1889

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Eugenio Charlón Arias (Narón; 1930 Ferrol).
Outros
O escultor Francisco Asorey González (Cambados; 1961 Santiago).
O escultor Domingo Maza Calvo (Santiago de Compostela; 1956 Buenos Aires)
Manuel Abelenda Zapata (A Coruña; 1957 Perillo).
O pintor Imeldo Corral González (Ferrol; ibídem 1976).
O pintor Xesús Rodríguez Corredoyra (Lugo; 1939 Santiago).
O pintor Germán Taibo González (A Coruña; 1919)
O pintor Manuel Bujados (Viveiro; 1954).
O músico Antón Iglesias Vilarelle (Santiago; 1971 Pontevedra).
Lois Porteiro Garea (Lugo; 1918 Santiago).
O escritor e político Ramón Fernández Mato (Cespón, Boiro; 1980 Vilagarcía de Arousa).
O médico e político republicán Rafael de Vega Barrera (Aranda de Duero; 1936 fusilado en Lugo).
O médico galeguista Manuel Peña Rey (Santiago de Viascón; 1957)
O ministro de Franco Camilo Alonso Vega (Ferrol; 1972 Madrid).
O político, gobernador de Pontevedra Gonzalo Acosta Pan (A Coruña; 1936 fusilado na Caeira, Poio).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Outros
Víctor García Casares (Cuba; 1850 Monforte).

Publicacións

Galegas

  • Adolfo Mosquera : “¡Entendo!... en “O Tío Marcos d’a Portela” (17 de maio). “O castelo de Sobroso” (21 de xullo).
  • A. X. Pereira : “Cousas de vellos” (“O Tío Marcos d’a Portela”, 30 de xuño).
  • Alejandro Barreiro : “A vida d’o campo” e “¡Probiño! (“O Tío Marcos d’a Portela”, 9 de xuño).
    Alfredo Branas Menendez (1859-1900). Writer and ideologue of Galician regionalism. Engraving by Thomas Pijoliu in The Catalan Illustration, 1882
  • Alfredo Brañas : El Regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario (Editado por Jaime Molinas. Barcelona). “Lembremos que o libro de Brañas “El Regionalismo” impreso en 1889, foi o primeiro compendio dotrinal do autonomismo galego, cando nin Prat de la Riba nin Sabino Arana Goiri deran a luz ningún escrito que hoxe se poida citar (según confesión de Cambó, Brañas influíu nas directrices do movimento catalán). Así foi que cando Pi i Margall visitou Galiza , no outono de 1892, díxolle a Brañas que o seu rexionalismo galego aventaxaba ao federalismo español en que de por si xa era un sistema político” (Castelao: Sempre en Galiza). No nº 29 de “A Monteira” (19 de abril de 1890), na denominada “Seución d’anunceos” publícase: “El Regionalismo. Estudio Sociológico, Histórico y Literario por Alfredo Brañas con un prólogo de Barcia Caballero. Esta emportantísima obra, que todo bon gallego debe mercar, háchase de venta en Lugo n-a Librería, de Marcelino Soto Freire, calle de San Pedro, núm.15, Lugo préceo pesetas tres e médea”. Publica tamén Brañas na “Gaceta de Galicia” o poema dedicado a Rosalía “¡Lembranza!”.
  • Amador Montenegro : Aparecen poemas seus no semanario “A Monteira”. Colabora tamén en “O Tío Marcos d’a Portela”: “Os pescadores” (14 de abril). “Esperta” (13 de outubro). “O emigrante” (22 de decembro).
  • Bautista Varela : colabora en “O Tío Marcos d’a Portela”: “Unha historia” (8 de decembro).
  • Benito Losada : “Santa Xusta” en “O Tío Marcos d’a Portela” (12 de maio).
  • Benito Serantes : colabora en “O Tío Marcos d’a Portela” con “O neno abandonado” (29 de setembro).
  • Cesáreo López Pinal : colabora con algúns poemas no semanario “A Monteira”. En “O Tío Marcos d’a Portela” publica: o 10 de febreiro, “Carta”. “O tío Antón” (14 de abril). “Amores vellos” (4 de agosto). “N-a praya” (22 de setembro).
  • Eduardo Núñez Sarmiento : “N-a ribeira” en “O Tío Marcos d’a Portela” (22 de setembro). “O nome non fai’a cousa” (15 de decembro).
  • Enrique Labarta Pose : Bálsamo de Fierabrás (poemas en galego e castelán, con prólogo de Alfredo Brañas). En “O Tío Marcos d’a Portela” publica “¡Qu’hermosa é a Patria!” (6 de outubro).
  • Francisco Añón (1812-1878): Poesías gallegas y castellanas, precedidas de un estudio acerca del poeta y su obra por D. Victorino Novo y García. Andrés Martínez: Editor. A Coruña).
  • Heraclio Pérez Placer : Prediución (novela en oito números de “O Tío Marcos d’a Portela”: dende o parrafeo 283 do 7 de xullo ao parrafeo 290 do 25 de agosto). Premiada en Betanzos no 1887. O 15 e 22 de setembro: “A virxen d’o Carmen d’a Burga”. No nº 6 de “A Monteira” (10 de novembro) aparece un poema seu que comeza así:

-¿Qué tes, miña nena,

que tes, miña xoya,

que tes rapaciña,

que tes, porque choras?

  • Higinio J. de la Vega colabora en “O Tío Marcos d’a Portela”: “O gato pardo” (13 de xaneiro).
  • I. López: colabora en “O Tío Marcos d’a Portela”: “A cruz d’o carballo” (24 de novembro e 1 de decembro).
  • J. Peña: “Meu goberno pr’as mulleres” en “O Tío Marcos d’a Portela” (27 de xaneiro).
  • Lamas Carvajal : Catecismo da doutrina labrega composto polo R. P. M. Fr. Marcos da Portela. Doutor en teoloxía campestre (El Eco, Ourense). En “O Tío Marcos d’a Portela”, no parrafeo 259 (6 de xaneiro) dise: “Catecismo d’o labrego. Cecais que xa o conecedes porque o fun pubricando pouco á pouco, non preciso decirvos que se trata d’un libriño que ten o cheiro, o sabor y-o color d’a nosa terriña. Tod’o que n-él se di está resumido n-o dibuxo d’a portada que ahí vos vai tamen. O coitadiño paisano gallego marcha, camiño d’o Calvario, levando sobre d’o lombo a pesada cruz d’as suas calamidás e disgracias. Atado pol-o pescozo c’unha corda, d’a que turra un ministro, vai escoltado por un xeneral e un señor. Todos tres fan c’o infeliz Xan Paisano o oficio que fixeron os xudios con Noso Señor, y-alá vai o probe caíndose á cada dez pasos c’o peso d’o madeiro, y-esposto á esganarse co-as turradelas de corda que lle dá o ministro pra que s’espavile. (…) Como sei que os cartos andan pol-as nubes, púxenvos o Catecismo ó precio mais barato que puden. Pr’os suscritores d’o Tío Marcos non custa mais que un real, e dous pr’os que non-o son…”.
  • Manuel Lois Vázquez : colabora en “O Tío Marcos d’a Portela” con “Impresiós de Ribadavia” (29 de setembro e 6 de outubro).
  • Manuel Murguía : El regionalismo gallego (La Habana).“Por lo de hoy, por causas que no creemos necesario especificar, el regionalismo gallego no tiene todavía la importancia material que debiera para ser más efectivo; todavía no es más que un peligro remoto para el hecho avasallador de la centralización. Confesemos también que entre nuestros campesinos es tan desconocido como el amor a la patria española, en nombre de la cual combaten y pagan. ¿Qué saben ellos de todo eso? ¿Qué rumor intelectual llega hasta sus apartadas viviendas? ¿Para qué se cuenta con ellos? ¿Cómo se les tiene? ¿Son para el Estado otra cosa que pequeños contribuyentes que llevando siglos de soportar, soportan todavía? Sin embargo, esperad. La emigración, cada día más terrible, devuelve a las aldeas muchos hombres que esclavos ayer, aprendieron a ser libres, y que saben por experiencia como funcionan en otras naciones los organismos políticos. Ellos no son mudos, ni sordos los que han de oirles. Bastará en su día una sola chispa, para que se encienda el fuego y el incendio estalle. Será terrible lo que entonces pase: no lo dudeis. Es gente que está harta de sufrir, sin esperanza de remedio. Cuando una cuestión cualquiera, -la de foros hoy, mañana la de arriendos- arroje de sus casas a nuestros campesinos en rebelión; cuando tengan un jefe de quien fien y éste les hable y lleve a donde quiera; cuando, en fin, se atrevan –y mucho tememos que no se atrevan pronto- puede asegurarse que veremos en Galicia cosas indecibles. A nuestras gentes del campo no se las conoce. Nadie sabe lo que bajo su humilde aspecto esconden de resuelto: nadie sabe tampoco de lo que serán capaces en su desesperación. Viven y mueren esclavos de todos; de la ley, del impuesto, de la renta, del capricho de los que pesan sobre ellos: callan y sufren resignados, porque en ellos la resignación es la fuerza por excelencia: mas, ay! de los que encuentren a su paso el día de su cólera! Los niños blancos de Irlanda serán a su lado bien poca cosa. Proudhon lo dijo: el animal más terrible no es ni el león, ni el lobo, sino el cordero rabioso”.
