1918

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Agustín Magán Blanco (Santiago de Compostela; ibídem 1998).
Arturo Romaní García (Anido, Muros; ¿?).
Luís Almazán Lucas (Pontevedra; 1995 Marín).
Marcial Suárez Fernández (Allariz; 1996 A Coruña).
Maruja Pino Piñeiro (Ponteareas; 2010 Madrid).
Pura Vázquez Iglesias (Ourense; ibídem 2006).
Xosé Conde Fernández (Barbantes; 1990 O Porriño).
Outros
O xornalista Pedro de Llano López “Bocelo” (A Coruña; ibídem 1998).
O escritor Jaime Ferreiro Alemparte (O Carballiño; 2000 Frankfurt).
O compositor Antonio Iglesias Álvarez (Ourense; 2011 Madrid).
A pintora Gloria de Llano (A Coruña).
O pintor Antón Rivas Briones (Madrid; 2004 Vilagarcía de Arousa).
Francisco Fernández Rodríguez, coñecido no mundo das artes como “Lavandeira” (Barcia de Mera, Covelo, Pontevedra)
O compositor Daniel Quintas Calvo (Vigo; 2001).
O músico Rafael Vázquez Sebastiá (A Coruña).
O novelista Ángel Oliver Villar (Ferrol; 2014 Cartagena).
O escritor e periodista Emilio Merino Losada (Santiago; 2004 A Coruña).
O director de cine Amando de Ossorio Rodríguez (A Coruña; 2001 Madrid).
Josefina González Cudeiro, colaboradora de Antonio Seoane e José Gómes Gayoso na loita antifranquista (Ourense; 2012 A Coruña).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Bernardo Bermúdez Jambrina (Avilés; 1887 A Coruña). Actor, morre aos 30 anos nun accidente en Avilés. No nº 47-48 do 10 de marzo, “A Nosa Terra” trae o artigo “Lembrando a Jambrina. O noso homenaxe” acompañado do poema do actor “Canto d’o berce”, dedicado a Chané.
José Pérez Ballesteros (A Coruña; 1833 Santiago).
Outros
O escritor Camilo Cancio Quindós (Vigo; 1884 A Fonsagrada).
O debuxante José María Cao Luaces (Buenos Aires; 1862 Cervo).
O político Lois Porteiro Garea (Santiago; 1889 Lugo). No nº 73-74 de “A Nosa Terra” (5 de decembro), figuran poemas dedicados a el de Ramón Cabanillas, Victoriano Taibo e Gonzalo López Abente. O de este último remata así:

“Hoxe un pino caéu, barudo e forte,

un valente morréu,

pro a sua idea vencerá da morte,

que unha terra fecunda a recolléu”.


Manuel María Puga y Parga “Picadillo” (A Coruña; 1874 Santiago).
Lino Pérez Lastres, un dos pioneiros da exhibición cinematográfica en Galicia (1860).
O compositor Felipe Paz Carbajal (Noia; 1850 Pontevedra).

Publicacións

Galegas

  • Alfonso Carballo Rey: colabora en “O Tío Marcos d’a Portela” con “ O homenaxe a Lamas Carvaxal” (31 de maio).
  • Antón Losada Diéguez : En “O Tío Marcos d’a Portela”:“Valentín Lamas Carvaxal”, (31 de maio). “Manolo Quiroga” (21 de xuño).

No nº 59 de “A Nosa Terra” (30 de xuño): “O gran artista é dos nosos. Manolo Quiroga”. No nº 61 no apartado de “A Nosa Terra” “Traduciós ao noso idioma de notabres poesías” fai a tradución de “A folla”, poesía francesa de A. V. Arnault e de “Soneto XV de la vita nuova” de Dante.


Nunha conferencia (28 de xullo) fai referencia ao “género chico”, un subxénero da zarzuela: “ Foise metendo na y-alma do pobo, de cuaseque todo-l-os gallegos, que o falar gallego é falar mal y-o falar castelao era falar ben, non a ideia de que fosen duas cousas diferentes, duas linguas, senón a ideia tiránica, a ideia asoballante de que o gallego é un defeito do castelao, un probe dialeuto de xente encollida e malpocada, ideia espallada po-l-os periódicos de Madrí e po-l-a literatura noxenta d’o género chico de teatro, contos. (Carlos Callón, O libro negro da literatura galega (Xerais 2022).

  • Antón Rey Soto : “Como falan os nosos”, en “O tío Marcos d’a Portela”, (21 de agosto). “A voz d’un poeta” (21 de decembro). En “A Nosa Terra” publica “A voz d’un poeta” no nº 62.
  • Antón Villar Ponte : “Serán e noite”, poema en “A Nosa Terra” nº 52. “Esencias do idearium galeguista” no nº 60. “Don Leopardo e os Hugonotes” no nº 64.
  • Antonio Noriega Varela : “Lamas Vía”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 31 de maio. O 7 de agosto aparece un poema seu que comeza “Pra qu’a inerme probeza, qu’os montes pasa”.

No nº 72 de “A Nosa Terra”: “¡En nome de Xesús!”.

  • Antonio Valcárcel López : “A Lamas Carvaxal”, en “O tío Marcos d’a Portela”, (31 de maio). “O porto”, (7 de outubro). “Na morte de Portriro” (21 de novembro).

No nº 51 de “A Nosa Terra” (10 de abril de 1918), xunto ao poema seu “A alma d’as frores” di “do libro próisimo a pubricar, Poesías, que no “Diccionario de autores” de Galaxia aparece como publicado no 1917. No nº 52 “Miñas envexas”. No 54 “Musitaciós”. No 55 “O porto”.

