1887

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Antón Alonso Ríos (Silleda; 1980 Buenos Aires).
Antonio Valcárcel López (Ourense; 1963 Madrid).
Arturo Taracido (A Coruña; sobre 1970 na mesma cidade). Político e colaborador de “A Nosa Terra”.
Francisco Potel Pardal (Valga; ibídem 1939).
Xosé Francisco Lesta Meis (Santa María de Oza; ibídem 1930).
Outros
O pintor Roberto González del Blanco (León; 1959 Santiago).
O relixioso, profesor e escritor Francisco Fanego Losada (Santiago de Mondoñedo; ibídem 1974).
Camilo Díaz Baliño, escenógrafo, pintor... (Ferrol; asasinado en Coence, A Coruña no 1936).
O arquitecto Rafael González Villar (A Coruña; 1941).
O político galeguista Elpidio Villaverde Rey (Vilagarcía de Arousa; 1956 Buenos Aires).
O político Antón Alonso Ríos (Silleda; 1980 Buenos Aires).
O político e médico Alejandro Rodríguez Cadarso (Noia; 1933).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Camilo Placer Bouzo (Ourense; 1851 Ourense).
Outros
O pintor Antonio Jaspe Moscoso (A Coruña; ibídem 1856).
O escritor Antonio San Martín (A Coruña; ibídem 1841).
O cantante lírico Carlos Ulloa Varela (Lugo; 1849 Pontevedra).

