1876

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Eduardo Lence-Santar y Guitián (Mondoñedo; ibídem 1960).
Francisco Porto Rey (Vilagarcía; 1928).
Francisco Sánchez García (Teixeiro, Curtis; 1939 Santiago).
Manuel García Barros “Ken Keirades”: (Berres, A Estrada; 1972 Callobre).
Ramón Cabanillas Enríquez (Fefiñáns, Cambados; 1959 Cambados).“Nacín o 3 de San Xuan do 1876. ás tres da tarde, chovendo a Dios dar ágoas, nunha casiña vella, con un vello patín de pedra, da viliña feudal de Fefiñáns…” (Carta de Cabanillas a Carballo Calero con data de 8 de novembro de 1954).
Samuel Eiján Lorenzo (San Clodio, Leiro; 1945 Santiago).
Saturnino Piñeiro Groba “Pedro Borreiro” (Cristiñade, Ponteareas; 1965 Vigo).
Outros
O historiador Atanasio López Fernández (Boñar, León; 1944 Compostela).
O escritor Eloy Luis André (Mourazos, Verín; 1935 Madrid).
O músico Ricardo Fortes Alvarellos (Ourense; 1959 La Habana).
O arquitecto Antonio Palacios Ramilo (Porriño; 1945 Madrid):

-Teatro García Barbón.

-Templo Votivo do Mar, en Panxón.

-Templo da Vera Cruz do Carballiño...

Skull.png
Pasamentos
Literatura
Xoán Manuel Pintos (Vigo; 1811Pontevedra).
Outros
Adriano, fillo de Rosalía e Murguía (1875).
Suicídase o erudito Teodosio Vesteiro Torres (Madrid; 1847 Vigo):“Chora, coitada nai sin consolo, tí que lle deches un lar amigo, pomba que dormes, veira d‘o mar, ti con mais coitas, con mais xusticia d-iste lucente sol de Galicia a triste perda debes chorar” (Lamas Carvajal).

Publicacións

Galegas

  • Aparece O tío Marcos d‘a Portela (1876-1880; 1883-1889; 1917-1919: Comeza a primeira etapa do primeiro periódico publicado integramente en galego e como obra colectiva de varias persoas: “O tío Marcos d’a Portela”: publicáronse 124 parrafeos ata 1880, saíndo o primeiro o 7 de febreiro, baixo a inspiración de Valentín Lamas Carvajal, aínda que Lamas non o rexistraría entendendo que se trataba dunha folla e non dun periódico, ata que en agosto foi acusado de defraudar a Facenda. (Ver O vello do Pico Sagro 1860). A segunda etapa vai de 1883 a 1889, tamén baixo a influencia de Lamas Carvajal. Na terceira etapa (febreiro de 1917 a xullo de 1919), xorde como portavoz en Ourense das Irmandades da Fala , baixo a dirección de Xavier Prado Lameiro. O tío Marcos presentábase deste xeito: “Sai a luz tódolos domingos en oito páxinas en folio, contendo artículos de costumes, poesías, efemérides, cantares e contos do país galego”.
    Ourense, 06-05c rúa Lepanto

Na súa cabeceira di: “Os mandamentos do Marcos fóra da eirexa son seis: facer a todos xusticia, non casarse con ninguén, falar o galego enxebre, cumprir co que manda a lei, loitar polo noso adianto con entusiasmo e con fe, vestir calzós e monteira peromnia secula amén”.“Teñen os pobos a galano seu lenguaxe falar; fálase chino na China, portugués en Portugal, catalán en Cataluña, e na Alemaña, alemán, soilo os gallegos d’agora hastra vergonza lles da falar a melosa e dolce fala que falan seus pais”. O periódico tivo seccións fixas: “Os meus compañeiros de monteira”, “Parrafeos da aldea”, “Ecos do Pobo”, “Cousas do día”, “Casos e cousas”, “Cousas d’aldea”…

No primeiro parrafeo (7 de febreiro) di: “…Por hoxe quedaredes satisfeitos con saber as miñas intenciós, qu’abofellas son craras com’a auga e cal o sol locentes. Cobizo que non haxa un curruncho n’a nosa pátrea, onde non s’oiya o noso brando e melosiño lenguaxe (…). Cobizo que haxa mais unión entre vosoutros (…). Cobizo que haxa mais amor ó traballo, e menos nugallás que queren vivir a conta d’outros (…). Cobizo, en fin, que todos traballemos xuntos e con ánsia pol-o noso ben; que precuremos espertar d’iste sono que nos vay matando pouquiño á pouco”.

Entre os colaboradores de Lamas, estarían Arturo Vázquez Núñez (só sairon dúas composicións coa súa sinatura); Modesto Fernández González “Camilo de Cela”, Luís Cid e seu irmán Silverio Lamas, que se declarou responsable no xuízo por inxurias ao alcalde do Carballiño no 1884. Moitas das colaboracións de “O tío Marcos”, sobre todo nos primeiros tempos e nas que foron presentadas como cartas dirixidas a el, ían asinadas con nomes que veñen ser heterónimos de Lamas e ás veces doutros compañeiros: Xan de Pitelos, do Palleiro…; Farruco das Viñas, de Campañó, de Reboredo…; Berto das Madureiras, Antonio de Agrolazas, Chirlo de Santa Uxea…




  • Lamas Carvajal : Ramiño segundo. “O nacemento d’o Padre Feixóo” (En “O tío Marcos d’a Portela”, 7 de outubro).