  • Ánxel Espiñeira Otero: colabora en “O tío Marcos d’a Portela” (21 de setembro) coa composición “¡Miña naiciña…!”.
  • Arturo Noguerol no parrafeo 35 de “O tío Marcos d’a Portela”, (21 de xullo) recolle unha “Proposición de lei qu’eu suscribiría pro réximen agricola de Galicia”. Consta de oito artigos. O primeiro di “Estará esento d’o pago d’a contribución territorial o pai de familia que viva solamentres d’a agricultura e que unido o seu capital c’o d’a muller y-os fillos suxetos a sua potestá non posea mais de dous ferrados en sembradura de terra”. No parrafeo 38 do 7 de setembro: “A nosa política”.
  • Asieumedre ” (Manuel Lugrís): “O primeiro sangue”, en “O Tío Marcos d’a Portela”, (7 de xaneiro). “A libertade ( 20-21 de xaneiro). “¡Boa proteición! (7 de febreiro). “¡Bótelle terra! (21 de abril). “O xiro do sancristán” en “O Tío Marcos d’a Portela”, 7 de maio. “Entre compañeiros” (21 de xuño). “Os lobos” (21 de agosto). “O escarmento” (21 de outubro). “O aforrón” (7 de decembro). “O vimbio e mail-o pino” (21 de decembro).
  • Avelino Rodríguez Elías : “Ó fin gallego”, en “O tío Marcos d’a Portela”, (7 de xaneiro). “A bandeira gallega” e “Unha yalma en pena”, (20-21 de xaneiro). “O pai noso” (21 de febreiro). “O xordo que mais oiu” (7 de marzo). “Outro churruchao” (7 de abril). “A terceira”, 21 de abril. “Como se pilla un xordo” (7 de maio). “O noso Moisés” (31 de maio). “O refaixo da vella” (21 de xuño).“O cariño de Marcelo” (7 de agosto). “Visita de pésame” (21 de setembro). “O bó non é caro” (7 de decembro). “A sede d’un pradicador” (21 de decembro). “A verdá” (nº 54 do 10 de maio); “¡Atrás!” no nº 64. No nº 79 o poema “Os cadeliños”. No nº 73-74 “O Miño”. No 76 o conto “O castigo dos parvos”.
  • Benito F. Alonso : “Valentín Lamas Carvajal”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 31 de maio.
  • Cabo Pastor: colabora en “A Nosa Terra”.
  • Carlos C. Alvarellos: “Páxinas d’o momento” en “O tío Marcos d’a Portela”, 21 de marzo.
  • E. Mal de Vizoso intervén en “O Tío Marcos d’a Portela” (7 de agosto) con “Canto de libertá”.
  • E. Varela colabora en “O tío Marcos d’a Portela” (7 de xullo) con “Verbas sinxelas. ¡Que perda…!”.
  • Eduardo Neira Mármol: colabora en “O tío Marcos d’a Portela” con “O poeta cego” (31 de maio).
  • Eduardo Rodríguez Lema: “V. Lamas Carvaxal”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 31 de maio.
  • Eladio Rodríguez González : “Vidas mortas”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 21 de maio. “A musa aldeana” (31 de maio). “Nobre apóstol das novas ideas…”, (21 de novembro). En “A Nosa Terra” (nº 43): “As torres d’Altamira”. No 44 Pintores d’almas: “Madariaga”; no 45 “Bello Piñeiro”. No 63 “Imeldo Corral”. No nº 50 “A terra nai”. No 63 “Cobizo”, pra Manolo Quiroga.
  • Emilio Canda Adán : colabora en “O tío Marcos d’a Portela” con “Xuicios crítecos” (21 de decembro).
  • Evaristo Correa Calderón : No nº 76 de “A Nosa Terra”, no apartado “Páxinas extranxeiras”: “Istes anaquiños estranxeiros –que puxen en galego sinxelamente- son mostras líricas d’algúns Raros e Novos. Pra uns xa serán conecidos; Mais na fala nosa, terán pra eles unha nova emoción i outra beleza…Pros outros, serán recendos de frol…”.A continuación aparecen textos de Oscar Wilde, Omar Khayyam, Paul Verlaine, Giovanni Pascoli, Rabrindanath Tagore e Joan Maragall.
  • Farruco Lamas: “Facendas”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 7 de xaneiro. “Viandas” (20-21 de xaneiro). “O centraismo tráxico” (7 de febreiro). “Comparanzas, léndas e realidás” (7 de marzo).
  • Filomena Dato : “Ó gallego mais gallego. Valentín Lamas”. en “O tío Marcos d’a Portela”, 31 de maio.
    Filomena Dato Muruais
  • Florencio Vaamonde : “Transit Gloria” en “A Nosa Terra” nº 46. No nº 49 “No outono”. No 51 “Queixume”. No 52 “Lembranza”. No 57 “Ao bosque”.
  • Francisco Salgado y López Quiroga : "A leenda d’un probe. A soedá do campo" poema no que describe as duras condicións de vida dos labregos e "A Galicia" poema dedicado a Rosalía de Castro. “Cantares”, en “O Tío Marcos d’a Portela, (7 de xaneiro). “O sermó d’o mesoeiro” (7 de febreiro). “¿Queredes que vol-o conte?” (21 de febreiro). “A mamoria de Curros Enríquez” (21 de marzo). “Regueifa entre nai e fillo” (7 de abril). “Cantares” (21 de abril). “Nosos hirmaus n-as Amérecas” (7 de maio). “Pensamentos” (21 de maio). “Á memoria de Lamas Carvaxal” (31 de maio). “Brétemas” (21 de xuño). “Cantares” (7 de xullo). “Cantigas” (21 de xullo). “Cantares” (7 de agosto). “Brisas” (21 de outubro). “Nova novela” (7 de novembro). “¡Mulier mulieris! (21 de decembro).
  • Gonzalo López Abente : “Albre caido”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 31 de maio. “No lar” (21 de xuño). “O pino derrubado” (21 de novembro). En “A Nosa Terra”: “Abafado”, poema no nº 58. “Os pinos” no nº 60. No 67-68 “Orvallo”.
  • José Bonifacio Suárez: colabora en “O tío Marcos d’a Portela” co poema “Espiñas e froles” (21 de marzo).
  • José Iglesias Roura: “Subindo vou a congostra” en “ A Nosa Terra ” nº 50.
  • Leandro Carré Alvarellos : Noite de ruada, representada por primeira vez no teatro Tamberlick de Vigo no 1919. Comeza a publicarse en “O tío Marcos d’a Portela” a partir do Parrafeo 44 do 7 de decembro. Sobre ela di Leandro Carré en “A moderna orientación do teatro galego”, conferencia organizada pola “Seición de Cultura e Fala” (6 de abril de 1923) e publicada logo en “A Nosa Terra” o 1 de maio de 1923: “Daquela eu quíxenme impôr o traballo de ver se podía escribir unha comedia. Fixen o primeiro ensayo e cando romatei Noite de ruada, fai agora trece anos, e leínlla a un fato de bós amigos, que a aplaudiron, tiven unha grande satisfaición, mais que por se tratar d’unha obra saída do meu maxín, porque entendía que ela habería de influir para que os autores galegos adicasen maior atención ao xénero cómico. Mais, esta comedia levóu tamén nove anos de esquecimento durmindo nunha gaveta”. "Rexurdimento"; Pra vivir ben de casados...; Contos e diálogos; Amor malfadado e Compendio de gramática galega.