Publicacións

Galegas

  • Alberto García Ferreiro : Volvoretas (No editorial da revista “O Galiciano” do 16-10, aparece un comentario sobre o libro e tamén no do 13-11). A intervención de Eladio Rodríguez González no parrafeo 202 (6 de novembro) en “O tío Marcos d’a Portela” leva o título de “Volvoretas”, referíndose a esta obra. O 20 de marzo publica en “O tío Marcos d’a Portela” a composición “Peste”; o 27 de marzo “Alí…”; o 10 de abril “Frebe…”; o 17 de abril “Inri”; “Loito” o 22 de maio; ¡Ausilio! (26 de xuño); “¡Asús!” (10 de xullo); “Os reiseñores d’O Eco” (17 de xullo); “O que vin” (24 de xullo); “A Feixóo” (7 de agosto)
  • Albino Simán colabora en “O tío Marcos d’a Portela” co poema “A Miña Terra” (17 de abril); “Recordos” (14 de agosto).
  • Antonio d’a Iglesia: “O convite d’o raposo”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 23 de xaneiro. Antes fora publicado o 23 de outubro de 1886 en “O Galiciano”.
    Augusto g. besada.jpg
  • Benito Losada Astray : Por un retrato (novela en castelán por capítulos na revista “Galicia”). Colabora en “O tío Marcos d’a Portela” (2 de xaneiro) co poema “Relembros de Pontevedra”. O 24 de abril “Layos de nai”. “¡Mundo, mundo! (19 de xuño)
  • Cesáreo López Pinal : colabora con varios poemas en “O tío Marcos d’a Portela”: “Ó Arenteiro” (9 de xaneiro); “¡Era d’agardar!” (27 de marzo); “As nenas d’a miña terra” (26 de xuño); “Entremeses d’acabalo” (17 de xullo).
  • Clara Corral : Colabora con algunha composición en “O tío Marcos d’a Portela”.
  • E. Iglesias Hita: colabora dende Porto Rico en “O tío Marcos d’a Portela” (2 de xaneiro).
  • Edmundo Armada: “Cantares gallegos”, composición en “O tío Marcos d’a Portela” (9 de outubro).
  • Eduardo Núñez Sarmiento : “Xan”, composición en “O tío Marcos d’a Portela” (13 de febreiro). “Viaxando” (6 e 13 de marzo), cunha nota que di “A composición Viaxando que s’escomenza a publicar n-este parrafeo, pertenece a un tomo de versiños que c’o título d’Aturuxos e precedido d’un prólogo de Valentín L. Carvajal, vai á dar a luz o seu laudado autor”. “Sonidos” (3 de abril).“Cantiga” (6 de novembro).“Noya y-os seus esquirtores” (18 de decembro). “Duda e realidá” (25 de decembro).
  • Eladio Rodríguez González : “¡Sigamos!” en “O tío Marcos d’a Portela” (2 de xaneiro). “O puzo d’o lago”, “lenda gallega premeada con pruma de prata n-o certame de Betanzos de 1886” (24 de abril, 1 e 8 de maio). “Os bechos pezoñentos” (15 de maio). “A marcha” , “premiado no Certame literario celebrado en Betanzos este ano, c’o premio d’honor…” (16 de outubro). “Volvoretas” comentario sobre a obra de Alberto García Ferreiro (6 de novembro). “N-a cibdá” (13 de novembro). ¡Demo non digas! (27 de novembro).
  • Emilio Míguez Buxán: colabora en “O tío Marcos d’a Portela”… O día 13 de novembro con “Impresiós d’un viaxe”.
  • Enrique Labarta Posse : colabora en “O tío Marcos d’a Portela”. O 23 e o 30 de xaneiro aparece a longa composición “Revista d’unha corrida de ¿touros? n-a vila de Noya feita por un labrego”. O 6 de febreiro o poema premiado nos “Xogos Frorales de Pontevedra” “¡Probe gaiteiro de Bayo”. “Os caprichos d’a moda” (20 de novembro)
  • Farruco de Campos Sancos: “Un consello”, poema en “O tío Marcos d’a Portela” (10 de xullo).
  • Filomena Dato Muruais obtén tres premios en Ourense polo seu poema "Defensa das mulleres". Colabora en “O tío Marcos d’a Portela” con “Os ollos d’a morta” (21 de agosto).
  • Heliodoro Cid : “A Ourense”, poema en “O tío Marcos d’a Portela” (28 de agosto).
  • Heraclio Pérez Placer : premiada cun accésit en Betanzos a súa novela Prediución (Publicada no 1889 en “O tío Marcos da Portela”). Colabora en “O tío Marcos d’a Portela”: o 20 de febreiro publica o relato ¡Ourensiño, meu Ourense!; o 29 de maio o relato “¡Milagre!" e o poema “As campanas d’a Trinidá”; “Os dous bicos” (19 e 26 de xuño); “O pantasma branco” (3 e 10 de xullo); “San Martiño” (17 de xullo); “Bodas de morte” (24 de xullo); “O cruceiro d’a serra” (7 de agosto); “A Ourense” (21 de agosto); a lenda “A tola d’o mar” (28 de agosto); “Casdemiro” (4 de setembro); a lenda “Frol sin rego” (25 de decembro e 1 de xaneiro).
  • Higinio F. d’a Vega: colabora en “O tío Marcos d’a Portela” (2 de xaneiro).
  • José Agustín González: premiado no certame celebrado en Ourense o 10 de setembro o seu poema “¡¡Probe de un probe!!”
  • Lamas Carvajal : Gallegada (Ourense). En “O tío Marcos d’a Portela” (5 de xuño), pódese ler: “Este libriño en prosa, que tén sabor, olor e color d’a terriña, e que pol-o mesmo deben mercar todol-os gallegos enxebres, véndese ó precio de DUAS PESETAS na redaución d’este periódico, Alba, 15, baixo, Ourense, á onde se poden facer os pedidos acompañados de sellos de franqueo ou libranzas d’o xiro”.
  • M. de Marcos Santos: colabora en “O tío Marcos d’a Portela” co poema “A primavera” (3 de abril); “A Rosalía Castro de Murguía” (17 de abril);
  • Manuel Amor Meilán : Pedro Madruga. Colabora en “O tío Marcos d’a Portela” con varias composicións. O 20 de febreiro publica o relato “O gaiteiro d’o Casal”. O 6, 13 e 20 de marzo “Xuana”, pequena novela “premeada c’un pensamento de prata n-o certame que se celebrou en Pontevedra o 9 d’Agosto d’o 86”. O 27 de marzo “Salmo d’amore”. “O testamento d’un labrego” (29 de maio). “Antón” (6, 13, 20 e 27 de novembro).
  • Manuel Lois Vázquez : colabora en “O tío Marcos d’a Portela” con varias composicións: “As ruinas d’Oseira” (27 de febreiro); “Ó pé d’os pinos” (15 de maio); “O pé d’o mar” (31 de xullo). O 21 de agosto “Vánitas vanitatum et ómnia vánitas”. “Cartas sin remposta. Costumes d’a aldea” (4 de decembro).
  • Manuel Núñez González : colabora en “O tío Marcos d’a Portela”. O 10 de xullo publica o poema “Un viaxe pol-a provincia d’Ourense”.
  • Manuel Yañez e González: colabora en “O tío Marcos d’a Portela”.
  • Marcial Valladares Núñez : Novo apéndice ó Cantigueiro popular. No parrafeo 205 de “O tío Marcos d’a Portela” (27 de novembro), comeza a publicar “Refrás, proverbios e decires gallegos, recollidos pol-o autor que firma e non contidos n-a Gramateca d’o señor Saco e Arce”.
  • Maximino Fernández: colabora en “O tío Marcos d’a Portela”: “A miña querida María” (14 de agosto).
  • O Tío Calotes: colabora en “O tío Marcos d’a Portela”.
  • P. de Benquerencia colabora en “O tío Marcos d’a Portela” coa composición “A noite d’as meigas” (10 de abril).
  • Pío Lino Cuíñas Pereira : “Ó cae-la tarde” en “O tío Marcos d’a Portela”, 5 de xuño. (“Premeada con accésit n-o Certáme Literario d’o Liceo de Vigo”).
  • Pío Parada: colabora en “O tío Marcos d’a Portela”: “Sentimento: realidá: emigración” (24 e 28 de agosto; 4 de setembro e 2 de outubro).
  • Ramón Armada Teixeiro “Chumín de Céltigos”: “Sitio d’a Cruña en 1589” (“O tío Marcos d’a Portela”, 26 de xuño).
  • Ricardo Santos Rodríguez: “As nenas de Celanova”, composición en “O tío Marcos d’a Portela” (20 de febreiro).
  • Roque Pesqueira Crespo : Colabora en “O tío Marcos d’a Portela” con varios poemas. O 6 de febreiro aparece o seu relato “A orella d’o demo”. O 8 de maio ao pé do poema “Soedades” inclúese a nota “D’o libro Borranchos poétecos, en porparacion”. O 12 de xuño o relato “¡Ourense!”. “Martiño” (19 de xuño). “¡Hay que tempos!... Apuntes pra unha novela” (26 de xuño e 3 de xullo). “Armando a gayola” (3 de xullo). “¡Lembrémol-os mortos! (31 de xullo). “Variedás” (14 de agosto). O 4 de setembro “con motivo d’a ereución d’a sua estáuta en Ourense” publica o poema “A Feixóo”. “O balado” (4 de setembro). “Á laudada poetisa gallega Filomena Dato Muruais” (2 de outubro). A lenda “O fillo de Xoan Manoel” (23 e 30 de outubro). “Ós emigrantes” (11 de decembro). ¡Groria!... (18 de decembro).