  • En “ El Heraldo Gallego ” publícase “La aldea de Casdemiro. Album literario dedicado a la inmortal memoria del ilustre crítico Padre Feijóo ”. En xaneiro aparece publicado o poema de Rosalía “Amigos vellos” co título de “No tempro”.
  • O 7 de outubro, recóllese en “O tío Marcos d’a Portela” o seguinte: “Oito d’outubre de mil oitocentos setenta e seis. Segundo centeario d’o nacemento do P. Feixóo. Cantos pobos son relembrados pol-os seus adiantos na cencia, pol-as suas manifestaciós en proveito e rexeneración da humanida, tiveron á groria de ver un fillo nacido no seu chao; un xenio, un gran sabio que lles dará relembranza. Todas as naciós teñen un xenio qu’as glorifica, Galicia a rexion privilexiada, o niño de encantamentos e feitizo, á pomba que foi arrolada pol-as augas do Miño, non poidera ser menos qu’as nacios mais grandes d’a terra, e tamen tivo o seu xenio, iste xenio, é o sabio felósefo, o relembrado Maestro Feixóo”.

Relativas a Galicia

  • Curros escribe en “El Imparcial”: “La leal, la noble, la abrumada Galicia, que acaba de contribuir con 14.000 hombres a esta guerra, tres meses después de este sacrificio tendrá que recibir en su hospitalario seno a muchos de sus hijos para recoger sus últimos suspiros y darles cariñosa y tranquila sepultura. ¡Pobre Galicia!”.
  • Jesús Muruais Rodríguez: Semblanzas galicianas. No 1884, na Coruña, aparecerá a segunda edición aumentada, á que se refire Murguía en carta a Eduardo Pondal (5 de outubro de 1882): “Estoy esperando un librito del Sr. Muruais (las antiguas semblanzas corregidas y aumentadas) que, según me dicen, se están imprimiendo en la Coruña, y en ellas creo que no me tratarán muy bien. El hueso del plagio aquel lo tiene todavía en la garganta y duele. Veremos lo que dice, aunque espero que no se arriesgue mucho”. Efectivamente aparece retratado Murguía, que non estaba na 1ª edición: “Ya que la Naturaleza hízole principio de hombre, El la incita en su pereza, que en desdoro de su nombre, nada acaba y todo empieza”. (Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991).
  • O 2 de outubro aparece o semanario “Revista compostelana” (24-11-1877).
    Vesteiro
  • En “O tío Marcos d’a Portela”, inclúese un libriño de vinte páxinas titulado Coroa de morte ó inspirado escritor e doce poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres.
  • A pesar de que deixara por escrito a súa negativa a ser obxecto dunha coroa fúnebre, Curros e Victoriano Novo envían cartas a escritores como Rosalía, Zorrilla, Ruiz Aguilera... pregándolles a participación. Pedro Antonio de Alarcón resposta, á carta privada cunha pública en “La Ilustración Española y Americana” do 8 de xullo, chea de xuízos pexorativos para Vesteiro polo seu acto “cobarde”, negándose a participar e recomendando que non se publique a coroa poética en homenaxe ao desaparecido; “No hagamos cien años después de Goethe y de Rousseau, la sacrílega apoteosis del suicidio. El poeta Vesteiro ha cometido un anacronismo, suicidándose en 1876”. A coroa poética tivo que agardar ata o ano seguinte dende “El Heraldo Gallego” que dirixía Lamas Carvajal.
  • O 2 de outubro de 2017, escribe Méndez Ferrín en “El Faro de Vigo”: “Creo que Teodosio Vesteiro Torres lle debe dar nome a unha vía pública importante da súa cidade natal. O Vigo oficial sin embargo, sempre lle tasou os honores debidos a este insigne escritor. Hai quen pensa que o feito de se el suicidar, condenado publicamente na época polo elemento católico, foi o factor determinante de tan incomprensíbel frialdade”.
  • En Pontevedra, publícase “El Urco”, colección dos escritos en verso e prosa feitos co motico do entroido.
  • Eduardo Álvarez Pertierra: Baladas.
  • Emilia Calé y Torres de Quintero: Horas de inspiración (Lugo).
  • Juan Neira Cancela: Ecos del campamento.
  • Luís Otero Pimentel: Memoria sobre los voluntarios de la isla de Cuba: consideraciones relativas a su pasado, su presente y su porvenir (Habana. La Propaganda Literaria).
  • Rogelio Jove Bravo: Los foros de Galicia y Asturias (Oviedo).
  • Xan da Coba: Grandes consejos (Ourense).