En “O Tío Marcos d’a Portela”:“A caza de Xan”, (7 de febreiro). “A ferradura” (7 de marzo). “A primeira comunión” (21 de marzo). “O carneiro negro” (7 de maio). “Os comediantes” (21 de xuño e 7 de xullo). “Falemos craro. Ainda é tempo de correxírmonos” (21 de xullo). “Rexurdimento gallego” (21 de outubro).

  • Lois Peña Novo : “Falando pra todos”, en “O tío Marcos d’a Portela”, (7 de abril).

No núm. 47-48 de “A Nosa Terra”: “A vida das civilizaciós”: “O pobo galego, tén costumes propias, direito, tradiciós, estructura propia,. E, sin embargo non fai mais que imitar, en todol-os aspeitos da vida, a outros pobos. Isto ¿non é confesión da nosa inferioridade como pobo? ¿Por qué non impoñémonos a nos mesmos nosas costumes, tradiciós e estructura? porque o noso pobo inda non tén afincada a concencia da sua persoalidade. […] E decir que si non tratamos de impoñer nosos valores sobor dos valores extraños, sera pol-a sua inferioridade; e si non os superamos será porque non nos creemos con forza pra superalos; e si nos creemos sin forzas, si non temos fé n-as virtudes nosas d’aquela ôs galegos com’a pobo, com’a coleitividade non nos queda outro remedio mais que suicidarnos, porque non teremos direito a unha vida independente e digna”. En “A Nosa Terra” nº 67-68: “Ladran os cás á Lúa”.

  • Luís Porteiro : En “O tío Marcos d’a Portela”:“A nosa posición n-o mundo”, (21 de marzo). “Rayola” (21 de abril).

No nº 61 de “A Nosa Terra” publica “A morriña creadora”. No 63 “Socialistas e radicás”. No 67-68 “¡Sabe que gorenta!”. No 69 “Cambó non ten a culpa”.

  • Manuel Antonio : aparecen os seus primeiros poemas na revista “Suevia” de Santiago.
  • Manoel Iño colabora en “O tío Marcos d’a Portela” (7 de abril) con “Un de tantos”.
  • Manuel Curros Enríquez (1851-1908): “A alborada de Veiga”, en “O tío Marcos d’a Portela”, (21 de agosto). “Alborada” (21 de outubro).
  • O señor de Henestrosa, colabora en “O tío Marcos d’a Portela” co poema “ ¿Qué terá?” (21 de maio).
  • Pedro de Formigo colabora en “A Nosa Terra”.
  • Pedro V. Bethancourt colabora en “A Nosa Terra”.
  • Pazpallaz: colabora en “O tío Marcos d’a Portela” co poema “Resultas proveitosas d’a defrega eleutoral n-o Carballiño”.
  • Ramón Armada Teixeiro : Da terriña. Deste libro é o poema “O home-páxaro” que aparece no nº 66 de “A Nosa Terra”.
  • Ramón Cabanillas : “Ó caer da tarde”, en “O tío Marcos d’a Portela”, (7 de abril). “Lois Pereiro” (21 de novembro).

En “A Nosa Terra” nº 46 aparece o seu conto “O paxaro de Armenteira”. No 58 o poema “No escuro”. No 61 “O galo negro”. No nº 62 “O can doente”. No 65 “Foi n-un vello jardin”. No 67-68 “Astr-a morte”.

  • Ramón Suárez Pedreira: “Miña naiciña”, en “O tío Marcos d’a Portela” (21 de agosto). “¡Galicia, patria miña!” (7 de outubro).
  • Ricardo Carballal: “Axuda a tempo”, en “A Nosa Terra” nº 45.

No nº 46 “Si é parvo, non se persente”.No 47-48 “Unha opinión de valía”. No 52 “A falla d’estuios”. No 53 “Si te portas ben…”.

  • Roldán Paderne colabora en “A Nosa Terra” no nº 62.
  • Valentín Lamas Carvajal (1849-1906): “Os nosos mortos mandan”, en “O Tío Marcos d’a Portela, 21 de febreiro. “Alborada” (31 de maio).
  • Vicente Risco : En “O tío Marcos d’a Portela” (31 de maio): “O cantar d’a terra e d’o sangue”.

“Teoría do nazonalismo galego”: primeira colaboración en “A Nosa Terra”, o 20 de xullo no nº 61. En “A Nosa Terra” nº 72 “Prosas Galeguistas”.Apoia a candidatura rexionalista de Lois Porteiro Garea.

  • Victoriano Taibo : “Na morte de Lois Porteiro”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 21 de novembro.

En “A Nosa Terra” nº 50 o poema “Ao niño”. No 63 “¡Ao cume!”.

  • Xan García Ares: “Galicia” en “O tío Marcos d’a Portela”, (21 de marzo).
  • Xavier Prado “Lameiro”: A carón do lume (poemas; portada deseñada por Vicente Risco e con prólogo de Martínez Sueiro. Ourense).