Relativas a Galicia

  • En Santiago aparece o xornal “El Pensamiento Galaico”.
  • Aparece en Pontevedra o 1 de agosto “El Diario de Pontevedra”.
  • En xaneiro, e dirixida por Andrés Martínez Salazar aparece na Coruña “Galicia”, subtitulada primeiro “Revista regional” e máis tarde “Revista regional de ciencias, letras, artes, folk-lore etc.”. Ten dúas épocas: 1ª xaneiro 1887-maio 1889 e 2ª xullo 1892-xuño 1893). Nas súas páxinas aparece publicado en catalán e en galego un poema de JoaquIm Rubió y Ors.
    Andrés Martínez Salazar
  • Créase en Betanzos a revista monolingüe en galego “A Fuliada”, subtitulada “Cencerrada semanal. Pr’os xueves d’o ano todo”. No nº 8 Eduardo Pondal publica o poema “A fada dos montes”. O 2 de xaneiro aparece o xornal compostelán “El pensamiento galaico”, co subtítulo de “Diario católico-tradicionalista”, sendo dirixido por M. Jamardo.
  • Desaparece a revista “Galicia Católica” (Santiago 1883).
  • Roxelio Lois Estévez volve sacar á rúa o periódico “O Galiciano” (1884) en Pontevedra.
  • Aparece “La Opinión liberal”, que se publica dous días por semana.
  • Emilia Pardo Bazán publica na revista “Les Matinées Espagnoles” o artigo: “Poètes Galiciens. Le Barde Eduardo Pondal”. Con data de 6 de Nadal de 1887 recóllese en “O Tío Marcos d’a Portela” (18 de decembro) unha carta súa dirixida a “Sr. D. Adolfo Bayo, presidente d’a Liga agraria: Meu señor e sempre amigo: Qrebo meu propóseto de non empregar a pruma senon en traballos literarios, e diríxome á vostede, presidente d’a Liga agraria, pra m’adhrir á ela, e ofrecerlle miña simpatía e axuda…”. Peregrina a Roma e recolle as súas impresións no libro Mi romería.
  • Publícase Breve compendio de los varones ilustres de Galicia nativos y próximos originarios, esclarecidos en virtudes, literatura y dignidades eclesiásticas, con algunas cortas relaciones de sucesos particulares. Todo recopilado de varios autores por don José Pardiñas Villalobos, Soto y Romero de Caamaño, natural del mismo reino, que principió á trabajar en el año de 1772 hasta el presente de 1782 esta obra, entre otras curiosas pertenecientes á dicho reino. Biblioteca Gallega, Andrés Martínez, Editor, Imp. de José Míguez Peinó y Hermano, La Coruña.
  • José María Alonso Trelles y Jarén: Juan el loco. (teatro).
  • Juan Bautista Armada y Losada: La Vizcondesa de Armas (Madrid).
  • Maneu Castro López: Los jesuítas al desnudo (A Coruña; prólogo de Amor Meilán).
  • Patricio Montojo y Pasarón: León Aldao (Madrid).
  • Víctor Said Armesto: Amor y celos.
  • Victorino Novo y García: Romancero de Galicia (Prólogo de Benito Vicetto. A Coruña).

