1930

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Basilio Losada Castro (Pobra de San Xiao; 2022 Barcelona).
Carlos Amable Baliñas Fernández (Vilarchán, Cerdedo).
Carlos Mella Villar (A Estrada).
Enrique Massó Bolívar (Bueu; 2015).
Isaac Rielo Carballo (Arcos de Frades, Pol; 2018).
Juan Bautista González “Xoán Martínez Tamuxe” (O Rosal).
Nabor Vázquez Montero (Sande, Cartelle, Ourense; 1990 Madrid). Publicou un único poemario en galego: Door de escumas (Segundo “Diccionario da Literatura Galega de Galaxia”) ou Dona de escumas (segundo “Diccionario de Escritores en Lingua Galega” de Fernández del Riego).
Tomás López López (Dorneda, Oleiros; ibídem 1999).
Uxío Novoneyra (Parada de Caurel; 1999 Santiago).
Xosé María Gómez Vilabella (Montecubeiro, Castroverde).
Outros
O compositor Rogelio Groba Groba (Guláns, Ponteareas; 2023 A Coruña).
O pianista Francisco Javier Ríos Graña “El pianista de la Troya” (Vigo). ?
O escritor José Enrique Barquero Peña (As Neves, Ortigueira). ¿?
O escritor Luis Romay García Arias (Santiago; 2019).
O pintor Alejandro González Pascual (A Coruña; 1993).
O lingüista Carlos Peregrín Otero (Lourenzá).
O fotógrafo Virxilio Viéitez (Soutelo de Montes; ibídem 2008).
O crego, xornalista e político socialista Celso Montero Rodríguez (Quintela de Leirado; 2003 Ourense).
O oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio (A Coruña; ibídem 2023).
O empresario e pianista Ramón Castromil Ventureira (Santiago de Compostela; ibídem 2022).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Ángel Amor Ruibal (Santiago; 1869 San Breixo de Barros, Caldas de Reis).
Eugenio Charlón Arias (Ferrol; ibídem 1889).
Manuel Antonio Pérez Sánchez (Asados, Rianxo; 1900 Rianxo). No nº 270 de “A Nosa Terra” escribe Roberto Blanco Torres o poema “A Manuel Antonio”:


Levárono unha mañán â cova

¿Porqué señor, ti consentiches eso?

Blasfemaban as augas abisales como furias.

Natura estaba muda, irta i-enloitada.

A friage do seu corpo

cinguiu de friage a nosa alma.


Xosé Iglesias Roura (Mera; 1880 Portosín. Nun artigo necrolóxico escribe Eladio Rodríguez González: “Poeta de corazón y de fibra, y gran conocedor de nuestro idioma, que para èl no tenía secretos ni ofrecía dificultades, comenzó por traducir al gallego los más famosos poemas de los principales autores alemanes, italianos, franceses y catalanes y estas traducciones, gustadas solamente por un reducidísimo círculo de amigos a quienes tímidamente las leía, fueron publicadas contra su voluntad en algunas revistas, merced a lo cual pudieron ser admiradas y elogiadas de todos, ya que ninguna desmerecía del original, y aún a veces lo superaban, al ser vertidas al gallego con una pureza de dicción y con un dominio de nuestro léxico, que no suelen poseer todos los que escriben en la lengua nativa”.
Xosé María Lesta Meis (Santa María de Oza; ibídem 1887).
Outros
O poeta Juan Bautista Andrade y Tojedo (1879 Lérez).
O músico Santiago Tafall Abad (Santiago; ibídem 1858).