En “O tío Marcos d’a Portela:“O batieiro”, (7 de xaneiro). “Tempo perdido” (20-21 de xaneiro). “Velando ó difuntiño” (7 de febreiro). “¿Acórdaste?" (21 de febreiro). “Númaro de festas” (7 de marzo). “A opineón de Martiño” (21 de marzo). “Parolas mondonguéiras” (7 de abril). “Brincadelas” (21 de abril). “Vouch’ó conto” (7 de maio). “Meditaceón” (21 de xuño). “Sona milagreira” (7 de xullo). “Amor derradeiro” (21 de xullo). “A volta d’o amaricano” (7 de agosto). “Pragas d’o agro” (21 de agosto). “N-o xusgado de paz” (7 de setembro). “De pillo a pillo” (21 de setembro).“¡Multiplicamini! (7 de outubro). “¡Veñan ises cartos!” (21 de outubro). “Desprendemento” (7 de novembro). “Largueza cibdadá” (21 de novembro). “Axexando” (7 de decembro). ¡…..! “Ó meu querido amigo, o inmenso poeta gallego Ramón Cabanillas” (21 de decembro). “O fiadeiro” no nº 57 do 10 de xuño. “Santa preguiza” no nº 59.

  • Xesús San Luís Romero estrea e publica en Santiago o drama O Fidalgo. Sobre ela di Leandro Carré en “A moderna orientación do teatro galego”, conferencia organizada pola “Seición de Cultura e Fala” (6 de abril de 1923) e publicada logo en “A Nosa Terra” o 1 de maio de 1923: “O Fidalgo noustante non é mais que unha repetición de A Ponte: o mesmo motivo, o mesmo desenvolvimento, coase as mesmas escenas. Eu non quero dicir que sexa un plaxio; pode moi ben ser coincidencia porque disgraciadamente os caciques en Galicia fan moitas falcatruadas; mais o certo é que A Ponte e O Fidalgo asoméllanse coma unha pinga d’auga. Pero os críticos que xa esqueceran a primeira falaron con grandes loubas da segunda e deixáronse levar tanto do entusiasmo que hasta compararon ao seu autor cos mais altos prestixios da dramática mundial”.
  • Xosé Bonifacio Suárez: “¡Por Dios n-o digas! en “O tío Marcos d’a Portela”, (7 de xaneiro). “Noitebras” (21 de xuño). “Espellos d’a y-alma” (21 de decembro).
  • Xosé Iglesias Roura : “Alá na fror dos meus anos…”, en “O tío Marcos d’a Portela”, (7 de maio).
  • Xosé Ramón Fernández Oxea : “Deliraba”; conto en “O Tío Marcos da Portela”, (7 de novembro), asinado co pseudónimo “Xan Fouciño”. “Noite boa” (21 de decembro).
  • Xulio Almoyna: “O meu saudo” en “O tío Marcos da Portela”, (21 de abril).
  • O xornal coruñés “ El Noroeste ” comeza a publicar un suplemento cultural, enteiramente en galego co título “Nós. Páxinas gallegas” que leva a cabeceira debuxada por Castelao. O primeiro número, do 17 de setembro leva na primeira páxina un artigo a xeito de editorial asinado por Eladio Rodríguez González titulado “Na xuntanza está a forza e na forza está o trunfo”: “Entonces haberá prá nosa terra unha alborada de rexurdimento, porque morto o centralismo terá que morrer tamén o caciquismo que nos afoga e que soio vive das falcatruadas, amparado por esa centralista forza bruta e absurda que non sabe dar máis que paus de cego e que na súa ignorancia ou na súa comenencia coida que tódolos pobos son iguales, como si non tivese cada un a súa caractrística e a súa personalidade”. Antón Villar Ponte copropietario do periódico, contrata a Blanco Torres como analista da actualidade.
  • O nº 43 de “A Nosa Terra” (20 de xaneiro) leva o titular de “Tema de verdadeiro Intrés. Pol-a reforma da ortografia” de Johan Viqueira .
  • Co nº 51 do 10 de abril comeza unha nova sección denominada “Letras irmáns”: “[…] Coidamos que a maor vergoña pra Galicia consiste non somente en que nosos libreiros non teñan â venda coase ningunha obra portuguesa, senon que as poucas que s’amostran moi de tarde en tarde, nas vidreiras das libreirías , esteñan traducidas ô castelán”. O primeiro autor representado é Eduardo Carvalho. No nº 52 Guerra Junqueiro. No 55 “Missal de trovas” de Augusto Cunha e Antón Ferro. No 65 “A Aia” de Eça de Queiroz. No 66 “Contos portugueses de Eça de Queiroz. Frai Genebro”. No nº 67-68 “Contos de Eça de Queiroz. O suave milagre”. No 70 “Os mortos” de Eça de Queiroz. O nº 52 leva o encabezamento de “O reparto d’os consumos en Sada. Bulra sanguenta d’os caciques”. Nel aparecen como “Problemas d’actualidade en Galicia” os seguintes:

- A cuestión do mainzo.

- O ferrocarril da costa.

- O ferrocarril d’Ourense á Zamora.

- A anulación dos repartos do Consumo, arma co’a que o cacique amoca ôs labregos.

- A responsabilidade dos causantes das traxedias de Ferrol e Sedes (Narón).

- A falta de gasolina pr’as comunicaciós automistas antr’os pobos que non teñen ferrocarrís.

- A falta de trens rápidos.

- A falta de transportes.

- A probeza dos municipios pol-a falta d’autonomía.

  • No 53 aparece o artigo de Xoan Maragall “Portugal e Cataluña” e outro co título de “Os sucesos de Narón foron inxustificados”.
  • No 54 no apartado “Páxina escolleita” hai un anaco dun texto de Rabindranath Tagore co título de “Xa o sol…” e no 57 outro de Valle-Inclán co título de “Os ollos que viron”.
  • No 73-74 “Gaita galaica” de Rubén Darío , en tradución de E. Correa Calderón.
  • No 76, en tradución de R. Blanco Torres o poema “Atardecer” de Cándido Guerreiro e varios textos traducidos por Correa Calderón.
  • O nº 55 leva por título “Nosos irmáns da Arxentina. Grandioso mitin rexionalista”.
  • No 67-68 aparece o artigo “Un grave problema. As escolas antigallegas”.
  • O titular do nº 69 é “O vergoñoso pleito do ferrocarril da costa. Galicia sofre o castigo de Sísifo. ¿Somos españoles os gallegos?. A mentira da renovación de España”.