  • Manuel Amor Meilán : “Antr’os pinos”, en “O Tío Marcos d’a Portela” (3 de febreiro). “O arco d’a vella” (17 de febreiro). “A volta d’a romaxe” (24 de marzo). “A noite d’ánemas” (12 de maio). “Nouturnio” (20 de outubro).
  • Manuel Lois Vázquez : “O río Lérez” en “O Tío Marcos d’a Portela” (3 de marzo). “A pena d’o frade” (10 de novembro). “A reina loba” (17, 24 de novembro e 1 e 8 de decembro).
  • Manuel Martínez González : “Vigo 7 Marzo 1889” en “O Tío Marcos d’a Portela” 31 de marzo. “Nostalxia”, (“tradución d’o catalán”), (2 de xuño).
  • “Ma-Nu-Gón”, criptónimo de Manuel Núñez González  : “Celaxes” en “O Tío Marcos d’a Portela”, 6 de xaneiro.“Misturanzas” (20 de outubro).
  • Marcial Valladares : “Quieta xesta-Vaite coxo” (“O Tío Marcos d’a Portela”, 16 de xuño).
  • Máusimo Franqueira: “Un contiño” (1 de decembro).
  • Mefistófeles: colabora en “O Tío Marcos d’a Portela” con “A Quinza” (17 de maio).
  • Munelasoli: colabora con “O Tío Marcos d’a Portela” con “O enterro” (30 de xuño).
  • Pío Parada: en “O Tío Marcos d’a Portela” publica: “Mais vale tarde que nunca” (3 de novembro).
  • Roque Pesqueira Crespo : “Rimas” e “¡Certo!...” en “O Tío Marcos d’a Portela” (27 de xaneiro). “Mira…¡Atende!” (31 de marzo). “Algueiradas políticas” e “Cita” (2 de xuño). “Nube de vran” (28 de xullo). “Namorado” (1 de setembro). “Comenencia” (17 de novembro).
  • Roxelio Lois : “N-o adro”, en “O Tío Marcos d’a Portela”, 6 de xaneiro.
  • X. Fernández d’o Casal: “O altar d’a virxen” (“O Tío Marcos d’a Portela”, 23 de xuño).
  • Xan d’o Outeiro : colabora en“O Tío Marcos d’a Portela” con “Rula e Cuco” (7 de xullo).
  • Xan Neira Cancela: “Penlas e burras”, en “O Tío Marcos d’a Portela” (17 de marzo).
  • Xan Sobreira: “A D. Cesáreo Pinal. Carta sin remposta”, en“O Tío Marcos d’a Portela” (17 de febreiro).
  • Xavier Valcarce Ocampo: Aparece un poema seu no nº 8 do semanario “A Monteira” titulado “A Maldición”. Colabora en “O Tío Marcos d’a Portela”: “Cousas d’a vida” (26 de maio).
  • Xenaro Mariñas : “¡Que condanado inverno” en “O Tío Marcos d’a Portela” (10 de febreiro). “Un conto chistoso” (14 de abril). “A moda” (5 de maio).
  • Xesús Rodríguez López : “Dalle que dalle” en “O Tío Marcos d’a Portela”, 14 de xullo. “O estudeante católeco” (28 de xullo). “A escola d’obreiros” (4 de agosto). “Dous amores” (20 de outubro). “Un bico” (17 de novembro).
  • Xosé Rodríguez Seoane (1839 Pontevedra; 1860 Madrid): Artículos y novelas (A Coruña. Con prólogo do seu irmán Luís Rodríguez Seoane). Nel aparece un soneto seu titulado “Os pais e os fillos” que tamén está no nº 12 do semanario “A Monteira” (21 de decembro).
  • Xulio Alonso Sánchez : colabora en “A Monteira” coa narración “O chufón” (30 de novembro), asinando como J. A.
  • Remata a 2ª etapa de “O Tío Marcos d‘a Portela” (1883-1889).

