer Batallón… causando baja en este Regimiento en la revista de Comisario del mes de diciembre de 1937, por pasar a continuar sus servicios a la sección de Transmisiones de Asturias…”.(“Grial” nº 211, páx. 70).
  • Nos ficheiros da Delegación Nacional de Excombatientes consérvase un escrito asinado o 12 de decembro de 1939 por Celso Emilio Ferreiro e tres compañeiros máis, José Velo Mosquera, Remigio González Gándara e Lino Velo Mosquera no que se pide a intervención da Delegación Nacional de Excombatientes logo de ser clausurado polo alcalde de Celanova un centro de ensino que abrira na localidade. Nese escrito alegaban: E proseguían “Alguno de nosotros derramó su sangre, otros adquirimos penosas enfermedades de larga curación. Sin embargo todo lo dimos alegremente porque sabíamos que se trataba de una lucha en la que se dilucidaba el Ser o el no Ser de España. Somos unos obscuros soldados del Glorioso Ejército Español, que sentimos la íntima alegría del deber cumplido, sobre todo porque al ser desmovilizados nos dijeron nuestros Jefes: “Sois el orgullo de España”. (“Grial” nº 195, páx. 56 e “Grial” nº 211, páx. 70).
  • Rafael Dieste confinado durante vinte días no campo de concentración de Saint-Cyprien, de onde sairá por influencia da Asociación de Escritores Franceses: París, A Haia, Rotterdam, Montevideo, Buenos Aires.
  • Ricardo Flores Pérez: estrea en Buenos Aires Enguedello (Publicada no 1958).
    Buque Ipanema
  • Manuel Colmeiro : “Recordo”.
  • Antonio Román remata a curtametraxe “Barcelona, ritmo de un día”.
  • Xosé Suárez filma “Mariñeiros”.
  • Arturo Souto sae de España exiliado.
  • Lueiro Rey retorna a Fornelos, onde permanecerá ata 1942.
  • Delgado Gurriarán exíliase en México para onde parte no mes de xuño, dende Bourdeaux, no buque “Ipanema”, que traslada a 998 refuxiados políticos españois.
  • Rubia Barcia internado nun campo de concentración no Pirineo francés, logo de fuxir con documentos secretos dos contactos da República coa Unión Soviética. Marcha a Cuba, onde creou, xunto con outros intelectuais a Escola libre de La Habana. No 1943 marcha para Estados Unidos.
  • Armando Cotarelo , nomeado catedrático de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade Central de Madrid.
  • Isaac Díaz Pardo marcha a Madrid.
  • Lorenzo Varela marcha a Francia exiliado.
  • Valentín Paz-Andrade desterrado a Villanueva de la Serena por un escrito no que defendía o gremio dos carniceiros. En decembro casa con Pilar Rodríguez Prada, facendo a viaxe de noivos a Marrocos, En Mérida visitan a Álvaro Gil.
  • Ramón Suárez Picallo marcha á República Dominicana, exercendo durante un ano o xornalismo como director do diario “La Nación”. Debido ás presións do goberno de Trujillo, abandonou o país cara a Chile.
  • Carlos Velo realiza a longametraxe “Romancero Marroquí” (Marrocos).
  • Os irmáns Fernández López fundan a empresa Zeltia.
  • Julia Minguillón comeza a pintar “Escola de Doloriñas”.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Dende La Habana escribe a Florencio Delgado Gurriarán o 14 de febreiro: Acabo de recibir a túa carta, que me remiteu dende Bos-Aires o irmán Rodolfo Prada. E decateime da perda de Catalunya e do xogo de Mussolini e Chamberlain e agora recoñezo que teño dúvidas a prol do noso trunfo [...] En Cuba fixemos unha laboura estraordinaria, moi superior à dos EEUU. Gañamos as eleicións do “Centro Gallego” de gañámolas nós, incorporando o pobo de Cuba â loita dos galegos, en tal forma que tomou estado nacional. Algo que non se pode describir. Percorremos a illa duas veces, indo a lugares cáseque inasequibles, montados a cabalo. Â causa da hespaña démoslle tal cariz que vai xunguida aos anceios democráticos do pobo cubano. Soupemos poñer en contra dos feixistas españoles a todol-os cubanos e ao mesmo tempo borramos as inquinas que denantes eisistían contra todol-os españoles. Hoxe un galego leal eiquí é respetado e ademirado gracias ás nosas propagandas. Unha Esposición de dibuxos, unha Conferencia na Universidade, outra na Hispano-Cubana déronme un creto ante o mundo intelectual; pero as propagandas orales (van alá máis de oitenta mitins) déronos tanta popularidade que hoxe somos coñecidos e queridos cáseque como Marinello, que é o home de Cuba. (Obras. Castelao. Vol. 6. Nº 146. Galaxia. 2000).