Publicacións

Galegas

  • O 1 de xaneiro comeza a publicarse en Mondoñedo “ Vallibria ”, “Semanario literario e informativo”, dirixido por Trapero Pardo. O 25 de xullo de 1936 aparece publicado neste semanario un poema en galego de Celestino Cabarcos Suárez, co pseudónimo de “O Bruxo d’os Ermos” que probablemente sexa o primeiro poema publicado en galego despois do levantamento.O primeiro artigo de Álvaro Cunqueiro tamén verá a luz neste semanario, o mesmo que o seu primeiro artigo en galego.Colaboran tamén Iglesia Alvariño, Fernández del Riego, Leal Insua e sobre todo Noriega Varela, a veces co pseudónimo de Rosendo de Padornelo. No número 497, todas as colaboracións literarias están en galego.
  • Nós ” edita As églogas de Virxilio, en galego, traducidas por Avelino Gómez Ledo.
    As églogas do Virxilio.jpg
  • Álvaro Cunqueiro : o 5 de outubro publica “Ben quixera”, primeira colaboración na revista “Vallibria” de Mondoñedo.
  • Álvaro de las Casas : Tres conversas (“O tolo de Lastra”, “Dente de ouro” e “A gavilla”); O outro (A Coruña); Pancho de Rábade (Ourense) e Via Crucis en VI estaciós.
  • Antón Lousada Diéguez : “Encol da prosa galega” (“Nós” núm. 73): “A fala galega ten dereito como todal-as língoas a facer colleita n-o lenguaxe técnico fillo o mais d’el das língoas crásicas adoando as parolas ô seu mesmo xeito. Ningunha fala se chama probe por facer tal achego”.
  • Antón Zapata García : "Eduardo Pondal. Alma, sentimento e libertá da terra galega" (Buenos Aires. Texto da conferencia no Orfeón Español).“A gaita”, poema no nº 277 de “A Nosa Terra”.
  • Antón Villar Ponte : “O que temos que pedir no Día de Galicia e no Día da Universidade”, no nº 275 de “A Nosa Terra”.
  • Aquilino Iglesia Alvariño : Señardá (cincuenta sonetos. O seu primeiro libro de versos). O limiar é unha carta de Julio de Lemos, secretario do Instituto Histórico do Minho.
  • Blanco Amor asina un manifesto nacionalista con Suárez Picallo, Alonso Ríos e outros.

Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña

forxada na Irmandá

e quero ver brilar á lúa d’esa estreliña

hastra chegar cegar.


No 276 “¡Gallego!”.“Sígueme irmán,â miña veira heiche insiñar loitar”.

  • Castelao: As cruces de pedra na Bretaña (Seminario de Estudos Galegos. Santiago. Imprenta Antúnez) e Cousas da vida (63 debuxos. Almanaque do Faro de Vigo para 1931). Castelao recupera vista e publica caricaturas no “Faro de Vigo”.
  • Cristóbal Bermúdez Peña colabora en “A Nosa Terra”.
  • Eugenio Montes Domínguez : Tres contos (Buenos Aires) e Versos a tres cas o neto (A Coruña. Prólogo de Rof Carballo). Deste libro figura en “A Nosa Terra” nº 278 o poema “Brétema”.
  • Froitoso Touza Sergude: colabora en “A Nosa Terra”.
  • José Canedo: "A lingüística e o nazonalismo" (nº 84 da revista Nós).
  • Leiras Pulpeiro : Obras completas. Poesías (recompilación de Antón Villar Ponte. Edit. Nós).
  • Luís Pimentel colabora en verso no semanario republicano lucense “Guión”.
  • Luís Seoane colabora en “Guión” e máis tarde farao tamén en “Yunque”.
  • Manuel Bergueiro : Ollo cos estudantes (estreada en 1932 polos estudantes da Normal de Ourense).
  • Manuel Gulín: “A estadea vingadora”, no nº 268 de “A Nosa Terra”. No 269 “Crudelidade”. No 270 “Diant’a natureza”. No 271 “Un plan de inseñanza”. No 274 “O noso presente”.
  • Odón Fernández Rego: Falas gaias ó meu son (poemas; Buenos Aires).
  • Rafael Dieste : Viaje y fin de don Frontán (Editorial Niké. Traducida ao galego no 1982 por Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes).
  • Ramón Otero Pedrayo : Arredor de si (A Coruña. Recensión en “Grial” nº 31, páx. 115 e “Grial” nº 52, páx. 260) e Vidas non paralelas. Colabora en “A Nosa Terra” na sección “Esquemas e lembranzas”: No nº 268 de “A Nosa Terra”: “Enxebrismo ó rivés”. No 269: “O celta sin nome”. No 270: “O fracaso da toga” e “O mapa da Galiza”. No nº 274: “O día da Galiza”. No 277 “O perdón”.

Arredor de si, unha das novelas máis relevantes da literatura galega do século XX, narra o difícil camiño da procura da propia identidade do seu protagonista, Adrián Solovio (en certo modo, unha imaxe de Ramón Otero Pedrayo e os seus compañeiros galeguistas), polo que foi interpretada tradicionalmente como a crónica da formación e experiencia intelectual do grupo Nós. Para alén disto, a novela ofrece outras posibilidades de lectura que fan que continúe a ser unha obra suxestiva pois, a partir do relato desa viaxe espacial e intelectual de Solovio, o relato lévanos da man a través dun proceso de reflexión e análise que nos obriga a reflectir sobre que é o que define unha identidade nacional. (Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Diario “Nós”, 18/05/2021).