Relativas a Galicia

  • Ve a luz en Pontevedra a finais de setembro “A tía Catuxa”, “somanario churrusqueiro”, fundado por Rufino Rivera Losada, que foi tamén o director na primeira etapa. En decembro deste ano interrompeu a súa publicación, reaparecendo o primeiro domingo de xaneiro de 1891, estando dirixido por Francisco Portela Pérez. Colaboradores seus foron Ramiro Vieira Durán e José López otero. No nº 2 desta revista (6-10-1889) anúnciase a aparición en Lugo do semanario “A Monteira”: “…vai aparecer en Lugo, si non aparesceu xa, outro periódico esquirto en galego”.
    "A Monteira"

Este periódico é “A Monteira” que se anuncia así “Somanario d‘intreses rexionales e literatura”. “Sairá á lus en Lugo todol-os sábados en oito páxinas, pol-o menos, en foleo, contendo artícolos hestórecos, literarios e d’intrés pr’a Rexión, novelas, poesías, contos, tradiciós e cantares, formando ô fin d’o ano un tomo encuadernabre, d’o que, ó seu tempo darase portada e índice”. Sairán 65 números entre o 5-10-1889 e o 27-12-1890. Redactado enteiramente en galego e dirixido por Amador Montenegro Saavedra, fundador xunto con Manuel Pardo Becerra. Outro redactor foi Anselmo Montenegro Saavedra. No primeiro editorial, a revista explicita o seu compromiso coa lingua: “mal se pode querer unha lingua se non se quer o país en que se fala; como mal se pode espertal-o antuseasmo pol-a nosa nacente literatura se non se esperta o amor a terriña en que vivimos”. Tamén neste primeiro número: “A Monteira, ó vel-a lus púbrica, cumpre con gusto un deber de curtesía dirixindo seu afeutuoso e sinceiro saúdo á tod’a prensa en xeneral, a d’a Rexión en particolar, e moi especialmente ôs apreciabres compañeiros O Tío Marcos d’a Portela d’Ourense e A Tía Catuxa de Pontevedra, que tan valentemente veñen loitando pol-a rexeneración d’a nosa amorosiña lingua”. Tamén no primeiro número Pesqueira Crespo fala da falta de interese pola lingua e engade “¿Non vemos ós catalás cheos de lexitimo orgullo pol-a lingua qu’hoxe inmortalizan Verdaguer, Ors e Soler falalo ante todos sin s’avergonzaren pra nada e facendo uso d’ela hastra os principás literatos, d’os moitos qu’encerra a nobre Cataluña?.

No 1989 a Xunta de Galicia leva a cabo a edición facsímil do semanario, con artigos introdutorios de: Adolfo Abel Vilela: “O Lugo da Monteira”. Carme Hermida Gulías e Antón Santamarina: “A Monteira e a recuperación idiomática de Galicia”. Xosé Manuel González Reboredo: “A cultura tradicional galega nas páxinas de A Monteira”. Xesús Alonso Montero: “A Monteira: De re literaria”. Xosé Ramón Barreiro Fernández: “O perfil ideolóxico da Monteira: O Rexionalismo”.

Segundo Xosé Ramón Barreiro Fernández no artigo “O perfil ideolóxico da Monteira: O Rexionalismo”: “Asumido coherentemente o rexionalismo e a defensa do idioma, entendeu que era unha contradicción facer propaganda do galego en castelán. Foi neste senso a primeira publicación rexionalista integramente escrita en galego, o que lle dá unha importancia simbólica extraordinaria na historia do galeguismo”.

