1908

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Casimiro Cubela García (San Xurxo de Sacos; 1986 Santa María de Trasmonte).
Enrique Chao Espina (Viveiro; 1989 A Coruña).
Manuel Fernández Novoa (Vigo; ibídem 1984).
Rafael Pazos Giménez (Padrón; 1994 Vigo).
Xenaro Mariñas del Valle (A Coruña; ibídem 1999).
Outros
Xosé Otero Abeledo “Laxeiro” (Lalín; 1996 Vigo).
Urbano Lugrís González, fillo de Manuel Lugrís Freire (A Coruña; 1973 Vigo).
Benigno Andrade García “Foucellas” (Foucellas, Cabrui, Mesía, A Coruña; 1952 A Coruña).
José Goñi Aizpurua (San Sebastián; 1964 Madrid). Fundador e director de “La Noche” (1946-1967) e director de “El Correo Gallego”.
Manuel García Gerpe, político e sociólogo (Ordes; 1947 Buenos Aires).
O cineasta e escritor Manuel Mur Oti (Vigo; 2003 Madrid).
O actor Tomás Ares Pena “Xan das Bólas” (A Coruña; 1977 Madrid).
O humanista Lino Gómez Canedo (San Xulián de Coiro; 1990 Cidade de México).
O músico e compositor Emilio Otero Val (Vilapoupre, Antas de Ulla; 1986).
Vincenzo Josia (Palermo) estudioso e tradutor ao Italiano de autores galegos (Echi di Finisterre. Antología di poeti gaglieghi) …
O alcalde de Vigo (1964-1970) Rafael Portanet Suárez (Cangas do Morrazo; 1988 Vigo).
O matemático e pintor Enrique Vidal Abascal (Oviedo; 1994 Santiago de Compostela).
O historiador, arqueólogo e colaborador do Seminario de Estudos Galegos Sebastián González García-Paz (Pontevedra; ibídem 1967).
O fotógrafo Ramón Caamaño (Muxía; ibídem 2007).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Clara Corral Aller (A Coruña; 1847 Ourense).
Manuel Curros Enríquez (La Habana; 1851Celanova).


¡Mala morte mate á Morte!:

veu por Curros, ¡viña tola!,

e Galicia queda sola,

i o Estro Viril sin norte;

mais…¡leria!, que aínda foi sorte

prós que o Vate apouvigara:

raposos, ¡a loita para!,

caciques, ¡ollar vos toca

como cai terra na boca

de quen vos cuspeu na cara!


(“No enterro de Curros” A. Noriega Varela).


Outros
A escritora Emilia Calé y Torres (Madrid; 1837 A Coruña).
O arquitecto Benito Gómez Román (Torrevieja; 1868 Vigo).
O político Benigno Quiroga López-Ballesteros (Madrid; 1848 Santiago).
O pintor Adolfo Caula y Cornejo (Madrid; 1847 A Coruña).
O pai de Luís Pimentel.

Publicacións

Galegas

  • Alejandro Miguéns Parrado : “Sede de amor” (poema. Córdoba, Argentina); “¡El!” (poema. Córdoba, Argentina).
    Alejandro Miguéns Parrado por Lourido 1913



  • Emiliano Balás Silva: “Na morte de Curros Enríquez”, poema en “Galicia Solidaria”, ano II, num 36, A Coruña 30 de marzo.



  • Laureano Guitián Rubinos: Unha noite na casa do tío Farruco do Pinedo Publicado na sección “Costumbres Gallegas” da revista de Buenos Aires “ Almanaque Gallego para 1909” dirixida por Manuel Castro López. No 1939 publícase na revista de La Habana “ Cultura Gallega ” (nº 68-69 de febreiro-marzo e anteriormente no 1885 en Lugo na imprenta de Soto Freire).


Relativas a Galicia

  • Castelao . Data do Álbum de autocaricaturas (Inédito até 1976).
  • Antón Villar Ponte chega en maio a La Habana. O 17 de maio escribe en “Follas Novas” o artigo “Los pinos”, e o 14 de xuño na mesma revista escribe “Obra de la estulticia” e nos meses seguintes van aparecendo “Sigue la estulticia” (21 de xuño); “Una leyenda de la Frouseira” (21 de xuño), “Cartas de la aldea. La fuente” (5 de xullo) e “El cuento del viejo hidalgo” (19 de xullo).