  • Salvador Cabeza de León: Notas dun preito antre os veciños de varias freiguesías na xurisdicción de Noia e o Arcebispo de Sant-Yago sobre o aproveitamento dunha balea botada polo mar en 1577. No nº 274 de “A Nosa Terra”: “Política do Seminario de Estudos Galegos”.
  • Vicente Risco : El problema político de Galicia (Compañía Ibero-Americana. Madrid). Viaxa a Alemaña para seguir un curso de Etnografía na Universidade de Berlín. Segundo Carlos Casares “Os catro meses que o escritor galego pase en Centroeuropa serán decisivos de cara á evolución do seu pensamento, que a partir de entón se irá correndo cara a posicións abertamente conservadoras e que desembocará no compromiso moral cos sublevados en xullo de 1936”. (Para ler a Vicente Risco. Carlos Casares. Galaxia 1997).

No nº 268 de “A Nosa Terra”: Bon ani-novo, irmaus!: “Sempre, pro mais que nunca, agora: sempre, pro mais que nunca n-iste día e n-esta hora, compre que nós, os patriotas galegos, nos adiquemos a unha propaganda constante das nosas ideias”. No nº 269 de “A Nosa Terra” (1 de febreiro), escribe: “A Ditadura finou, e veu un novo goberno que semella ir cara o restabelecimento das liberdades púbricas. Sen aderírmonos a íl, nen aprobalo d’adiantado, -nós non podemos acatar de curazón ningún goberno que non recoñeza d’algún xeito a persoalidade de Galiza-…”.

No 270: “O choc-en-retour”. “É consolante de certo esta fame e sede de liberdade e democracia que pode indicar fame e sede de justiza- e iste noxo contra dos poderes persoales e extralegales”.

  • Víctor Casas : colabora en “A Nosa Terra” no apartado “Faíscas” e “Do momento”.
  • Xosé Francisco Lesta Meis : Abellas de ouro (13 retratos, con ilustracións de Álvaro Cebreiro). “O Melro”, no nº 274 de “A Nosa Terra”.
  • Xosé María Chao Ledo (1844-1894): Poesías en gallego y castellano de don José María Chao Ledo, recopiladas y editadas por el Centro Villalbés de Buenos Aires (oito composicións en galego e biografía do autor tamén en galego feita por Eduardo Lence-Santar).
  • No número 8 da revista “ A Fouce ” (15 de marzo) aparece o seguinte decálogo que a sintetiza:

I Independenza de Galiza.

II Autonomía municipal.

III Oficialidade do idioma galego.

IV Igualdade de direitos civís e políticos pr’a muller e pr’o home.

V Representación proporcional e non elixibilidade dos que non rindan función útil pr’a colectividade.

VI Sustantividade do dereito foral galego.

VII A terra pr’os que a traballan libre de gravames.

VIII Repoboación forestal forzosa.

IX Entrega a particolares das terras incultas do Estado.

X Libre cambio.