Acontecementos

  • En “O tío Marcos d’a Portela” (3 de abril) recóllese o seguinte: “Respondendo a Sociedá Económica d’Amigos d’o País de Santiago ás excitaciós patrióticas d’os gallegos emigrantes n-as Amérecas, encamiñadas á erguer n-a vila de Padron un moimento á memoria imperecedeira de Rosalía de Castro, esprandecente sol d’o ceo d’a nosa literatura gallega, fai un requirimento amistoso á todol-os fillos de Galicia, pra que á medio de suscrición secunden tan xenerosos propósetos”. No mesmo número aparece co encabezamento de Aires d’a Miña Terra o seguinte: “Co-este títolo, que tén sona en Galicia por campar n-os versos d’o ispirado poeta Curros Enríquez, fundouse n-Habana unha socidá de música e canto, qu’entre outros encargos merecentes de laudes, acordou elixir presidente honorario ó autor d’a relembrada lenda A Virxen d’o Cristal. Co gallo d’este lembramento, Curros Enríquez pubricou n-a revista d’a Cruña, Galicia, unha composición d’a que reproduzo estes ardentes e gráficos versos, xentil mostra d’a galanía d’o inxenio d’o noso laudado poeta:

“E mentres, a xusticia chama á porta

d’o labrador; non o topando dentro,

pega n-o pote, n-a arca e mais n-o carro,

e levao todo, e véndeo todo a eito!”

  • Curros nomeado redactor xefe en “El País”, xornal no que publicou as traducións de poetas portugueses baixo o título de “La lira lusitana”.
  • O periódico de Bergondo “Las mariñas” organiza un certame literario, presidido por Segundo Moreno Barcia.
  • Manuel Murguía pronuncia nos Xogos Florais de Barcelona o seu discurso sobre “Los orígenes y desarrollo del Regionalismo en Galicia”.
  • Manuel Lago González desempeña a cátedra de Grego e Hebreu no Seminario de Tui.
  • No Certame de Gaitas de Ourense, o primeiro premio é de 80 pesetas. Na súa base 4ª dise que “os gaiteiros que aspiren ó premio deberán presentarse c’o enxebre traxe d’o país, calzón, chaqueta e monteira”. Asimesmo na base 6ª ameazaba con que “non serán ademitidas ô certame as gaitas con chaves”.
    Estatua Padre Feijóo en Ourense
  • O 8 de setembro ten lugar en Ourense a inauguración dunha estatua ao Padre Feixoo, sendo Manuel Pereiro Rey o presidente da Comisión do Centenario. O 4 de setembro en “O tío Marcos d’a Portela” Roque Pesqueira Crespo, “con motivo d’a ereución d’a sua estáuta en Ourense” publica o poema “A Feixóo”:

Perdoa xénio xigante,

lumbreira d’o entendimento,

si cabe n-o meu intento

rindirche ademiracion.

Y-elixo pra tal ouxeto

versos d’a colleita miña,

qu’anque proba cativiña

e proba d’o corazon.

(…)

“Tempo era, afellas sí,

ilustre benedictino,

de que dispose o distino

erguer un recordo mais,

unha estáuta pra qu’o pobo

vexa qu’o xénio esprandece;

estáuta que non merece

nadie coma ti, cicais”.