Acontecementos

  • O fallo do “Certamen literario en conmemoración del nacimiento del sabio Padre Feijoo” convocado a finais do 1875 en “El Heraldo Gallego”, ten lugar o 8 de outubro. No concurso no que se concederían catro premios literarios, concédense só dous. O “pensamiento de oro y plata” á poesía “A Galicia en el segundo centenario del Padre Feijoo”, de Valentín Lamas Carvajal; a “rosa de oro” concedeuse por unanimidade á “Oda a Feijoo”, de Emilia Pardo Bazán. Tamén por unanimidade declarouse deserto o premio á mellor biografía. O gran problema suscitouse ao conceder o premio ao estudo crítico sobre a obra de Feixóo. Por falta de acordo do xurado tomouse a decisión de que fose o Claustro da Universidade de Oviedo o que tivese que elixir entre os traballos de Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal, resultando gañadora a primeira por sete votos contra seis.
    Emilia Pardo Bazán, óvalo
  • O ourensán Modesto Fernández y González, funcionario público en Madrid, escribe unha carta a Valentín Lamas Carvajal que este inserta no xornal “El Heraldo Gallego” (28 de outubro) no que ofrece un premio de dous mil reais ao poeta que retrate con máis exactitude e colorido local os costumes, tradicións e tipos de Galicia (Certame poético de Ourense 24/02). O feito é recollido en “O tío Marcos d’a Portela (12 de novembro): “Zicais comprendendo canto vos digo, o entusiasta e bo fillo d’o noso povo, Don Modesto Fernández e González, dando un exempro saudabre, e amostrando o seu amor pátreo sempre grande, despréndese d’a suma de dous mil reás, pra Conseguir o mor adianto d’a nosa lengua, e anuncia un Certamen literario que terá lugar o 24 de Febreiro baixo estas condiciós: 1º Adxudicaráse un premio de dous mil reás en diñeiro ó poeta que nà fala gallega retrate con mais semellanza e coorido local tres ou mais d’as siguentes tradiciós, costumes e tipos de Galicia. Costumes.1º A vendima n’o Riveiro. 2º Unha boda n’aldea. 3º A noite boa.Tradiciós.1º Fundación d’o mosteiro de Conxo. 2º A virxen d’o Cristal en Vilanova de Infantes (Ourense). 3º Xan d’Arzua (Allariz).Tipos 1º O gaiteiro. 2º O brasileiro ou o indiano. 3º A sabea ou a que vota as cartas.
  • Co gallo da homenaxe ao Padre Feixóo celebrouse en Ourense un certame de gaitas o 8 de outubro no que participaron trece gaiteiros, os premios, por unanimidade do xurado foron: 1º, Xan Míguez de Ventosela (200 reás). 2º, Primo Rodríguez, de Ribadavia (100 reás). 3º, Xan Amil, de Beade (60 reás). 4º, Mingos Rodríguez de Seixalvo (40 reás).

O poeta Valentín Lamas Carvajal é o autor dun poema no que aparecen dous destes gaiteiros:


“Xa estou vendo a dous gaiteiros

dispoñerse pró certame:

infrade ben eses foles,

dándelle ó punteiro, dándelle,

Xan Míguez, de Ventosela,

e Xan Amil, de Beade,

dous Xans que tocando a gaita,

tanto pesan, tanto valen”.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Desaparece en Madrid a sociedade “Galicia Literaria” (1875). O seu principal animador Vesteiro Torres, suicidarase o 12 de xuño nunha sala do Museo del Prado, despois de destruír os seus traballos de xuventude. Deixou dúas cartas de despedida unha a Manuel Curros Enríquez e outra a Valentín Lamas Carvajal. Na carta a Lamas escribía: “Pienso morirme muy pronto y no quiero emprender la partida sin dar antes mi adios a mis hermanos de Galicia y en representación de todos a usted”. “Tengo la conciencia de mi pobreza literaria y me lastima el elogio”, sentenciaba para que non lle realizaran unha coroa fúnebre.

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen



Morren:



Arnaldo Gama (1828-1869): El-Rei Dinheiro.

Carolina Michaëlis de Vasconcelos: Studien Zur Romanischen Wort-Schoepfung.


João de Deus: Cartilha maternal.


Machado de Assis (Brasil): Helena.


Ramalho Ortigão: As Praias de Portugal.




Cataluña


Nacen:

Morren:


Apel-les Mestres: Clavé .

Jacint Verdaguer remata en La Habana o proxecto épico L‘Atlàntida.


Martí Genís i Aguilar: Sota un tarot.

Flag of Spain

Nacen:


Morren:



Emilia Pardo Bazán: Jaime.


Giner de los Ríos: Los católicos viejos y el espíritu contemporáneo. Funda en Madrid a Institución Libre de Enseñanza.


Menéndez Pelayo enfróntase cos Krausistas.


Pereda: Bocetos al temple.


Pérez Galdós: Doña Perfecta.




Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • George Sand (Aurore Dupin) (Nohant, Indre; 1804 París).


Jules Verne: Miguel Strogoff (Traducido ao galego por Ánxela Gracián para Baía Edicións no 2012).

Mark Twain: As aventuras de Tom Sawyer.


Tamén sucedeu...

  • Nacen:

- Manuel de Falla y Matheu (Cádiz; 1946 Alta Gracia, Argentina).

- O compositor Pau Casals (El Vendrell; 1973).