Relativas a Galicia

  • O número do 31 de maio do periódico “O tío Marcos d’a Portela” é unha homenaxe a Valentín Lamas Carvajal .
  • En xullo deixa de publicarse “ La Centuria ” (1917). Neste número aparece un poema en galego de Noriega Varela, único contacto da revista coa lingua galega.
  • Aparece en Pontevedra “Acción Obrera”, vinculada ás liñas de acción do Partido Socialista.
  • Tamén en Pontevedra aparece o 1 de febreiro “Renovación” publicación subtitulada “Semanario social-agrario. Órgano de la mayoría de las Sociedades del Partido Judicial de Pontevedra”.
  • O 1 de novembro sae en Mondoñedo o primeiro número da revista “Acción Social”, que deixará de existir o 1 de agosto de 1930. Entre os seus colaboradores están Aurelio Ribalta, Noriega Varela, Lence-Santar, Rof Codina…
  • O 29 de agosto, e como sucesor da publicación “Pro neutralidad”, sae en Viveiro o semanario “La sirena del norte”, tendo como director a Fernando Pérez-Barreiro Nolla .
  • En Montevideo aparece o 15 de setembro o semanario bilingüe “ Galicia Nueva ”, dirixido por José María Barreiro .
  • O 5 de febreiro sae en Compostela o primeiro número de “La raza” co subtítulo de “Revista literaria”, sendo a continuadora da revista escolar “Maruxa”. Estaba dirixida por Marino Alberto López Blanco e logo por José Gómez Posada-Curros. Estaba financiada polos alemáns para facer propaganda da causa xermanófila.
  • Aparece en Padrón o 30 de agosto o semanario “ La Redención” co subtítulo de “Publicación regionalista de la Federación de Agricultores del Partido de Padrón. Defiende la causa de la libertad y del derecho”. Estaba dirixido por Andrés Sánchez Adanza.
  • O 1 de setembro sae en Santiago o boletín decenal “ Terra Gallega”. Só saíron dous números, o último o día 10 do mesmo mes e ano. Integramente en galego. Na presentación dise: “Nos, non formamos un grupo de literatos, nin tampouco de xornalistas en pequeño, somos somentes un fato de rapaces amantes da nosa nai Galicia que, no momento actual do rexurdemento galego, non seríamos dinos de sere chamados tales se non o coadxudáramos con todos os nosos pequenos pro entusiastas esforzos”. No nº 65 de “A Nosa Terra” dáselle a ben vida: “O primeiro número é interesante. Néle vibra un ardente amor a Galicia. Está cheio de alma da mocidade. É como un trecho de céu estrelado, como buraco de azul, entre as névoas do desleigamento tan abundosas no noso chan. Terra Galega aparece escrito todo, inda a folla de anuncios tambén, no noso doce idioma. Con este novo boletín, son catro os que saen feitos en gallego por acó. O noso, A Xustiza, de Villalba e O Tío Marcos da Portela”.
  • Alfredo García Ramos: El regionalismo gallego en sus aspectos confesional, monárquico y unitario (conferencia no Instituto de Estudios Gallegos da Coruña).
  • Antonio Amador Villar Novais: Del amor y del alma.
  • Antonio Rey Soto estrea a obra Cuento del lar e publica a novela La loba.
  • Avelino Rodríguez Elías, nun artigo no “Faro de Vigo”, que recolle Carlos Callón en O libro negro da lingua galega (Xerais 2022) di: “Pensar en gallego y escribir en castellano es para algunos delito horrendo. ¿Por qué? Pensamos en gallego los que en gallego vivimos; hablamos en gallego (ó escribimos, que es igual) cuando entre nosotros departimos; en gallego comunicamos á los nuestros, á los de la familia galaica, nuestras impresiones íntimas. Pero (…) es lógico que busquemos un vehículo que lleve á más lejanos confines nuestros pensamientos, cuando queramos extenderlos al mayor número posible de lectores ú oyentes. Y ese vehículo, es para todos los españoles, el idioma castellano”.
  • Jaime Solá Mestre: El alma de la aldea e Ramo cativo. El Ribeiro de Avia.
  • José María Barreiro estrena en Montevideo: La romería de San Roque en Vigo (sainete lírico).
  • Juan Barcia Caballero: De los renacimientos literarios y otras cosas más.
  • Julio Camba escribe no artigo “El regionalismo gallego” : “En gallego se pueden hacer algunas poesías –Rosalía las ha hecho maravillosas–, comprar algunos pescados y hablarles a las gallinas, a los pájaros y a las muchachas de aldea. Pero ¿cómo va a tener nadie la pretensión, no ya de escribir una obra filosófica, sino de hacer en gallego un artículo político o una crónica periodística? No se habla gallego más que en las aldeas”.(No libro de Julio Camba Galicia en edición de Francisco Fuster e prólogo de Ramón Villares. Fórcola Ediciones 2015).
  • Luís Otero Pimentel:Un gran coronel, comedia dramática en tres actos.
  • Manuel Linares Rivas: En cuerpo y alma.
  • Ramón María Aller Ulloa: Algoritmia. Principios fundamentales de la ciencia de los números (A Coruña).
  • Salvador Cabeza de León “Da fala gallega” publicado na revista “Suevia” (11 de febreiro): “N’algunhas das reuniós feitas días pasados en diferentes pobos de Galicia, pra dar a conocer as doutrinas rexionalistas, unhos poucos de ises desventurados que parés teñen beizos únecamente pra bicar os látigos con que os azoutan, amostraron fonda carraxe contra os oradores que falaron en gallego. Querían aqueles probes lacayos que se falase tan soilo en castelán. Afeitos a recibir n’este idioma as ordes e os aldraxes dos seus amos, repúnalles escoitar a mais pequena verba de libertá; como lle repunan ôs doentes d’estómago desfeito, os manxares propios d’homes fortes e sáns. (Carlos Callón O libro negro da lingua galega.(Xerais, 2022).
  • Valeriano Villanueva Rodríguez Medios prácticos más eficaces de impulsar el progreso material y moral de Galicia y de conservar las virtudes y corregir los defectos de sus hijos. (Madrid). Co pseudónimo de “Un labrador a la moderna” publica en “La Voz de Galicia” (23 de abril), o artigo “Sobre el regionalismo político y económico de Galicia. El Idioma”: "Después de todo, literatos y oradores regionalistas echan mano del castellano para pensar y formular sus pensamientos tocante a las artes y a las ciencias, y luego los van traduciendo mentalmente al catalán o gallego". [...] “Sobra léxico en el idioma nacional para explicar al pueblo todo lo explicable, pero el gallego es muy pobre. Sería ridículo inventar ahora neologismos para enriquecerle” [...]. Recollido por Carlos Callón en O libro negro da lingua galega (Xerais, 2022).