Con data de 12 de xullo Castelao escribe ao escritor asturiano Luis Amado Blanco dende o tren que o leva camiño de California: “… Lo único que se nota es que aquí los trenes tienen unos ruidos norteamericanos de buen hierro y las ruedas jamás llevan el ritmo de canciones populares. Ay, aquellos trenes gallegos, tan malos, si, pero que cantaban muiñeiras y desde que vino la República jamás dejaron de cantar el Himno de Riego! To-ron-ton-to-ron-torronton, to-ron, etc. Daba gusto”. (“Grial” nº 202).

Ramón Cabanillas escribe a Valentín Paz Andrade (22 de maio). […] La deportación de mi hermano le impidió resolverme una situación económica urgentísima: la del abono de mi costosa operación quirúrgica. Recurriendo a todos los medios he podido reunir una parte de la cantidad que debo entregar mañana, y como mis más cercanos amigos están en situación idéntica o alejados, te ruego con verdadera necesidad me mandes seiscientas cincuenta pesetas, que te satisfaré en el plazo máximo de dos meses, pues tengo un trabajo a realizar que me permitirá cumplir la devolución en ese plazo. […]. (Ramón Cabanillas; 3 Obra Completa, Akal Editor 1981).

Castelao e outros escriben a Augusto Barcia, F. Osorio Tafall e Casares Quiroga dende Nova York (marzo ou comezos de abril): Les remitimos la adjunta carta dirigida a don Diego Martínez Barrio siguiendo acuerdos del Frente Popular Antifascista Gallego de New York, con el ruego de que los tres reunidos y con aquellos otros que estimen conveniente, le hagan entrega a D. Diego Martínez Barrio de la misma y gestionen con su influencia cerca del mismo y puesta al servicio de nuestros compatriotas los gallegos, el que de los nueve millones de francos que debe acabar de recibir dicho Sr. nos reserve 1.800.000 para pago de los pasajes de nuestros compatriotas que están ahí en Francia, hasta México o Santo Domingo [...] (Obras. Castelao. Vol. 6. Nº 147. Galaxia. 2000).

Castelao, José Asensio e Ramón Mosteiro escriben a Diego Martínez Barrio dende Nova York (marzo ou comezos de abril): La colonia gallega de Estados Unidos de América, se ha reunido recientemente en una magna Asamblea, y ha resuelto ver la forma de arbitrar recursos para socorrer en primer término a todos los gallegos que se encuentran hoy en el destierro y muy principalmente a los que todavía sufren en los campos de concentración de la República Francesa. [...] Tratamos de traer desde Francia a un país de América, que todavía no está determinado, pero que en principio pudiera ser la República de Santo Domingo o México, a los mil y pico de gallegos a que anteriormente hemos aludido...[...] rogamos a usted [...] nos facilite los medios para completar la suma necesaria para este transporte... [...] (Obras. Castelao. Vol. 6. Nº 148. Galaxia. 2000).

Con data de 25 de abril de 1939, Indalecio Prieto (México D.F.) escribe a Castelao (Nova York): Recibí ayer una carta sin fecha con la firma de V., la de don José Asensio y otra que no he podido identificar, participándome el acuerdo adoptado en asamblea por la Colonia Gallega de los Estados Unidos de América del Norte de "buscar la manera de arbitrar los recursos necesarios para poder transportar a México o a otra República de las Hispanas de América Central o del Sur, a los mil cien gallegos que actualmente se encuentran en los campos de concentración de Francia y a los que por haber huido de la zona rebelde y haber servido en las filas de la leal, se encuentran imposibilitados de poder volver a su patria". A renglón seguido me piden Vds. que yo les facilite los medios necesarios para poder transportar a esos mil cien gallegos, petición que sólo puede ser formulada a base de una información equivocadísima. Yo no dispongo de medios ni para esa empresa ni para otra infinitamente menor ni ostento aquí representación alguna oficial, semioficial ni siquiera privada a virtud de la cual pueda yo intervenir en el asunto que a Vds. interesa. Debo hacer constar, además, que en mi poder no obra el importe de recaudaciones de ninguna clase ni yo he intervenido en ningún momento en la organización de las mismas y, de otra parte, debo aclararles que a mí no me ha sido transferida, cual Vds. creen, importante cantidad de material. (...) (Epistolario de Lois Tobío. Consello da Cultura Galega).