Tamén no mes de maio escribe no “Diario Español”: “Calderón y Castelar” (25 de maio); o 22 de xuño “La monomanía de las estatuas” o 25 de xuño o poema “Voz del mar”; o 19 de setembro “Cuartilla suelta. Salvador Rueda”; o 2 de outubro “Enrique Borrás”.

O 26 de novembro, Villar Ponte é nomeado director interino do “Diario Español” mentres se recupera dunha doencia o director Adelardo Novo. (“Grial” nº 141).

  • Aparece en Buenos Aires a revista semanal “ Aires d'a Miña Terra ” fundada e dirixida por Manuel Nóvoa Costoya, quen lle puxo o nome en honor a Curros Enríquez (10 de maio ata o 25 de xullo de 1909).
    Aires d'a Miña Terra. Año 1 Núm. 01. Buenos Aires, 10 de Mayo de 1908..jpg
  • Amando Garra funda e dirixe “ El Tea ”, publicación do agrarismo histórico (Desaparece case tres décadas despois, no nº 1.156, do 14 de xullo de 1936).
  • Aparece a revista “Compostela”, co subtítulo de “Revista literaria”.
  • O 28 de novembro aparece o “ Diario de Galicia ”, subtitulado “Periódico de la mañana. Telegráfico, noticiero y de información general” (21-10-1930).
  • Nace “ El Eco de Villalba ”, dirixido por Manuel Mato Vizoso (1915).
  • En Muros, aparece o 11 de agosto “ La Integridad Muradana”, subtitulado “Periódico católico bimensual. Defensor de los intereses del partido judicial”.
  • O 17 de agosto aparece en Lugo como diario “ El Progreso ”.
  • Ricardo Carballal comeza a publicar o 9 de agosto en La Habana o semanario dominical bilingüe “ Santos e Meigas ”.
  • Dirixida por Luís E. Rey, comeza a publicarse en outubro en La Habana a revista semanal bilingüe " A Terriña".
  • O 4 de maio aparece na Coruña o periódico “Solidaridad Gallega”, subtitulado “Órgano Semanal de la Junta Solidaria de La Coruña”. Está dirixido por Rodrigo Sanz, xefe do movemento “ Solidaridad Gallega”.
  • Segundo Neira Vilas, o 6 de setembro, desaparece en La Habana a revista “ Follas Novas” (1897).
  • Comeza a publicarse en La Habana o semanario “El Ideal Gallego” (1910).
  • Dolores del Río Sánchez-Granados: Ráfagas (Poemas. A Coruña).
  • Francisco Camba: Camino adelante. A través de Galicia (Madrid).
  • Francisco Tettamancy Gastón: La revolución gallega de 1846.
  • José Gómez Martínez: Rasguños. Colección de artículos varios (Pontevedra).
  • José María Riguera Montero, co pseudónimo de Ramón Erotiguer, publica a monografía Películas académicas,(entresacadas de una copiosa y selecta variedad) Papelería e imprenta Garcibarra, A Coruña, na que ataca a Murguía e cuestiona a necesidade de crear a Real Academia e a elección dos seu membros.
  • José Pan de Soraluce: La ciudad encantada (A Coruña).
  • Juana Teresa Juega López ía publicar o seu primeiro libro de poesía: Alma que llora, con prólogo de Leopoldo Pedreira, pero o seu noivo opúxose, e ante a resistencia dela, feriuna gravemente e despois suicidouse.
  • Leopoldo Basa estrea no Teatro Moderno a comedia Los nervios e publica El pintor Dionisio Fierros y el arte en Galicia (Buenos Aires).
  • Manuel Núñez González: Efusivas (Madrid).
  • Nóvoa Santos: La indigencia espiritual del sexo femenino (Valencia).
  • Ramón María Tenreiro Rodríguez: Embrujamiento (Madrid).
  • Víctor Said Armesto: La leyenda de Don Juan. Orígenes poéticos de El burlador de Sevilla y Convidado de Piedra (Madrid).
  • Xavier Valcarce Ocampo: Soledad.
  • Xesús Fernández González: Pinceladas (Lugo).