  • Diario Gallego de Manuel Azaña no que consigna as miserias do campo galego. Este ano visita Galicia e denuncia o atraso económico a que era sometido o país a causa do caciquismo.

Acontecementos

  • I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala (Lugo), cuns obxectivos prioritarios:

- Autonomía da Nación Galega.

- Búsqueda dunhas bases sobre as que montar un federalismo con Portugal.

Manifesto nazonalista.jpg

- Cooficialidade do galego co castelán.- Igualdade de dereitos para a muller.

- Toda a potestade docente pasará a Galicia.…


Están presentes Castelao, Vicente Risco, Losada Diéguez, Cabanillas, Blanco Torres...(“A Nosa Terra” nº 73-74 do 5 de decembro).

  • No parrafeo 44 de “O Tío Marcos d’a Portela (7 de decembro), recóllese o “Manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo” en oito apartados:

I Previa: Tendo a Galicia todal-as características esenciaes de nazonalidade, nós nomeámonos, de oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba “rexionalismo” non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.

II Problemas costituentes.

III Problemas políticos.

IV Facultades do Poder Galego.

V Cuestiós xurídicas.

VI Problemas económicos.

VII Aspectos artísticos.

Sobre esta I Asemblea, en carta a Raimundo Riestra escribe Ramón Cabanillas: “Non eramos moitos nin sonados, nin tiñamos, de certo, esa sabencia brincadeira, decorativa, de foguete, dos homes feitos nese Madrí esbardallante i atronador ós que o centralismo falangueiro pendurou do pescozo unha campana choca, mais ¡si vosté vira que xentileza, que corazós sangrantes, que almas acesas! Si se deran conta por esas terras de que maneira latexaban aqueles oitenta corazós galegos!”.

  • Fúndanse as Irmandades de A Estrada, Vilagarcía, Betanzos, Ortigueira, Muxía, Lugo e outras.
  • Cuevillas ingresa nas Irmandades.
  • A peste de gripe devolve a Castelao a Rianxo e á actividade médica. Obtén por concurso a praza de profesor auxiliar de debuxo do instituto de Pontevedra. Publica as primeiras estampas en “El Sol” (diario de Madrid). Tamén colabora con “El Noroeste” (A Coruña). As súas estampas reprodúcense igualmente en “A Nosa Terra”.
  • No parrafeo 41 de “O Tío Marcos d’a Portela” (21 de outubro), pódese ler: “O pobo d’ Ourense respondeu moi ben á suscriuceón aberta pr’os gastos que orixine a asistenza de enfermos probes mentras dure a epidemia que padecemos”. “O señor Obispo d’Ourense, siguindo a sua exemprar campaña de caridade n-as autuás cercunstanceas, sufraga os gastos d’un asilo pr’a nenos cuyos pais se atopan hospitalizados por padecere a enfermedade reinante”.
  • No parrafeo 34 de “O tío Marcos d’a Portela” (7 de xullo) faise referencia ao “Grandioso mitin rexionalista” de “Nosos hirmans da Arxentina”: “O movimento rexionalista que á pasos axigantados vai ateigando de nova savia o caduco e vello espritu gallego, ten fonda repercusión entr’os nosos hirmaus da Arxentina. Non podía ser menos. Nosos hirmaus das Américas, ises novos xudíos que tendo patria a non teñen, que eispulsados foron da sua terra non pol-o mandato d’unha lei sinón pol-a forza da fame, qu’é pior aínda, por necesidade tiñan que secundare ista titánica labor de redenzón comenzada por nós. No fondo das suas almas latexa de cote o santo amore pol-a terra; no fondo das suas concencias reméxese á cotío u odio pol-os caosantes dos nosos males, pol-os ladróns do seu benestare, pol-os miserabres zugadores da sua sangue, pol-os noxentos usureiros do seu vivire. (…) A Terra, denomínase a sociedade constituida por eles (pol-os de Bôs Aires) pra loitare pol-a nosa causa. (…) Derradeiramente celebraron un grandioso mitin no Centro de Almaceneros d’aquela cibdá, no que fixeron uso do verbe ilustrados e fogosos ouradores. A continuación cita como participantes no mitin a Miguel Revestido, Xulio Carballo, Xoquín Pesqueira e Carlos Malagarriga. No parrafeo seguinte, Leandro Carré contesta ao declarado por Xoquín Pesqueira neste mitin, onde segundo el dixo “os galegos non fixemos hastra o d’agora tal labor filolóxica por falta d’homes capaces”. Resposta Carré dicindo que “Os académicos da Galega son todos homes sin diñeiro, porque hai escasos leutores de libros galegos, e precisan gañar o pan de cada día con traballos alleos âs letras. Non poden tampouco editar moitos libros pol-as mesmas causas. A Academia ten moitos censores, pero non atopa homes de boa voluntá que lle den cartos pra imprentar o seu Diccionario, que pol-os cuadernos feitos vese que é unha obra monumental…”.
  • No parrafeo 36 de “O tío Marcos d’a Portela” (7 de agosto), as Irmandades d’a Fala expoñen os puntos do seu programa dividido en seccións: “Seus fins”, “Seición de cultura e fala”, “Seición de economía y- estudios sociaes”, “Seición agraria” e “Seición política”.
  • No Parrafeo 38 (7 de setembro) recóllese unha “Carta Orgánica d’a Xunta Rexionalista de Bos Aires” na que no artigo 1º di: “N-a cibdá de Bos Aires eisistía A Terra, Asoceaceón Cultural Gallega, d’a qu’é continuaceón esta Xunta Rexionalista Gallega, c’o mesmo titolo, a qu’ha de rexirse dend’esta data pol-os presentes Estatutos, tendo por ouxeto:…”.
  • Xogos Florais de Betanzos. Publícase o folleto “Xogos Froraes de Betanzos”.
  • Manuel Azaña visita Vigo: “Vigo, novísimo, rico, anglófilo, se construye a todo lujo sobre el trazado roto de la ciudad vieja”.
  • Créase en Vigo o Laboratorio Español de Oceanografía.
  • Mobilizacións de mulleres en Ferrol contra a suba dos prezos dos alimentos.