Con data de 8 de abril Castelao escribe a Lois Tobío dende Nova York: [...] Da Franza non chegan mías que malas novas e o veneno das calumnias contra todos. Todos se están enchendo de merda e un xa non sabe que facer e que pensar. Estou atristurado e de Franza non fan máis que pedirme diñeiro para pasaxes. Esto faime pensar que todos pensan de min que teño diñeiro ¿Creerán que tamén son ladrón? Pois eu poderei vivir catro ou cinco meses e se non atopo traballo terei que morrerme de fame. [...] Se tiveras algún tempo creo que debías empregalo en ourentar aos galegos e incorporarte ao noso movimento [...]. (Obras. Castelao. Vol. 6. Nº 149. Galaxia. 2000). (Malia que Lois Tobío militaba no PG dende a súa fundación, levaba varios anos fóra de Galicia en destinos diplomáticos e ausente da vida política galega).

O 8 de abril, Castelao diríxese por carta a Carmen Muñoz, dona de Rafael Dieste: [...] Ya sabía de vosotros y aún apenándome los dolores que pasasteis y los que aun pasareis me alegra saber que estais vivos y que podeis salvaros. Yo no tengo dinero. Sólo podré sostenerme tres o cuatro meses a fuerza de economías inverosímiles. [...] Me acuerdo mucho de vosotros y creedme que si yo tuviera dinero os lo remitiría para los pasajes; pero no lo tengo. [...] (Obras. Castelao. Vol. 6. Nº 151. Galaxia. 2000).

-Con data de 27 de abril, Castelao (Nova York) escribe a Lois Tobío (La Habana):

Da Franza escríbenme pedíndome diñeiro. Pedíndome diñeiro a min. Todos me escriben para que os axude. Pol-o visto pensan que eu estou rico porque roubei o que pedín para Hespaña. Alá pagan aos diputados i-eu non cobrei un céntimo dende que saín dalá. E según me contou Emilio González somentes pagan aos diputados que viven en Francia. Eu non me queixo. Estou en New York onde atan os cans con chourizo. [...] Escribimos a moita xente pedindo axudas para os nosos refuxiados. [...] Eu aínda non sei como vou a gañar a vida. Coido que o Comité de Axuda de Washington me mandará a California en viaxe de propaganda e que terei ocasión de facer unha eisposición de dibuxos en Los Ángeles. Si os artistas de Holliwood se volven tolos e queren mercarmos poderei vivir algún tempo máis sen lavar platos n-un restaurant. Se durante este mes fracaso como dibuxante será mellor que pense en fuxir d-eiquí axiña. E ¿a onde irei?, ¡Quen me dera ir a Bos-Aires! (Obras. Castelao. Vol. 6. Nº 152. Galaxia. 2000). Tamén en (Epistolario de Lois Tobío. Consello da Cultura Galega).


O 6 de setembro, Castelao diríxese por carta “Aos irmáns de Bos-Aires”: [...] Acepto a desiñación de Xefe do Partido Galeguista antramentras non poida funcionar democraticamente con sede en Galiza ou sexa imposible de xuntar en calisquera cibdade american as autoridades que mellor poidan rexilo. Acato o acordo que tomáchedes e pol-o tanto acepto a responsabilidade de dirixir no desterro a marcha do Galeguismo cara os próisimos fins que se presenten [...] Non embargantes o meu asentemento quero darvos a coñecer as liñas xerales da política que eu seguiria, e da que reclamo consello e decisión para establecer en Hespaña unha República federal, basada nas nacionalidades e como superación do republicanismo pimargaliano e rexionalista [...] (Obras. Castelao. Vol. 6. Nº 153. Galaxia. 2000).