Acontecementos

  • O día 20 de marzo reclamado pola Academia Gallega, que presidía Murguía , os restos de Curros embárcanse no vapor “Alfonso XIII”, rumbo á Coruña, a onde chega o 31 de marzo, acompañado polo presidente do Centro Gallego López Pérez, o músico Chané e o poeta Alfredo Fernández, “ Nan de Allariz ”:

“¡O terrón! Se a sorte cruel

me fai o mundo deixar

fóra del e de meu lar

galegos, ¡leváime a el!¡

Alí podrei descansar!” (Curros).


Co gallo dos traslados dos restos do escritor a Galicia dende La Habana, Salvador Rueda escribiu a etopeia que comeza así:


“Espíritu abrasado de sed de lo infinito,

alma que ardió inextinta, cual taza de incensario,

llevaste en tus entrañas un buitre solitario,

que retorció tus labios en un eterno grito.

Formó una iglesia fría, con aras de granito,

tu congelado culto, sin luz y sin sagrario;

rezaste con blasfemias, grandioso visionario,

y en versos inmortales quedó tu rezo escrito.

Están en tus estrofas, cual garfios vengadores,

colgados, como en las horcas, los viles y opresores,

que son de la justicia baldón y vilipendio.

Lanzas los truenos hondos del agrio Jeremías,

escupes a los cielos las brasas de Isaías,

y tienes en la lengua los filos de un incendio”.


A revista “ Galicia” de La Habana, dirixida por Constantino Horta, dedícalle un número monográfico o 15 de marzo a Curros Enríquez, falecido o día 7 no Hospital do Centro Asturiano. A esta revista pertencía a bandeira galega que envolvía o ataúde do poeta en que foi enviado á Coruña.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Rudolf Christoph Eucken

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa



Nacen







Morren:

  • Alberto Sampaio (Vilanova de Famalição; 1841 Guimarães).
  • D. João da Câmara (Lisboa; íbidem 1852).
  • Joaquim Maria Machado de Assis (Río de Janeiro; ibídem 1839).
  • Trindade Coelho (Lisboa; 1861 Mogadouro).






O 9 de agosto ten lugar o encontro entre Manuel Laranjeira e Unamuno , cando o escritor español veraneaba en Espinho, onde Laranjeira exercía de médico. A correspondencia entre Unamuno e Manuel Laranjeira durou dende o 19 de agosto deste ano ao 15 de febreiro de 1912. O 30 de setembro Unamuno escribe a Teixeira de Pascoaes : “En Espinho conocí a un hombre interesante, muy simpático y muy culto: el Dr. Laranjeira. Salí prendado de él y me enseñó muchas cosas. No les falta a ustedes hombres, lo que les falta es cohesión, espíritu de solidaridad, fe en si mismos y en su pueblo y pueblo mismo. (…) Es una obra de amor y de cultura hacer que Portugal y España se conozcan mutuamente. Porque el conocerse es amarse. El conocimiento engendra amor y el amor conocimiento.” (En Epistolário Ibérico. Cartas de Unamuno e Pascoaes (Assírio &Alvim).


Manuel Laranjeira escribe a Unamuno (28 de outubro): “Amigo: No imagina la alegría que sentí al saber que usted, espíritu superior, estaba preparando un libro sobre las cosas de mi tierra, de esta mi tan desgraciada tierra de Portugal. (…) En Portugal se llegó a ese principio de filosofía desesperada – el suicidio es un recurso noble, es una especie de redención moral. En este desgraciado país, todo lo que es noble se suicida; todo lo que es canalla triunfa. (…) Europa nos desprecia; la Europa civilizada nos ignora; la Europa mediocre, burguesa, práctica y egoista, nos detesta, como se detesta a gente sin vergüenza, sobre todo… sin dinero. A pesar de eso, en Portugal todavía hay mucha nobleza moral, al menos existe nobleza moral suficiente para morir, e incluso hay cosas muy dignas de simpatía. (…) A veces, en horas de desaliento, llego a creer que esta tristeza oscura nos sube del alma a los ojos, y, entonces, tengo la impresión intolerable y loca de que en Portugal todos llevamos los ojos enlutados por nosotros mismos. (…). Esta carta, interminable como la desventura, le dirá, amigo, el estado de mi espíritu en este momento. (…) (En Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa de César Antonio Molina. Akal. Páx. 111).