Premios

Resulta premiado nos “Juegos Florales de Betanzos” o traballo de Luis Peña Novo: “El problema agrario de Galicia. Su resolución”.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Sobre a I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala, en carta a Raimundo Riestra escribe Ramón Cabanillas: “Non eramos moitos nin sonados, nin tiñamos, de certo, esa sabencia brincadeira, decorativa, de foguete, dos homes feitos nese Madrí esbardallante i atronador ós que o centralismo falangueiro pendurou do pescozo unha campana choca, mais ¡si vosté vira que xentileza, que corazós sangrantes, que almas acesas! Si se deran conta por esas terras de que maneira latexaban aqueles oitenta corazós galegos!”.

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Non se concede a causa da Primeira Guerra Mundial .

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen




Morren:

  • João Lúcio (Olhão; ibídem 1880).




Morre asasinado o presidente Sidónio Pais a quen Pessoa dedicará un poema no 1928.


Alfredo Pedro Guisado: Ânfora.


André Brun: A maldade das trincheiras.


Antero de Figueiredo: Jornadas em Portugal.


António Botto: Cantigas de Saudade.


António Patrício: Pedro o cru (teatro).


Aquilino Ribeiro: A via sinuosa.


Augusto de Castro: A culpa.


Fernando Pessoa: publica os poemas ingleses 35 Sonnets e Antinoüs que aparecen en notas de crítica no suplemento literario do “Times” de Londres e no “Glasgow Herald”.


Jaime Cortesão: Egas Moniz (teatro).


Joaquim Novais Teixeira: Pinhas bravas.


José Gomes Ferreira: Lírios do monte (poesía).


Virgínia Vitorino: Namorados.



Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Cosme Vidal Rosich “Josep Aladern” (Barcelona; 1869 Tarragona).
  • Joan Pons i Massaveu (Barcelona; ibídem 1850).


Aparece en Cataluña a revista “Arc-Voltaic”.

Entre 1918 e 1920 publícase en Barcelona a revista multilingüe “Messidor” (Castelán, catalán, portugués, francés e italiano) que pretende:


a) Dar unha visión tripartita da Península Ibérica.


b) O entendemento entre os pobos neolatinos.


c) A causa das nacións sen estado en todo o continente europeo.


O director é Pau Turull e con ela colaboraron Teixeira de Pascoaes e Joan Maragall .


Eugeni d´Ors: La vall de Josafat.


Guerau de Liost: La ciutat d‘ivori.


Ignasi Ribera i Rovira escribe a Teixeira de Pascoaes indicándolle que Fernando Maristany está preparando unha antoloxía castelá de versos portugueses. Tres meses máis tarde, Pascoaes viaxa a Barcelona, facendo gran amizade con Maristany, director da Editorial Cervantes.


Jaume Brossa: Ecos de la tragedia.


Joan Alcover: Poemes bíblics.


Joan Maragall (1860-1911): No número 53 (30 de abril) de “A Nosa Terra” publícase en galego o artigo “Portugal e Cataluña”. Posiblemente sexa o tradutor Antón Vilar Ponte, director da revista.


Joan Puig i Ferreter: Si n‘ era una minyona (teatro).


Joan Salvat-Papasseit: Humo de fábrica (artigos en castelán).


Josep Carner: Les planetes del verdum (artigos e contos).


Josep Maria de Sagarra: Cançons d‘abril i de novembre (poesía).


Josep Pla: “És objectivament desagradable no sentir cap il-lusió – ni la il-lusió de les dones, ni la dels diners, ni la d‘arribar a ésser alguna cosa en la vida- , només desentir aquesta secreta i diabòlica mania d‘escriure (...), a la qual probablement ho sacrificaré tot en la vida”.


Marià Manent: La branca.


Narcís Oller: Al llapis i a la ploma (narrativa curta).


Pompeu Fabra: Gramàtica catalana.


Santiago Rusiñol: Souper-tango (teatro) e En Josepet de Sant Celoni.

Flag of Spain



Nacen:




Morren:



Isaac del Vando Villar dirixe a revista “Grecia” (1918-1920).

García Lorca : publica Impresiones y paisajes. Hai páxinas sobre Galicia coma o capítulo “Un hospicio de Galicia”: Es el otoño gallego, y la lluvia cae silenciosa y lenta sobre el verde dulce de la tierra. A veces entre las nubes vagas y soñolientas se ven los montes llenos de pinares. La ciudad está callada. Frente a una iglesia de piedra negriverdosa, donde los jaramagos quieren prender sus florones, está el hospicio humilde y pobre… Da impresión de abandono el portalón húmedo que tiene… Esta puerta achatada y enorme de la entrada ha visto pasar interminables procesiones de espectros humanos, que pasando con inquietud ha dejado allí a los niños abandonados… Quizá algún día, teniendo lástima de los niños hambrientos y de las graves injusticias sociales, se derrumbe con fuerza sobre alguna comisión de beneficencia municipal, donde abundan tanto los bandidos de levita, y aplastándolos, haga una hermosa tortilla de las que tanta falta hacen en España…”.