O 9 de setembro Castelao diríxese por carta a Sebastián González García-Paz dende Nova York: [...] A nós somentes nos pode intresar unha República federal a base da unión pactada das catro nacións: Castela, Catalunya, Euzcadi e Galiza. Ou esto ou o separatismo máis arrabeado. Ou hai hespañois que comprendan esta necesidade ou necesitaremos arradarnos deles para traballar somentes pol-a independencia de Galiza. [...] Eu teño esbozado un plan que non debo confiar a unha carta e teño a maneira de darlle creto internacional âs aspiracións nacionales de Galiza. Pero, querido Sebastián, estiven soio, absolutamente soio dendes que a guerra civil comezou. Abandonado por todos, incruso por quén tiña obriga de non esquecer o mandado dos nosos mortos e ostentaba unha representación popular que o obrigaba a trocar de vida e de vezos. Refírome a Picallo que dispois de tanto marxismo resultou entregado aos anarquistas e agora fuxeu a Santo Domingo para vivir, se pode, da caridade de Trujillo, un dictador canalla. Eu quérolle a Picallo; pero non é un home enteiro e por vanidade chega â estupidez e sempre â mentira. Esto debes sabelo dado o teu releve no galeguismo.[...] Certo, certísimo o que me dis de Otero, Vilarelle e Carro. Sei todo e coñezo o que fan. Benia eles! Eses son homes [...] Como son homes os vascos, onde non se concibe un lambe cús como Filgueira nin un escrupuloso como Cunqueiro [...] (Obras. Castelao. Vol. 6. Nº 154. Galaxia. 2000).

O 18 de setembro, Castelao escríbelle dende Nova York a Luís Soto: [...] E como rematei o meu traballo nos EEUU debo sair d-eiquí sen perda de tempo. Rógoche, pois, moi encarecidamente, que xestiones o visado do meu pasaporte no Consulado de México en New York [...] Estou entristecido. A guerra de Europa non vai solucionarnos o problema. Endexamáis retornaremos a Hespaña. Non verei máis a miña nai. [...] Eu, querido Soto, vexo esta guerra –se é que prosperase e non rematara coa desfeita de Poloña- como unha loita de Feixismo contra Nazismo [...] (Obras. Castelao. Vol. 6. Nº 155. Galaxia. 2000).

Carta de Castelao a Rodolfo Prada  (2 de novembro), dende New York:
[...] Van esgotándose as miñas posibilidades de atopar traballo remunerado. Aínda non sei dabondo inglés para soter unha conversa con certa xente e por esto creo que en canto domine o inglés poderei buscar mellor. O certo é que vivo c-unha modestia absoluta e que vou esgotando os derradeiros recursos que teño. [...] Como vostede sabe  eu non vivín da Repúbica nin do favor  dos Gobernos da República.[...] Pero non quero ser un de tantos hespañoles, amigos de Negrín ou de Prieto, figurando na nómina dos diputados que cobran [...]

(Obras. Castelao. Vol. 6. Nº 156. Galaxia. 2000).

O 11 de decembro Castelao escribe unha carta dirixida “aos irmáns de Bós-Aires” dende New York: Acabo de lêr a vosa carta. Moi ben a idea de refacer en Bós-Aires o Seminario de Estudos Galegos; pero compre andar con moito tento a fin de proseguir filialmente a laboura da nosa melhor institución de cultura. Era con zume da terra co que traballábamos alá e agora estamos desterrados. Con todo ainda se poden lanzar obras de verdadeiro Seminario contando simplesmentes con libros e coa cencia que se lle poida arrincar aos nosos vellos emigrados. [...] Non vaiamos a chamar Seminario de Estudos Galegos ao que podia ser a Editorial “Nós” para proseguir en Bós-Aires a laboura do inesquecible Anxel Casal. Tamén poderíamos contentarnos coa revista “Nós” –órgao da cultura galega- a ver se de paso matábamos a Vicente Risco. En fin; a vosa idea é moi boa e debe levarse adiante. [...] Estou seguro, segurísimo, de que poderíamos crear nas Américas un Partido máis forte, máis numeroso e máis popular que o que tíñamos na nosa Terra.[...] Sigo sospirando por Bós-Aires. Creo que ahí podería facer moitas cousas. O libro do Seminario encol das cruces. O libro encol do problema galego que debo ampriar c-unha segunda parte. Unha obra de teatro galego na que teño moita fé por ser teatro novo capaz de traducción a outras lingoas. Unha Exposición de dibuxos. Conferencias, etc. etc. (Obras. Castelao. Vol. 6. Nº 157. Galaxia. 2000).