António Correia de Oliveira: Elogio dos sentidos.


António Sérgio: Notas sobre Antero de Quental.


Fernando Pessoa: Vive só. Comeza a traballar para as oficinas de diferentes firmas comerciais. Escribe os primeiros fragmentos de Fausto.


Luís de Magalhães: Os cantos do estio e do outono.


Machado de Assis (Brasil): Memorial de aires.


Ramalho Ortigão: El-Rei D. Carlos o Martirizado.





Cataluña


Nacen:

Morren:


Adrià Gual: Els pobres menestrals (teatro).

Alfons Maseras: Edmon (novela decadentista).


Àngel Guimerà: La reina vella (teatro).


Apel-les Mestres: La presentalla (teatro).


Guerau de Liost: La muntanya d‘ametistes (poemas. Prologado cun texto de Eugeni d‘Ors).


Ignasi Iglésias: En Joan dels miracles (teatro costumista).


Jeroni Zanné: Poesies.

Joan Maragall , en carta a Salvador Albert (28 de abril): Gràcies pel retall referent an en Curros Enríquez; i també per l’anterior que em demostrà un punt flac d’aquell home altrament tan fort: aquells celos del poble per l’alteració que havia fet en la seva obra. ¿Quina glòria més gran podem desitjar que la que el poble esfaci seves les nostres coses? (Rexina R. Vega: “Curros e a Renaixença catalana”).


Joan Puig i Ferreter: La dama enamorada (teatro) e Aigües encantades (teatro).


Pere Aldavert: Per fer la dotzena e A salt de mata.


Salvador Galmés: Negrures.


Flag of Spain

Nacen:






Morren:



Eduardo Marquina: Las hijas del Cid.

Emilia Pardo Bazán: La sirena negra.


Gabriel Miró: La novela de mi amigo e Nómada.


Jacinto Benavente: Señora Ama.


Juan Ramón Jiménez: La soledad sonora e Elejías puras.


Los Quintero: Amores y amoríos.


Manuel Bartolomé Cossío: El Greco.


Ramón Gómez de la Serna funda a revista "Prometeo" (1908-1912).


Ricardo León: Casta de hidalgos.


Valle-Inclán: Romance de lobos; Los cruzados de la causa e El yermo de las almas.





Máis culturas:


Nacen:



Morren:.

  • Carlos Pezoa Véliz (1878 Chile).

Enrique Larreta: La gloria de don Ramiro.


Luis Carlos López: De mi Villorio.




Edward Morgan Forster: A room with a view (Un cuarto con vistas).


Ezra Pound: Coa luz apagada (poesía).


Gilbert Keith Chesterton: The man who was Thursday (Traducido ao galego no 2010 por Marta Verán como O home que era xoves para Editora).


Natsume Soseki: Sanshiro.


Octave Mirbeau: Le foyer (teatro).


Rainer Maria Rilke: Novas poesías.


William Sidney Porter “O. Henry”: Contos de Nova York.




Tamén sucedeu...

  • Nacen:

- O director de cine Manoel de Oliveira (Porto; 2015).

Manoel de Oliveira 3 juillet 2008-2

- O escultor Jorge Oteiza (Orio; 2003 Donosti).

- O fotógrafo Henri Cartier-Bresson (Chanteloupe; 2004 L’Isle-sur-le-Sorgue).

- A actriz Bette Davis (1989).

  • Kandinsky: "Paysages à la tour".
  • Atentados terroristas en Barcelona.
  • Créase a “ Sociedad Española de las Minas del Rif” para explotar as minas de ferro marroquinas.
  • O 8 de marzo morren 129 mulleres nun incendio dunha fábrica téxtil en New York na que se encerraran para reclamar iguais dereitos laborais que os homes, o que dá orixe á instauración do Día da Muller Traballadora.
  • Anexión por parte do imperio Austro-Húngaro de Bosnia e Herzegobina.
  • Karl Landsteiner e Erwin Popper aíllan o virus da poliomelite.
  • Wilbur Wright percorre en aeroplano 48 km en 40 minutos.
  • Morren:

- En Madrid o compositor Federico Chueca.

- En Rusia Nicolai Rimskii-Korsakov.

- Carlos I, rei de Portugal e o príncipe herdeiro Luis Felipe son asasinados en Lisboa