Relativas a Galicia

  • Alberto Insúa: El amante invisible.
  • César Alvajar: Voces al viento.
  • Enríque Estévez Orega: El arte gallego (Barcelona).
  • Horacio Ruíz de la Fuente estrea na Coruña El Jardín secreto.
  • José Signo, xornalista, realizador e guionista de La tragedia de Xirobio, sobre textos de Castelao.
  • Juan Bautista Andrade y Tojedo: Diana de gaita (Espasa-Calpe. Madrid).
  • Julio Ballesteros Curiel: Verbo dos arginas, Xerga-latín de los canteros.
  • Matías Usero Torrente: Democracia y cristianismo (Valencia).
  • Manuel Linares Rivas: Sancho Avendaño.
  • Modesto Grandío Parapar: Crepuscular. Ensayos poéticos (Lugo).
  • Pablo Pérez Costanti: Diccionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII (Santiago).
  • Roxelio Rodríguez Díaz: La voz del corazón.
  • Victoriano García Martí: La tragedia del caballero de Santiago (novela).
  • Xulio Sigüenza: Galicia cara y cruz.( Montevideo). No nº 279 de “A Nosa Terra” (1 de xaneiro de 1931) aparece traducido un capítulo.
  • En Lugo (marzo), créase a revista “¡Ahora!”, Semanario Republicano, dirixido por Avelino López Otero e no que participaba Fole , que asinaba unha sección anticlerical chamada “Almanaque compostelano” co pseudónimo Troitiño. En maio a revista ten que cambiar o nome polo de “Guión” (chegará a maio de 1931).
  • Publícase en Mondoñedo unha folla co título de “Galiza”, con poemas galegos de Cunqueiro, Bouza Brey, Carballo Calero, Blanco Amor, Otero Espasandín, Euxenio Montes, Amado Carballo, Manuel Antonio... Sairán 4 números ata outubro de 1932.
  • A Irmandade Galeguista de Ourense, co gallo do Día de Galicia, publica o folleto en galego “Día de Galicia”.
  • Dirixido por Ricardo Outeiriño , sae en Ourense, no mes de outubro “Heraldo de Galicia”, subtitulado “Semanario de los lunes” e que pode considerarse continuador do “Heraldo orensano”, que saiu entre o 15 de abril e o 13 de outubro de 1930 e que tivo como colaboradores a Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Ángel Sevillano, Xosé Ramón e Fernández Oxea, Eleuterio González Salgado e Noriega Varela. O Heraldo de Galicia, que tiña un consello de redacción composto por Vicente Risco , Florentino Cuevillas e Ricardo Outeiriño , desaparece en xullo de 1936.
  • Na Coruña, publícase “El Momento”, subtitulado “Diario independiente” (Só sairán 14 números, entre o 26 de febreiro e o 13 de marzo). Nel colaboran Álvaro Cebreiro, Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco…).
  • O 4 de maio sae en Ourense o primeiro número de “La República”, semanario que é “Órgano da Federación Republicana de Orense”. Estivo dirixido por Jacinto Santiago e logo por Roberto Blanco Torres . Unha presencia moi importante na revista foi a do artista e escritor Cándido Fernández Mazas (1931).
  • Antón Alonso Ríos funda o 7 de decembro o semanario “Galicia. Órgano oficial de la Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina”. Ten como lema a frase de Curros “falareilles da patria aos desterrados, de liberdades e redención aos servos”.
  • Rafael Dieste, Maside, Espasandín, García Sabell etc, asinan un manifesto na revista “Nueva España”, contra a representación que da xuventude galega se atribúe E. Montes.
  • Desaparece en Mondoñedo a revista “Acción Social” (1/XI/1918).
  • No nº 273 de “A Nosa Terra” hai un artigo asinado por S. Mosteiro, co título de “O problema tuberculoso en Galicia no que fala dun libro sobre o tema, que publicou o doutor Peña Novo: “A tuberculose causa en Galicia oito mil cento sesenta e tres defunciós ao ano; diariamente 22,36 e aproximadamentes, unha cada hora”. Neste boletín, no nº 276 aparece o artigo “A supresión da censura”: “A prensa hespañola está xa libre da opresión tortuosa da previa censura. “A Nosa Terra” ten sufrido verdadeiros martirios nos sete anos noxentos en que o seu pensamento tivo que ficar sometido a aquel suplicio. […] Desaparecida a censura temos mentes de facer que o noso boletín volte a pubricarse quincenalmente”.
  • Publícase en Madrid, na Editorial Renacimiento Antología de poetas y prosistas españoles na que aparecen dous poemas de Rosalía de Castro “Yo no sé lo que busco eternamente” e “Una vez tenía un clavo”, este último tradución do escritor e periodista José Montero Alonso, que é tamén o autor do prólogo.