Dende Nova York, Castelao escribe a Santiago Álvarez (14 de novembro): [...] pero la causa que defendía el pueblo era justa, el heroismo y el martirio del pueblo no tiene precedentes y ningún otro pueblo podrá superarlo, ese mismo pueblo está siendo masacrado, ultrajado y amordazado por los vencedores sin que el mundo se conmueva siquiera por piedad cristiana.[...] Tú ya sabes que los juncos se doblan para que no los lleve la corriente; pero los juncos están en su sitio y guardan la tierra con sus raíces y con su cuerpo. [...] Pero España y nuestra Galicia principalmente es un enorme juncal. Y el día que las aguas vuelvan a su cauce normal veremos cómo los juncos se alzan como un enorme ejército, cada uno en su sitio, y nos entregan la tierra intacta. [...] te aseguro que nunca fui separatista; pero nunca comprendí tan bien como ahora la necesidad de hacer una política gallega, separada y fuerte, en la que entráramos en armonía de partidos todos cuantos tenemos un ideal común... [...] Pero me duele , eso si, ver a los sinvergüenzas disfrutar de lo que no les pertenece mintras los héroes de la guerra se ven desesperados y a punto de arrepentirse por la inutilidad de sus sacrificios.[...] (Obras. Castelao. Vol. 6. Nº 158. Galaxia. 2000).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Frans Eemil Sillanpää

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen




Morren:

  • Políbio Gomes dos Santos (Ansião; ibídem 1911).





Alfredo Cortês: Bâton.Alves Redol: Gaibéus.


António Nunes (Cabo Verde): Devaneios.


Aquilino Ribeiro: Mónica.


Assis Esperança: Gente de bem.


Branquinho da Fonseca: Teatro.


Euclides da Cunha (Brasil 1866-1909): Canudos, diário de uma expedição.


Fernando Monteiro de Castro Soromenho (Angola): Imagens da cidade de S. Paulo de Luanda e Noite de angústia.


Guedes de Amorim: Aldeia das Águias.


Irene Lisboa: Solidão. Notas do punho de uma mulher.


João de Araújo Correia: Contos Bárbaros.


João Mendes: O profeta do Portugal novo.


José Osório de Oliveira: Retrato de Mousinho e História breve da Literatura Brasileira.


Manuel Teixeira Gomes: Carnaval Literário (memorias).


Miguel Torga: O Quarto Dia da Criação do Mundo (prosa). A raíz da publicación deste libro foi detido pola PIDE a causa das opinións que alí manifestaba sobre a España de Franco, pasando varios meses no cárcere no Aljube de Lisboa. Foi denunciado por Nicolás Franco, embaixador de España en Lisboa.


Pedro Homem de Melo: Segredo (poesía).


Rachel de Queiroz: As três Marias.


Ramada Curto: Consciência.


Tomás Vieira da Cruz (Angola): Vitória de Espanha.


Tomaz Kim: Em cada dia se morre.


Vasco de Magalhães Vilhena: Progresso, história breve de uma ideia.





Cataluña


Nacen:


Morren:

  • Alfons Maseras i Galtés (Sant Jaume dels Domenys; 1939 Tolosa).
  • Joaquim Ruyra (Barcelona; 1858 Girona).


Agustí Bartra exíliase e non regresa até 1970.

Joan Oliver “Pere Quart” exíliase a Francia e Chile regresando no 1948.


Josep Carner reside en Mexico como profesor.


Exilio de Xavier Benguerel.


Mercè Rodoreda emprende o camiño do exilio, primeiro a Paris, despois a Bordeaux e finalmente a Xenebra.


Salvador Espriu: Antígona (teatro).

Flag of Spain

Nacen:





Morren:

  • Antonio Machado Ruiz (Colliure; 1875 Sevilla).





O 1 de outubro ve a luz o primeiro número da revista mensual “Nuestra España” dirixida por Álvaro de Albornoz.