Jacinto Grau: El hijo pródigo.


José Ortega Munilla: La señorita de Cisniega.


Juan Ramón Jiménez: Eternidades.


Pedro Mourlane Michelena: Los poetas en lengua vasca o la Poesía Vascongada en el siglo XIX.


Pedro Muñoz Seca: La venganza de don Mendo.


Pérez Galdós: Santa Juana de Castilla.


Ramón Gómez de la Serna: Senos e Pombo (Imprenta G. Hernández y Galo Sáez. Madrid). En Pombo I comenta como son os cafés que visita en París, Florencia, Nápoles. En Lisboa fala do “Martinho das Arcadas” do que era asiduo Fernando Pessoa: “¿Qué cafés debe tener Lisboa? –decía yo- , ¡Qué Pombos con aire transatlántico, con un olor a buen café, con cierta presencia de marinos modestos, de habla afable, de ojos grandes y mulatos, varoniles y serenos! ¡Qué pombos en los que habrá colgado un cuadrito con un barco y con un mar con calidades de cola de pescado! Tanto insiste en mí esta idea de un Pombo acrecentado, que me parece que Lisboa será como una ciudad creada, salida de un Pombo cordial, ubérrimo, sensato, incubador de todo con proporción, bondad y cariño. Pues al acercarme me he encontrado con que no hay esos cafés en Lisboa. Los he buscado con decisión, subiendo y bajando las enormes cuestas de Lisboa, dando vueltas a las esquinas, que parecían prometer ese café deseado (…) He encontrado, sin embargo, cafés con cierto carácter. El café al que iba Eça de Queirós y una tertulia de pintores y amigos que están retratados en un cuadro patinoso y oscuro del tétrico Columbano, un cuadro lleno de caballeros con grandes y altos sombreros hongos y con lentes de aquellos que han quedado inmortalizados sobre las narices de Zola”. Do “Martinho” di: “El café de Arcada tampoco está mal, y tiene aún las mesas, los espejos y las sillas de estilo Imperio, que llevó a Lisboa un general francés. No sé por qué se huele que allí se prepara la restauración, la restauración que no se logrará nunca; pero la restauración que alientan los muebles de ese café enfático, aristocrático y napoleónico, de muebles duros, de contextura rígida, con um empaque de damas embarazadas, pero hipócritas y aristocráticas”. “¿Qué es esta melancolía que es la canela de esta placidez? La he notado en los amigos, en la peregrinación de la gente en horas lúcidas y alegres, en el mirar de los balcones, en el fondo de los tranvías. Lo he estudiado, lo he reflexionado y creo haber alcanzado algo el porqué de eso. Portugal es el último reducto de Europa, y con su gran espíritu, con sus altas condiciones europeas, con su curiosidad europea, no puede resistir ese alejamiento plácido, pero remoto, que le dé cierta calidad de colonia, cuando su alma es despierta y europea. De ahí su melancolía y la constancia de suicidios de intelectuales”. Gómez de la Serna cita entre eles a Castelo Branco, Julio César Machado, Trindade Coelho, Soares dos Reis e Mário de Sá Carneiro, explicando que eses suicidios se produciron “porque estaban lejos de París; porque aún viviendo en una patria admirable, está tan remota de las ciudades inquietantes, está tan incomunicada, tan sin ecos, que se vive la melancolía del retiro y de la distanciación, aun en la confortable luz, bondad e inteligencia de este país”. Hai que lembrar que Mário de Sá Carneiro suicidouse en París o 26 de abril de 1916. Cando escribe sobre a estancia de Mariano José de Larra en Lisboa di: “Ellos le hablaban en portugués y él les contestaba en español, entendiéndose así con una claridad que hace ver la estrecha fraternidad que puede fundarse entre ambos países”. (En Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa de César Antonio Molina. Edit. Akal 1990).


Wenceslao Fernández Flórez: Silencio e Las gafas del diablo.




Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • Manuel González de Prada (1848 Lima).


  • Edmond Rostand (París; 1868 Marsella).
  • Guillaume Apollinaire (París; 1880 Roma).
  • Seumas O’Kelly (Dublín; 1881 Loughrea, Irlanda).



Alfonsina Storni: El dulce daño (poesía).

Amado Nervo: Plenitud.


Armando Mook: Pueblecito (teatro).


César Vallejo: Los heraldos negros (poesía).


Horacio Quiroga: Cuentos de amor de locura y de muerte.


Tomás Navarro Tomás: Manual de pronunciación española.


Vicente Huidobro: Poemas árticos e Ecuatorial. Visita Madrid e entra en contacto cos escritores da vangarda entre os que está o galego Euxenio Montes.




Anatole France: Le petit Pierre (narrativa).


Bertolt Brecht: Baal (teatro).


Guillaume Apollinaire: Calligrammes.


James Joyce: Desterrados (teatro).


Luigi Pirandello: Così è (se vi pare) (teatro).


Walter Hasenclever: Os homes (teatro).

Nelson Mandela-2008 (edit) (cropped)


Tamén sucedeu...

  • Nace Nelson Mandela (Mvezo; 2013).
  • Picasso casa con Olga Koklova.
  • Matisse: “Interior con violín”.
  • Eleccións xerais en España.
  • Antonio Maura forma un Goberno nacional, do que forman parte as principais figuras da política española (22 de marzo).
  • Manuel García Prieto, novo xefe de Goberno (9 de novembro).
  • Goberno de Maura.
  • Novo gabinete do Conde de Romanones (5 de decembro).
  • Asasinado en Portugal o presidente Sidónio Pais.
  • Fin da I Guerra Mundial (novembro).
  • Execución do tsar Nicolás II e da súa familia.
  • Islandia, estado independente de Dinamarca.
  • Institúense os premios Pulitzer, que concede anualmente a universidade de Columbia.
  • Independencia dos Países Bálticos e de Polonia.
  • Cocédese o voto ás mulleres de máis de 30 anos en Gran Bretaña.
  • Guerra civil en Irlanda.
  • Morre o compositor Claude Debussy (París; 1862 Saint-Germain-en-Laye).