Acontecementos

  • O 5 de xuño Antón Zapata García pronuncia no Orfeón Español de Buenos Aires a conferencia que publicaría máis tarde: “Eduardo Pondal. Alma, sentimento e libertá da terra galega”.
  • O 25 de xullo conflúen en Vigo, na chamada xuntanza da Barxa, uns 300 simpatizantes do nacionalismo galego entre os que estaban Otero Pedrayo, Gómez Román, Enrique Peinador Lines, Ánxel Casal, Castelao e Núñez Búa. Cabanillas declama un poema que comeza:“¡Irmáns na causa!¡ Os tempos son chegados! Nestora de baril rexurdimento, xa despertou a aldeia! xa canta o auriol”.
  • A ORGA, con Casares Quiroga á cabeza promove o “Pacto de Lestrove”, que se asina o 26 de marzo, onde se crea a Federación Republicana Galega. O Partido Radical está representado por Abad Conde. Suárez Picallo institúe en Buenos Aires a filial de ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma).
  • Constitúese a Asociación de Escritores Galegos, en Ourense, presidida por Otero Pedrayo .
    Sinatura de R. Otero Pedrayo
  • Carballo Calero pronuncia o discurso de apertura de curso na Universidade en representación de todos os estudantes: “En esta hora jubilosa en que parece que los pueblos que integran el Estado español acusan con más relieve que nunca su afán de personalidad y su ansia de vida propia, la clase escolar gallega auténtica cree cumplir un deber ineludible solicitando por mi boca la galleguización de su Universidad”.
  • VI Asemblea Nacionalista na Coruña o 26 e 27 de abril mediante convocatoria das Irmandades da Fala. En carta de Castelao a Otero Pedrayo dise o seguinte: “Do que pasou na Asamblea da Cruña é mellor non falar. Todo aquello era unha vergonza: nin ideas finas, nin sentimentos erguidos, nin verbas novas, nin máis ideal que o pseudoideal da república española… O Risco foi un presidente detestable, sen migalla de malicia para guial-a discusión”. (GRIAL, nº 205).
  • Fúndase en Vigo o Grupo Autonomista Galego.
  • Fole ten unha tertulia en Lugo, na súa casa do Carril dos Loureiros, que era a sede do chamado “Clan dos lunáticos”.
  • Luís Pimentel casa en Mondoñedo con María Pilar Cayón Fernández coa que se instala na rúa Bispo Aguirre de Lugo.
  • Lois Tobío pronuncia unha conferencia no “Romanisches Seminar” da Universidade de Berlín.
  • Segunda exposición de Seoane , no local “Café Español”.
  • Colmeiro empeza a investigar no campo da abstración, a pintura mural e o simbolismo peculiar.
  • A intelectualidade galega rende unha homenaxe en Ourense a Blanco Torres como acto de solidariedade pola condena imposta o ano anterior polos tribunais de Madrid na querela con Portela Valladares .
  • En maio, Vicente Risco recibe unha pensión para estudar etnografía e folclore en Alemaña, emprendendo viaxe o 14 deste mes. Aquí nacerían as crónicas “Da Alemaña” e “Mitteleuropa” que iría enviando á revista “Nós” dende xullo. Segundo Carlos Casares en Para ler a Vicente Risco (Galaxia 1997) vemos nelas a “un home conservador, católico intransixente, antimarxista, inimigo da civilización moderna e timorato” (páx. 67).
  • Nunhas declaracións que Unamuno lle fai en Salamanca a un xornalista portugués: “También dicen que el gallego es una forma del portugués, y no es así. No hay lenguas madres, hay lenguas que se forman paralelamente”. “Yo soy el primero en defenderlas contra la violencia. Admito el suicidio; pero no admito el crimen. Pienso, en tanto que Cataluña. las Vascongadas, Galicia, sólo pueden ganar, en su propia expresión regional, si adoptan francamente el castellano. No es justo que nos defendamos con una vieja espingarda cuando nos hacen fuego con un mauser”. (Alexandre Rodríguez Guerra: Miguel de Unamuno e a lingua galega; tresCtres, 2002, páx. 59).
  • O 25 de setembro, asínase o Pacto de Barrantes, no que Portela Valladares intenta -sen conseguilo- agrupar a galeguistas e republicanos na procura dalgunha concesión de tipo autonomista do moribundo goberno da monarquía. Entre os 25 asistentes, estaban Castelao, Paz-Andrade, Otero Pedrayo, Cabanillas; Basilio Álvarez, Armando Cotarelo, Ramón Fernández Mato e Bal y Gay.
  • Nace F.R.G.A (Federación Republicana Gallega Autónoma).
  • Poboación activa de Galicia:

- Agricultura e pesca: 597.132

- Industria: 134.069

- Servizos: 183.081

- O 88,4% da poboación galega vive en núcleos de menos de mil habitantes.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

VI Asemblea Nacionalista na Coruña o 26 e 27 de abril mediante convocatoria das Irmandades da Fala. En carta de Castelao a Otero Pedrayo dise o seguinte: “Do que pasou na Asamblea da Cruña é mellor non falar. Todo aquello era unha vergonza: nin ideas finas, nin sentimentos erguidos, nin verbas novas, nin máis ideal que o pseudoideal da república española… O Risco foi un presidente detestable, sen migalla de malicia para guial-a discusión”. (GRIAL, nº 205).

O 3 de xaneiro Castelao escribe a seu pai Mariano Rodríguez Dios: [...] "Yo estoy aplicándome el tratamiento que ma ha indicado el oculista de París. Unas inyecciones que me estoy aplicando (una por semana) me producen un gran malestar. Alguna de ellas me hizo quedarme dos días en cama. Como se trata de un medicamento que se dá en dosis progresivas y yo he llegado al máximo supongo que en adelante ya no me harán el mismo efecto que hasta aquí [...]. (Obras. Castelao. Vol. VI. Galaxia 2000).

Sumarios

Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega.



Nº 73 (xaneiro).

E. Blanco Amor: Noite. A. Lousada Diéguez: Encol da prosa galega. Castelao: Dúas lendas. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Folk-lore da aldeia de Caneda, concello de Monforte de Lemos (por Xesús Rodríguez). Os homes, os feitos e as verbas.