  • En “O tío Marcos d’a Portela” (Parrafeo 196 do 4 de setembro) aparece o seguinte: “Adevertencia. Dend’ videiro parrafeo, pra que as conezan os meus compañeiros de monteira, escomenzarei a pubricar as composiciós gallegas premiadas n-o Certame literario celebrado n-a vila d’Ourense pra solenizar a inauguracion d’a estautua d’o P. Feixóo”.
  • Reúnese en Lugo a 20 “Asamblea Federal Gallega”, e fan público o seu “Proyecto de Constitución para el Estado Galaico”. Nela participa Leiras Pulpeiro que a partir de aquí formará parte do “Consejo Ejecutivo de la Región Gallega” até 1893.
  • Na conferencia “Espíritu de la raza vasca” (Bilbao 3 de xaneiro), declara Unamuno: “Si por dialecto entendéis lengua nacida de otra, ni el gallego, ni el bable, ni el catalán, ni el vascuence son dialectos del castellano. Vivía larga vida el vascuence, entonaba endechas el gallego, animaba los puertos levantinos el vigoroso lemosín cuando todavía el castellano balbuceaba en los poemas del Cid y el de Alexandre”.“ Es hermoso, grandilocuente y sonoro el idioma castellano, idioma que lo mismo requiebra que alienta a la pelea, pero es suavísimo el bable; vigoroso, el catalán; el andaluz, muelle y gracioso; vivo, nuestro euskara, y melancólico y dulce, el gallego”. Alexandre Rodríguez Guerra: Miguel de Unamuno e a lingua galega tresCtres, 2002

Premios

Premiada en Betanzos a novela de Manuel Amor Meilán Os fillos da praia.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen





Morren:


Cesário Verde (1855-1886): O Livro de Cesário Verde.

Eça de Queirós: A Relíquia.


Gonçalves Crespo (1846-1883): Obras completas.


Ramalho Ortigão: John Bull.





Cataluña


Nacen:

Morren:



Àngel Guimerà: Poesies (prólogo de Josep Yxart).

Antoni Rubió i Llunch: La expedición y dominación de los catalanes en Oriente juzgados por los griegos.


Carles Bosch de la Trinxeria: Records d‘un excursionista.


Emili Vilanova: Monòlegs i quadros (artigos) e Pobrets i alegrets (artigos).


Frederic Soler: Batalla de reines (Premio da Real Academia Española).


Jacint Verdaguer: Excursions i viatges.


Joan Pons i Massaveu: La colla del carrer.


Josep Pin i Soler: La familia dels Garrigas.


Martí Genís i Aguilar: Passavents.


Pompeu Gener: Herejías.

Flag of Spain

Nacen:



Morren:



Alejandro Sawa: Declaración de un vencido.

Benito Pérez Galdós: Fortunata y Jacinta.


Emilia Pardo Bazán: La madre naturaleza e La revolución y la novela en Rusia.


José Ortega Munilla: Idilio lúgubre.





Máis culturas:


Nacen:


Morren:.



Manuel Gutiérrez Nájera: Ala y abismo (poesía).

"A Study in Scarlet" in Beeton’s Christmas Annual (1887)



Arthur Conan Doyle: Un estudo en escarlata. Hai unha tradución ao galego de Bieito Iglesias e Manuel Vázquez para a Biblioteca Galega de Clásicos Universais.


August Strinberg: O pai (teatro).


James George Frazer: Totemism.


Zola: L’assommoir.




Tamén sucedeu...

  • Nacen:

- O pintor español Juan Gris (Madrid; 1927).

- O pintor Chagall (Rusia; 1985).

  • Van Gogh: “Retrato do tío Tanguy”; comeza a serie de “Os xirasois”.
  • Verdi: “Otelo”.
  • Poboación de España: 17,5 millóns.
  • Tratado de colaboración entre Italia e España.
  • Fúndase a Lliga de Catalunya (23 de setembro).
  • Nova Lei de Asociacións.
  • Fúndase a “Liga Agraria de Trigueros Castellanos”.
  • O 24 de marzo, o médico alemán Robert Koch expón en Berlín o descobremento do bacilo da tuberculose.
  • Guillermo II emperador de Alemaña.
  • Emile Berliner: primeiro gramófono.
  • Iniciase a construción da canle de Kiel.
  • Daimler fabrica un automóvil de catro rodas.