A publicidade estaba tamén en galego:


“Pra que ningun de catarro

N’este inverno en Lugo morra,

Don Xirónimo Mourenza

Fai gorros cuase de gorra,

Tamen fai moi elegantes

De varias formas bonetes,

Tresiás, trecornios, monteiras

Roses, kepis e birretes”.

  • No nº 5 do xornal lugués “A Monteira” do 2 de novembro, acúsase a “O Tío Marcos” de copiar composicións de colaboradores seus sen cita-las fontes: “copeal-as composiciós con qu‘os colaboradores d‘A MONTEIRA honran as nosas columnas sin dicir unha palabra”.
  • No nº 10 (7 de decembro) a Monteira publica un artigo do médico e escritor lucense Xesús Rodríguez López que titula “A billarda” no que fai unha descrición detallada dese xogo e que remata cunha petición: “Pr’acabar, premitome pedirll’ô Sr Alcalde que lle señal’ôs rapaces dous sitios apropóseto, en donde solamente poidan xogar; e d’esta maneira non se fará n-as calles, e non correrían peligro as vidreiras nin os veciños”.
  • Antes, nos números 3 (19 de outubro) e 5 (2 de novembro) no artigo “Orballadas” fai unha crítica de certas crenzas populares: “O orballo de pinchorra d’alacrán e d’as demais alimañas pol’o estilo é pr’os nosos labregos o bafo que deixa o animal por donde pasa. E teñen deprendido que cand’und’eses animales pasa por unha parte calquera d’o noso corpo, deixa n’ela un rastro d’a malicia, qu’atravesa o coiro e se mete n-a carne, hastra facer cail-os ósos”.
  • No número 9 do semanario “A Monteira (30 de novembro) recóllese o seguinte:“Ó estabrecerse o Centro Catalá Agrícola e Industrial de Vich”, mandoulle ó Gobernador a auta d’a sesión esquirta n-o idioma de Cataluña. O Gobernador negouse a admitila, pol-a razon de que non estaba redautada n-a lingua oficial y a Xunta dà Sociedá apelou fundándose: En que non hai lei en España que decrare sexa a lingua de Castela a úneca pra todo o reino. En qu’o Presidente d’o Goberno, ô decrarar aberta y –ô cerrar a festa d’os Xogos frorales en Barcelona, fixô n-a lingua que se falou e se falará sempre en Cataluña. Adeprendede, gallegos”.
  • En Montevideo, e dirixido por Ramón García Vicetto publícase “El Heraldo Gallego”, subtitulado “Diario de la mañana. Todo por España. Todo por Galicia” (Entre o 15 de xaneiro e o 28 de febreiro, chegando a saír 37 números).
  • Edítase en Lugo o xornal “La Idea Moderna” (1919). Dirixido por Romualdo Acevedo e á súa morte por José Vega Blanco.
    Galicia contemporánea.jpg
  • O 5 de xaneiro comeza a publicarse en Bergondo o semanario “Las Riberas del Mendo”.
  • O 25 de outubro sae á rúa “Minerva” subtitulada “Revista escolar compostelana” (25-1-1990).
  • Fúndase en Pontevedra o diario “La Correspondencia Gallega”.
  • Antonio Bastida y Pons: Una ofrenda (O Ferrol).
  • Aureliano José Pereira de la Riva: Otoñales.
  • Juan Bautista Armada y Losada: “De la poesía gallega” (Conferencia; Madrid).
  • Juan de la Coba: Una permuta fatal.
  • Manuel A. Bares Giráldez: Prosa.
  • Manuel Amor Meilán: Amante, esclava y verdugo.
  • Vicente Casanova: Versos (Madrid).
  • Waldo Álvarez Insua: Galicia contemporánea. Páginas de viaje (Imprenta La Propaganda Literaria, propiedade do galego Alejandro Chao. La Habana).