Nº 74 (febreiro).

George Chenneviere: Pamir (trad. de R. O. P.). Vicente Risco: O señor feudal (debuxo de Xorxe Lorenzo). Catálogo dos castros galegos (pubricado pol-a seizón de Prehistoria do “Seminario d’Estudos Galegos de Sant-Yago). Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 75 (marzo)

A. Lousada Diéguez: A sinificación profunda do galeguismo. Mário Cardozo: Jóias arcaicas encontradas em Portugal. Xosé Filgueira Valverde: Duas notas: a Biblioteca Lago. Kingsley Porter. Os homes, os feitos, as verbas: “Unamuno e as linguas peninsulares”: “El Pueblo Gallego reproduciu, non sabemos con que fin, unha conversa que un jornalista portugués sostivo con Don Miguel de Unamuno, na qual o apaixoado filósofo, fidel n-isto ao seu pensamento imperialista e absorvente de castelán d’adopción, decrárase nemigo das lingoas regionás. E aínda do propio portugués…”.

Nº 76 (abril).

Ricardo Carballo: Cançón das lavandeiras. Ramón Otero Pedrayo: Vidas non paralelas (proseguimento). Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: “Folk-lore da aldeia de Caneda, Concello de Monforte de Lemos”. Os homes, os feitos, as verbas.

Nº 77 (maio).

Correa Calderón: Peisaje. Antonio Fraguas Fraguas: O entroido nas terras do Sul de Cotobade. Ramón Otero Pedrayo: Vidas non paralelas (proseguimento). Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: “Folklore da Freguesía de San Miguel de Paradela (Lugo)”. Os homes, os feitos, as verbas.

Nº 78 (xuño).

Amador Villar Amor: As chancas de Rosa. Tenente Afonso do Paço: Pesos de rêde e chumbeiras. Ramón Otero Pedrayo: Vidas non paralelas (proseguimento). Os homes, os feitos, as verbas.

Nº 79

(Día de Galicia).

Bouza-Brey: Trova das sete naos. Castelao: Sant’Iago na Bretaña. Fernández Mazas: Gorigori do tempo. Álvaro de las Casas: Pancho de Rábade. Ramón Otero Pedrayo: As águias do Imperio i-a Barca Apostólica. Xosé Filgueira Valverde: A Duquesa de Chevreuse en Santiago. Roberto Blanco Torres: Meus cabalos. F. Bouza Brey: Materiaes de Prehistoria Galega. Os machados de talón de Noalla. Vicente Risco: Da Alemaña I A Viaxe. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 80 (agosto).

O Día da Galiza. Ramón Otero Pedrayo: A siñificación espiritoal do Día da Galiza (discurso). Alfonso R. Castelao: O Galeguismo no arte (discurso). V. Paz Andrade: A nosa definición autonomista (discurso). Tenente Afonso do Paço: Pesos de rêde e chumbeiras (ilustraciós). A perda d’un veterano do galeguismo, Euxenio Charlón = bondade e enxebreza. Os homes, os feitos, as verbas: “Ao final xa está legalmente constituída a “Asociación de Escritores Gallegos” qu’era unha das orgaizaciós mais percisas na nosa terra. Elementos sinaladísimos da nosa inteleitualidade xuntáronse en Ourense, nomeando a seguinte directiva:

Presidente: Ramón Otero Pedrayo.

1º Vice: Antón Vilar Ponte.

2º Vice: Alfonso R. Castelao..

3º Vice: Antón Noriega Varela.

Segredario Xeral: Álvaro de las Casas.

Vice: C. Fernández Mazas.

Tesoureiro: Vicente Risco

Contador: Roberto Blanco Torres.

Bibriotecario: Xacinto Santiago.

Vocaes: Valentín Paz Andrade, Rafael Dieste, Xesús Bal e Gai, P. Rodríguez Sanxurxo, Florentino López Cuevillas e F. Fernández Armesto.


Nº 81 (setembro).

Ramón Cabanillas: Poesía. Armando Cotarelo Valledor: A mocedade do P. Feixóo (1676-1709). Arturo Noguerol Buján: Notas políticas. Ramón Otero Pedrayo: Notas encol do sentimento da paisaxe n’ antiga epopeya irlandesa.Vicente Risco: Da Alemaña. Álvaro de las Casas: Roteiros lírecos, Ribadavia.

Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 82 (outubro).

Bouza-Brey: Temas en corazón. Armando Cotarelo Valledor: Cancioeiro da agulla. Filgueira Valverde: Parábola dos catro mestres canteiros.