Dionisio Ridruejo: Primer libro de amor. En “El Pueblo Gallego” (2 de abril), figura un soneto a Franco, sen asinar, que pertence a Dionisio Ridruejo. Aparecerá en volume en Poesía en armas (1940).


Enrique Jardiel Poncela: Un marido de ida y vuelta.


Francisco Camba: Madridgrado. Documental film.


Joaquín de Entrambasaguas: La determinación del Romanticismo y otros ensayos.


Jorge Villén: Antología poética del Alzamiento.


José Luis Sampedro Sáez: La estatua de Adofo Espejo.


José María Pemán: Corona de sonetos en honor a José Antonio Primo de Rivera.


León Felipe: El hacha e Español del éxodo y del llanto.


Miguel Hernández: El hombre acecha. Poucas semanas despois de rematar a Guerra Civil intenta escapar cara Portugal, pasando por Sevilla, Cádiz e Huelva, e cruzando a raia en Rosal de la Frontera, chegando a Santo Aleixo e a Moura sendo detido pola policia portuguesa ao intentar vender un reloxo de ouro, regalo de bodas de Vicente Aleixandre. Foi entregado á Garda Civil o 4 de maio.


Ortega y Gasset: Estudios sobre el amor.


Pío Baroja: Laura.


Wenceslao Fernández Flórez: Una isla en el Mar Rojo.






Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Galo Antonio Fernández “Fernán Coronas” (Luarca; 1884 Cadaveu).


  • Joseph Roth (París; 1894 Ucraína).
  • Sigmund Freud (Londres; 1856 Freiberg).
  • Stanislaw Ignacy Witkiewicz (1885 Polonia).
  • William Butler Yeats (1865 Dublín).


César Vallejo (1892-1938): Poemas humanos.

Ciro Alegría: Los perros hambrientos.


Emilio Ballagas: Sabor eterno (poesía).


José Gorostiza: Muerte sin fin (poesía).


Juan Carlos Onetti: El pozo.


Miguel Otero Silva: Fiebre.



Aimé Cesaire: Cahiers d’un retour au pays natal (poesía).


Antoine de Saint-Exupéry: Terre des hommes.


Bertolt Brecht: Das Leben des Galilei (A vida de Galileo) e Mutter Courage und ihre Kinder. (Nai coraxe e mais os seus fillos) (vertida ao galego por Lois Tobío en 1987).


Ernst Jünger: Sobre os cantís de mármore.


Eugenio Montale: Le occasioni (poesía).


Filippo Tommaso Marinetti: Patriottismo insetticida.


Henry Miller: Tropic of Capricorn.


James Joyce: Finnegans Wake.


Jean Rhys: Good morning, midnight.


John Fante: Ask the Dust.


John Steinbeck: The grapes of wrath ( As uvas da ira).


Joseph Roth (1894-1939): A lenda do Santo Bebedor.


Paul Claudel: Jeanne d’Arc au bûcher.


Paul Eluard: Donner à voir.


René Char: Placard pour un chemin des écoliers.


Sándor Márai: A herencia de Eszter.




Tamén sucedeu...

  • Nace o escultor Adolfo Schlosser (Austria; 2004 Madrid).
    Retirada dos republicáns a Francia
  • Manuel de Falla exíliase en Cordoba, Argentina.
  • Mítines de Indalecio Prieto nas nacións da Prata.
  • O 1 de febreiro ten lugar a derradeira reunión das Cortes da República en España.
  • Os republicáns foxen a Francia.
  • Lei de Responsabilidades Políticas: decláranse ilegais os partidos políticos e os sindicatos (9 de febreiro).
  • O Goberno franquista recoñecido por Gran Bretaña e Francia (27 de febreiro).
  • O 28 de marzo as tropas de Franco entran en Madrid.
  • Abril: fin da guerra civil e implantación da ditadura franquista.
  • Amnistía do Goberno franquista aos seus partidarios.
  • Establécense as cartillas de racionamento.
  • Créase o C.S.I.C.
  • A noite dos cristais rotos: Seguidores do nacional socialismo asaltan e destrúen negocios, tendas, escolas e sinagogas xudeas en Berlín. Máis de 90 xudeos foron asasinados.
  • As tropas de Hitler invaden Polonia e comeza a segunda guerra mundial, 1939-1945.
  • Morre no seu exilio londinense Sigmund Freud, creador da psicoanálise (1856 Príbor).