Acontecementos

  • Ramón Cabanillas ingresa no Seminario de San Martiño Pinario, onde residirá ata 1893: “Antre o 89 e o 93 paseéi os craustros de San Martiño Pinario, de onde salín cun revoltixo na cachola, de Historia, Retórica e Matemáticas. De Latín, Grego e Filosofía, nada, nin polo forro; catro vaguedades penduradas dun fío” (Carta de Cabanillas a Carballo Calero do 8 de novembro de 1954).
  • Francisco Suárez Salgado emprega por primeira vez o galego nun acto público, en Buenos Aires, en 1889, nun acto en lembranza de Rosalía de Castro. (Ver 1891).

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Émile Contamine de Latour escribe a Eduardo Pondal (29 de xuño) dende París: “…Ahora pues, deseo ocuparme de la región gallega (enteramente desconocida aquí), de su lengua, su literatura, sus leyes, costumbres, monumentos, historia, ect.; para eso necesito que haga Vd. lo que han hecho los catalanes, es decir, enviarme cuantos documentos pueda y autorizarme a traducir sus obras al francés. Le advierto a Vd. que aquí carecemos de toda clase de datos; no existen en nuestras bibliiotecas ni gramáticas ni diccionarios gallegos, así es que le agradeceré muchísimo cuanto documento me pueda procurar por pequeño que sea…”. (Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen





Morren:


Eça de Queirós: A Correspondência de Fradique Mendes (na “Revista de Portugal” 1889-1890).

Eugénio de Castro funda e dirige a revista Os Insubmissos.


Fialho de Almeida: Os Gatos (crónicas 1889-1894).


I. F. Silveira da Mota : Viagens na Galliza (Lisboa. Publicado en galego por Galaxia no 1994): “… progresiva escaseza de recursos adecuados para motivar e manter o desenvolvemento regular das forzas vitais do país. Aquí o solo é fértil e está ben cultivado, os homes non lle teñen medo ó traballo e sen embargo a agricultura, as fábricas, non producen o suficiente para satisfacer as máis apremiantes necesidades: o alimento, o vestido e a casa” (“Grial” nº 124). Inclúe dous poemas de Follas Novas de Rosalía.

A viaxe desenvólvese entre o 15 de maio de 1886 e remata o 11 de xuño do mesmo ano. Silveira visita as cidades de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Ribadavia e Tui. O treito entre Porto e Vigo levouno a cabo en camiño de ferro, precisamente no ano de inauguración desa liña. O remate da ponte sobre o río Miño, inaugurada o 25 de marzo de 1886 vai permitir unir a liña ferroviaria que chegaba ata Valença coa liña ferroviaria galega. A escolla das cidades visitadas, segue sempre que é posible o treito existente de ferrocarril. Entre Pontevedra e Vilagarcia, desprazouse en dilixencia. A paisaxe do interior da Galiza, no treito entre Santiago e a Coruña parece ser o espello da situación económica que a Galiza atravesa e que Silveira da Mota equipara as "desastrosas condições de Irlanda": “Quasi não se encontram árvores, nem ribeiros, nem logarejos, nem aldeias, e só de longe a longe aparece algum casebre, d’onde saem bandos de creanças, esfarrapadas ou nuas, a pedir esmola". En contraste co interior rural, desolado e ermo o litoral urbano galego e variado e próspero: "Enfim, a pequena distancia da Corunha, surgem variadas culturas, panoramas inesperados, contrastes feiticeiros, metamorfoses súbitas e formosas.”


José Leite de Vasconcelos funda a revista “Revista Lusitana”.


Oliveira Martins: Portugal nos Mares.





Cataluña


Nacen:


Morren:

  • Vicente Wenceslao Querol (1836 Valencia).
  • Francesc Pelagi Briz (Barcelona; ibídem 1839).



Antoni Rubió i Llunch: El Renacimiento clásico en la literatura catalana.

Apel-les Mestres: Balades i Cançons íntimes (poesía).


Carles Bosch de la Trinxeria: L‘hereu Noradell.


Emili Vilanova: Gent de casa (artigos).


Federico Balart: Dolores.


Jacint Verdaguer: Montserrat e Dietari d‘un pelegrí a Terra Santa.


Joan Pons i Massaveu: L‘auca de la Pepa.


Josep Pin i Soler: Niobe.