Álvaro de las Casas: Roteiros lírecos. Allariz. Vicente Risco: Da Alemaña. Os homes, os feitos, as verbas

Nº 83 (novembro)

Manuel Bouzo: As cancelas do mar (poesía). Manuel Fernández Castas: Notas en col do asturiense na bisbarra d’ A Guardia. J. Canedo. Libredón e a súa historia. Vicente Risco: Da Alemaña. Os homes, os feitos, as verbas: Castelao na Bretaña.

Nº 84 (decembro).

Noriega Varela: Sonetos (trad. de Guido Battelli). A. Gómez Ledo: Virxilio en galego. J. Canedo. A lingüística e o nazonalismo. Phileas Lebesgue: O camiño de Sant’Iago. Armando Cotarelo Valledor: Cancioeiro da agulla. Os homes, os feitos, as verbas.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Sinclair Lewis

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen








Morren:

  • António Patrício (Macau; 1878 Porto).
  • Bernardo de Passos (1876 São Brás de Alportel).
  • Florbela Espanca (Matosinhos; 1894 Vila Viçosa).
  • Raúl Brandão (Lisboa; 1867 Foz do Douro).








O 1 de febreiro, no nº 75 da revista de Madrid, “La Gaceta Literaria” José Régio publica un ensaio sobre António Botto.

Branquiño da Fonseca e Miguel Torga fundan a revista Sinais.


Miguel Torga sepárase da revista Presença (1927).


Fernando Pessoa recibe en Lisboa o 2 de setembro ao mago e satanista inglés Aleister Crowley co que mantiña correspondencia. O 25 de setembro desaparece de xeito misterioso na “Boca do Inferno” en Cascais. O 5 de outubro o xornal “Notícias Ilustrado” publica as declaracións de Fernando Pessoa sobre a desaparición de Crowley. Ramón Gómez de la Serna, en Automoribundia, definía este sitio como “el lugar donde se escucha hacer gárgaras a las olas lunares”.


Agostinho da Silva: A religião grega.


Aquilino Ribeiro: O Homem que Matou o Diabo.


Augusto Frederico Schmidt (Brasil): Passaro cego (poesía).


Augusto Gil: Rosas desta manhã.


Bernardo de Passos: A árvore e o ninho.


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Alguma poesia.


Edmundo de Bettencourt: O momento e a legenda.


Eça de Queirós (1845-1900): A Tragédia da Rua das Flores.


Fausto José: Planalto.


Ferreira de Castro: A selva.


Florbela Espanca: Charneca em flor.


Manuel Bandeira (Brasil): Libertinagem (poesía).


Manuel Rodrigues Lapa: na revista “Seara Nova” o estudo “Os vilancicos: O vilancico galego nos séculos XVII e XVIII”.


Miguel Torga: Rampa (Asinado aínda co seu nome Adolfo Rocha). O 6 de xuño, Fernando Pessoa envíalle unha carta que recolle en castelán César Antonio Molina en Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa de Edit. Akal. Madrid 1990 Páx. 199 na que lle agradece o envío dun exemplar do libro. “… Me gustó. Su sensibilidad es la misma que la de José Régio, se confunde ella misma con la inteligencia. Lo que todavía puede llegar a perfeccionarse es el modo de hacer uso de esa sensibilidad. Hay que separar más a los dos elementos que naturalmente la componen; o confundirlos todavía más (…) Intelectualmente –y por tanto, artisticamente- hablando (el arte no es más que una manifestación distraída de la inteligencia), la sensibilidad es el enemigo. No el enemigo que se nos opone, como en la guerra, sino el enemigo al que nos oponemos, como en el amor. Hay que vencer, entonces, no por aniquilamiento, sino por seducción o dominio. Convocar la sensibilidad dentro de la casa de la inteligencia; o hacer a la inteligencia que monte la casa ajena a la sensibilidad. ¿Imágenes? Como el universo…”.


Pedro Cardoso (Cabo Verde): Hespérides.


Rachel de Queiroz (Brasil): O quinze.


Raul Brandão: Portugal Pequenino (viaxes).








Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Miguel Ventura Balañá (Madrid; 1878 Reus).
  • Narcís Oller (1846 Valls).

Antoni Rubió i Llunch: Del nombre y de la unidad literaria de la lengua catalana.


Carles Riba: Segon llibre d‘Estances.


Francesc Trabal: Judita.


Josep Maria López-Picó: Represa de la primera ofrena.


Josep Pla: Frances Cambó (1928-1930).


Josep Sebastià Pons: L´aire i la fulla (poemas).