Rubio y Ors: Lo gayter del Llobregat (Edición políglota con colaboracións de Pérez Ballesteros).


No nº 11 do semanario “A Monteira” (14 de decembro) recóllese unha tradución ao galego da felicitación enviada a Alfredo Brañas por ter feito a tradución ao galego do discurso do presidente da Lliga de Catalunya Ángel Guimerá : "A Xunta direutiva d’a Lliga de Catalunya, en sesión d’hoxe, dia d’a fecha, acordou mandarll’a vosté un espresivo mensaxe de felicitaceón e d’ agradecemento pol-atención que tivo c-os rexionalistas catalás, ô traducir â doce lingua gallega o importantísimo descurso lido n-os xogos frorales, en Xaneiro, pol-o seu presidente D. Anxel Guimerá. Y-ô facelo así esta asoceaceón, non pode menos de ripitirll’o entrañabre afeuto con que mir’á todo-los ilustres patríceos de Galicia, que como vosté, con tanto celo y-autividá defenden a idea rexionalista, considerándoa com’a úneca que fai compatibres os dreitos y-a dinidá d’as antigoas naceós hestórecas d’España, co-a eisisténcea d’esta como estado ou conxunto armóneco de todas elas. Diol-o garde por moitos anos. Barcelona 2 de Decembre de 1889 –O. V. Presidente, Narciso Oller. O Sacretario, Modesto Folgueira Durán.

Flag of Spain

Nacen:

Morren:


Emilia Pardo Bazán: Insolación e Morriña. No nº 5 do semanario “A Monteira” (2 de novembro) dise desta segunda obra: “O nome d’a novela está moi apropeado… tanto pol-o que contén n-o fondo, como por estar esquirta en castelao e impresa en Barcelona. O libro, en efeuto, de ser capaz de sentir, choraría pol-o seu ideoma e pol-a súa pátrea”.


J.M. Pereda: La puchera.

Juan Valera: Cartas americanas. Entre elas aparece este texto datado en 17 de setembro de 1888, no que Juan Valera se dirixe ao escritor colombiano José Rivas Groot: “Diré a usted, para que se entere de esta mi visión alegórica, que en gran parte de España, por un lado en Cataluña y por otro en Galicia, ha entrado la manía a no pocos valerosos y fecundos ingenios de privar de sus frutos al habla de Castilla y de escribir sus mejores obras, en prosa o en verso, en catalán o en gallego. A mí, que soy muy patriota, en literatura como en todo, me aflige esto bastante; pero me consuela que ustedes, desde tan lejos, nos den como rica compensación lo que dentro de la Península nos quitan nuestros compatriotas”.

Palacio Valdés: La hermana San Sulpicio.


Pérez Galdós: Torquemada.






Máis culturas:


Nacen:



Morren:.

  • Philippe-Auguste Villiers de L’Isle Adam (1838 Francia).
  • Robert Browning (Venecia; 1812 Camberwell, Reino Unido).
  • Wilkie Collins (Londres; ibídem 1824).




Gabriele d’Annunzio: Il piacere.

Gerhart Hauptmann: Antes da aurora (teatro).


Giovanni Verga: Mastro don Gesualdo.


Liev Tolstoi: A sonata a Kreutzer.


Maria Antonietta Torriani “Marchesa Colombi”: Il maestro e Umani errori.


Mark Twain: Un ianqui na corte do Rei Arturo.


Paul Bourget: Le disciple.


Robert Louis Stevenson: The master of Ballantrae.


Tamén sucedeu...


'

  • CINE: Nacen os directores: Charles Spencer Chaplin (1977). F. W. Murnau (1931). Carl Theodor Dreyer (1967).
  • Van Gogh internado nun psiquiátrico. Comeza a serie de “Os cipreses”.
  • Toulouse-Lautrec: “A planchadora” e “No Moulin de la Galette”.
  • Gauguin: “O Cristo amarelo”.
  • Código Civil.
  • Socialistas de España asisten ao congreso da II Internacional en París.
  • Créase en Barcelona “Fomento del Trabajo Nacional”.
  • Italia anexa Somalia.
  • Brasil proclámase república.
  • Exposición Universal en París. Remátase a torre Eiffel, que cos seus 300 metros é a edificación máis alta do mundo.