Víctor Català: Contrallums (novela).


Xavier Benguerel: La vida d‘Olga (novela).

Flag of Spain


Nacen:








Morren:

  • Gabriel Miró (Madrid; 1879 Alicante).








D’Ors: Pablo Picasso.


García Lorca: Poeta en Nueva York e La zapatera prodigiosa.


Jacinto Grau: El burlador que no se burla.


José Bergamín: El arte de birlibirloque.


Juana Ibarbourou: La rosa de los vientos.


Manuel Machado: La Lola se va a los puertos.


Rafael Alberti: El hombre deshabitado (teatro).


Ramón J. Sénder: Imán.


Wenceslao Fernández Flórez: Los que no fuimos a la guerra.







Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • Alfredo R. Placencia (1873 México).
  • José Carlos Mariátegui (Lima; 1894 Moquegua).


  • Arthur Conan Doyle (1859 Edimburgo).
  • David Herbert Lawrence (Vence, Francia; 1885 Eastwood, Reino Unido).
  • Vladimir Vladímirovich Maiakovski suicídase en Moscova (1893 Georgia).

Agustín Vera: La revancha.

Gustavo Martínez Zuviría " Hugo Wast": 15 días sacristán. Nesta obra narra a viaxe a Galicia do bispo de Temnos, cidade de Anatolia, Miguel de los Santos De Andrea. A viaxe comeza en París o 31 de xullo de 1928 e remata o 16 de setembro co regreso en tren dende Vigo a Francia.


Miguel Ángel Asturias: Leyendas de Guatemala.


Nicolás Guillén: Motivos de son (poesía).


Raúl González Tuñón: La calle del agujero en la media (poesía).




Bertolt Brecht: Die Ausnahme und die Regel (A excepción e a regra).


Dashiell Hammett: The Maltese falcon.

The Maltese Falcon (1st ed cover)


Frédéric-Louis Sauser «Blaise Cendrars»: Ron.


Gabriel Chevallier: La peur.


Halldór Laxness: Poemas.


Hermann Hesse: Narciso e Goldmundo.


John Dos Passos: Paralelo 42.


Liam O’Flaherty: Two years.


Papini: Gog.


Paul Claudel: Le soulier de satin (teatro).


Paul Eluard: L‘Inmaculée Conception (en colaboración con Breton).


Robert Musil: O home sen atributos (1930-1942).


Stanislaw Ignacy Witkiewicz: Insaciabilidade.


Thomas Mann: Mario e o mago.


William Faulkner: As I lay dying (Mentras agonizo).



Tamén sucedeu...

  • Nacen:

- O pintor Antonio Saura (Huesca; 1998 Cuenca).

- O sociólogo francés Pierre Bourdieu (2002).

- O astronauta Neil Armstrong (Wapakoneta, Ohio; 2012 Columbus, Ohio).

- O director de cine Jean-Luc Godard (París; ibídem 2022).

  • CINE:

- Aleksandr Dovzhenko :A terra en torno á vida do campesiñado ruso.

- Luis Buñuel :La edad de oro. Obra máis sobranceira do superrealismo cinematográfico.

- A comisión de censura prohibe en París a proxección de L’âge d‘or de Dalí e Luis Buñuel .

- Josef von Sternberg :O anxo azul.

  • Pablo Gargallo : “Buey vasco”.
  • O compositor José Serrano Simeón : “La Revoltosa”.
  • Dimite Primo de Rivera . O rei Alfonso XIII encarga a xefatura de goberno ao xeneral Dámaso Berenguer : comeza a etapa popularmente coñecida como “ dictablanda”.
  • Pacto de San Sebastián entre as forzas republicanas do país. Por Galicia acude á reunión Santiago Casares Quiroga .
  • Fracaso dun pronunciamento republicán en Jaca . Os capitáns Galán e García Hernández, executados.
  • O censo deste ano rexistra unha poboación en España de 23,5 millóns de persoas.
  • O nazismo instálase no poder en Alemaña.
  • Golpe de estado militar en Argentina.
  • Os ingleses deteñen a Gandhi .
  • México nacionaliza o petróleo.
  • Celébrase en Montevideo o Primeiro Campionato Mundial de Fútbol.
  • Leónidas Trujillo inicia a súa ditadura en Santo Domingo coa axuda dos Estados Unidos. Comprométese a garantir os intereses das compañías azucreiras norteamericanas instaladas no país.
  • Nos Estados Unidos hai un coche por cada 1,3 fogares.
  • Morre en Córdoba o pintor Julio Romero de Torres (1874 Córdoba).